miércoles, 21 de mayo de 2008

2ª ASAMBLEA de PEÑAS DORNEIRAS



O sabado 17 de Maio tivo lujar no Conservatorio Municipal (antija casa da cultura) a IIª asamblea de peñas dorneiras na que os alí presentes foron informados de todas as novidades da R. e I. Cofradía da Dorna.

Os principias e mais importantes puntos da orde do dia foron a elección dos debuxos que van servir como cartel e como deseño da sudadeira dorneira para esta LX sinjladura da Festa da Dorna. Os dous deseños escollidos son do prolífico e dorneirisimo artista local Xavi Seco que xa nos deleitou cos seus deseños nos carteis dos anos 2004, 2005 e 2006 entre outros así como tamen nas sudadeiras de outros moitos anos.

Outra das novidades da asamblea foi a presentacion do censo de peñas dorneiras que polo de pronto solo esta dispoñible en formato Pba (papel, bolijrafo e archivador) pero esperemos que antes da Festa esté dispoñible tamén no blog.

Para os sosios da Cofradia e todos aqueles que ainda están a punto de poder convertirse en colaboradores que sepades que dende a directiva e a propia asociación estamos facendo un esforzo para poder premiarvos cun agasallo especial pola vosa contribución anual a facer cada ano que esta asociación vaia a mais e tamén que a Festa da Dorna sexa unha das mellores do mundo mundial e de aljo mais alá (non confundir con alá o de mahoma o dos collóns de joma, a ver si se nos vai a inmolar aljen no blog). Este regaliño poderase recoller na entrada do Jran Juateque Dorneiro o Venres 18 de Xullo, e para todas aquelas persoas que non poidan asistir ó juateque tamén habilitaremos un anaco de Chirinjito Dorneiro durante os Xogos Populares Version Terra o sabado 18 no Coroso Arena.

Un saudo dorneiro.... que xa queda menos..... AVANTE SARDIÑEIRO!!!!!


miércoles, 14 de mayo de 2008

1ª ASAMBLEA DE PEÑAS 2008

O sabado 12 de Abril tivo lujar a primeira reunion de peñas do ano 2008 da que xa sairon uns cantos puntos. Primeiro a incorporasión á Festa da Dorna de un par de novas peñas “Lonqueirons con Collons” do Bar Travesia e “As javotas van jopas” da Cerveceria Morrison. Decidiuse por maioría que a cor da sudadera deste ano será azul celeste.
Outro punto importante foi a creasión de un censo dorneiro para ter os datos de contacto de todas as peñas e asi faser mais fasil a localizacion e as relasions con todos os patrons cando sexa necesario, asi que xa sabedes, se sodes parte da cabesa pensante de aljunha peña ide mandado os vosos datos (nome da peña, cor de camiseta, cor de pañoleta, nome da fanequeira, o voso nome e teléfono de contacto) a sociosdorna@hotmail.com ou a dorneiro@hotmail.com

miércoles, 7 de mayo de 2008

Faite socio da R. e I. Cofradía da Dorna

A R. e I. Cofradía da Dorna ademais orjanisar a festa da dorna leva a cabo durante o ano outro tipo de actividades e como asosiasion cultural precisa de sosios (e ahí donde entrades vos...) por solo 10 miserables euros ó ano podes axudar a que a festa medre dia a dia, así que xa sabedes non sexades roñicas e idevos fasendo sosios.

Podedes coller as papeletas para apuntarvos en “Door” (o das chucherias, nos soportais da praza do concello) e nos bares “A Caverna” e “Triskel”. Si vos vai mais o rollo sibernetico podedes enviarnos un mail co voso: nome e apellidos, DNI e voso numero de conta os 20 digitos, tamen é interesante o nome da peña da sodes membros. Poñede no asunto: Facerme Socio. ¨Podedelo enviar os mails: penhasdorna@hotmail.com ou a dorneiro@gmail.com

AVISO: Os que xa sodes sosios que sepades que a finais do mes de Maio vaise proceder ó cobro da cota anual nas vosas contas, asi que mirade de non telas en numeros vermellos, que sodes moi listos….