viernes, 27 de junio de 2008

300 novas fotos dorneiras na rede

O arquivo fotografico sigue a crecer, nestes últimos días colgaronse preto de 300 novas fotos entre as diversas galerías clasificadas por anos. Nestas fotos podese ver como era o antigo coroso estadium as carrilanas e barcos de aqueles tempos cunhas dimensións francamente grandes, ainda que o mais destacable e o gran traballo que se adicaba á decoración das fanequeiras, sendo esta unha das probas mais traballadas no seu tempo que ultimamente está decaendo, NON SE PODE CONSERTIR!!! Peñas hai q mollarse e recuperar a calidade desta actividade.

Nestas fotos o principal e ver que a Festa da Dorna daquela era grande e sigue crecendo ao grito:

AVANTE SARDIÑEIRO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

lunes, 23 de junio de 2008

3ª Asamblea de peñas dorneiras

O sabado 14 de Xuño tivo lugar no Conservatorio municipal a 3ª asamblea de peñas dorneiras alí tratouse principalmente o tema da organización dos diversos xogos da Festa da Dorna . As peñas xa organizadoras en anos anteriores e que estaban presentes confirmaron que siguen organizando os seus xogos, as penhas non presentes teñen q vir á proxima asamblea, o sabado 28 de Xuño no mesmo sitio (Conservatorio/ ex-Casa da cultura) as 20:32 exactamente, si queren seguir colaborando si non outras peñas poderán coller eses os xogos. Si queredes propoñer novos xogos a asamblea e voso sitio, xa hai uns cuantos.

Como xogo impotante que precisa colaboración esta as Carrilanas, así que si vos interesa festa colaborade e apuntadevos como peña á organización das carrilanas que fai falta xente. En canto a este tema expuxeronse unhas medidas de control para mellorar a seguridade, tratase de puntos de control con "Walky talkis" xa entendedes, para parar a proba momentaneamente cando algún/algunha energumen@ se meta na calzada hasta que se aparte do transito tal ser. Así q colaborade coa organización e quedadevos nas aceras q para eso están!!!!

Outro tema foi a Cansión de Tasca a cal vai seguir igual, só se debateu de q facer coa final a cal parece estar perdendo adeptos, propuxeronse varias opcións pero quedou pendente da opinion da peña organizadora os xa míticos Tabeirons Carallud@s, así quedou emplazada a solución para a próxima asamblea (esta semana).

E por ultimo tratouse o controvertido tema da auga e tras un bo rato falando do tema acordouse que a auga non está permitida e que dende a Cofradía, ratificado pola Asamblea de peñas, animase a todolos peñeiros a non pedi-la e os nosos veciños que non a boten pois non está permitido polo concello e pode ser motivo de multa.
Estades avisados!!!

Tamen se falou de incidentes pasados, e como todos queremos que esta festa non sexa un fonte de conflictos as peñas que causen problemas, destrozos, peleas e demais catastrofes corren o riesgo de ser expulsadas da festa e de todolas suas actividades.
Así q portadevos ben que todos queremos disfrutar a festa!!!

jueves, 19 de junio de 2008

Sudadeiras Dorneiras 2008

Dende hoxe Xoves 19 de Xuño tedes á venta en Podium Sport (C/ Nueve de Agosto 34) as sudadeiras dorneiras en tallas dende a XXL ata 2-3 anos. Polo módico precio de 13 euros podedes colaborar coa festa e vestir de dorneiro.

Non o pensedes máis e comprade a Sudadeira Dorneira!!!!

miércoles, 11 de junio de 2008

A Carreira do Corgo


Este ano a Cofradía da dorna participa na organización da Carreira do Corgo. O evento terá lugar o domingo 6 de Xullo en Corrubedo. Podedes ver o video promocional no apartado de videos dorneiros e na páxina oficial da R. e I. Cofradía da Dorna xunto a mais información sobre a carreira.

Así que xa sabedes o domingo á mañanciña todos apoiando e participando na carreira do Corgo.

viernes, 6 de junio de 2008

Foro Dorneiro

Dende hoxe está dispoñible o forodorneiro. Donde todos podemos expresar as nosas opinions publicamente e debatir sobre as diversas actividades da festa, propoñer novas ideas e entre todas tratar de mellorar a nosa festa, xa que a Festa da Dorna está feita por todos nós e a nosa labor mantela e mellorala en todo o posible.
Tedes o enlace na marxe dereita.

Nota de Interese:
Por favor respetade os temas dos foros e non fagades mal uso deles. Cousas como enlaces a descargas ilegais, pornografía, comentarios racistas están totalmente prohibidas. Será eliminado calquer cometario que non cumpla coas especificacións do foro.

Primeiras Galerías de Fotos Dorneiras

Despois dunha longa espera, por fin, están colgadas na rede as fotos históricas da Festa da Dorna dende os seus inicios, alá polo ano 1948. Na marxe dereita deste blog tedes un enlace ás galerías. Estas fotos podense descargar sin ningún problema e nos próximos días iranse colgando máis. Seguro que aparecedes nalgunha.

Nota de interese:
Si alguén que aparece nas fotos non quere que estén colgadas so ten que enviar un email a: noticias_dorneiras@hotmail.com indicando o motivo, a galería na que se atopa a foto e o nome da mesma. Tamén podedes enviar as vosas fotos organizadas por anos en archivos comprimidos.


Todalas fotos foron doadas por diversos dorneiros interesados en colaborar con esta iniciativa e transmitir un reflexo do que foi a festa, do que é, e o que queda...

miércoles, 4 de junio de 2008

Próxima Asamblea de Peñas Dorneiras

O próximo Sabado 14 de Xuño ás 20:29:43 no Conservatorio Municipal (antes Casa da Cultura) terá lugar a terceira asamblea de peñas de cara á LX singladura da Festa da Dorna. Nesta asamblea presentarase a sudadeira oficial para este ano. A parte de seguir concretando os pormenores referidos á festa. Tomarase nota das peñas con representación como ben sendo habitual.

Rock and Dorna

Xa están confirmados os Grupos que actuaran na Festa da Dorna 2008. O Mercorés 23 tras o Exame de patróns teremos o grupo da Pobra do Caramiñal Desalojo. O día da Dorna como ven sendo habitual teremos dous concertos: primeiro actuará Ulträquän que conta con integrantes dos Papaqueixos os cales xa pasaron pola Festa hai anos. Logo actuarán os xa coñecidos Jabon Blue, que ten como integrantes a varios dos desaparecidos Heredeiros da Crus, ademáis acaban de sacar un novo disco. Estos dous últimos grupos presentanse ó coñecido concurso da radio galega aPoloGhit donde podedes escoitar as súas cancións.

Xa queda menos. AVANTE SARDIÑEIRO!!!!