martes, 29 de julio de 2008

NO, no nos podrán parar...

Cantaban os Celtas Cortos.

No pleno de onte quedamos para a "reválida" de setembro. Vese que a lección sobre o "parto natural" interesaba mais ó pleno que sacar adiante a orde do día.

A directiva da R. e I. Cofradía da Dorna acudeu casi ó completo ó pleno, haberá que voltar en setembro. Levamos 60 anos esperando ver o día da Dorna coma festivo local, e iso non o vamos a perder.

POSTDATA: Identificámonos á entrada a dous axentes da policía local, no salón había outro, e pese a chegar en silencio, tomar asiento, e atender educadamente ás leccións sobre parto natural que algunhas concellalas afanábanse en impartirnos, levantaron ó xefe da policia da cama e fixéronno ir para alí, acompañado dun "nacional" (en total 5 axentes de policia). Por quén nos toman? O "asunto" dorneiro foi a pleno en varias veces -por uns motivos ou outros- e coido que o comportamento dos membros da cofradía sempre foi correcto: era necesario o "despliegue"?

lunes, 28 de julio de 2008

Festa da dorna en pleno.

Hoxe ás 22:00 h. debatirase no pleno municipal a conveniencia ou non de declarar o día da dorna (24 de xullo) festivo local.

Prácenos convidar a tod@s os dorneiros e cidadáns de Riveira a que acudan ó salón de actos da Casa do Concello para oi-las argumentacións dos nosos políticos a favor ou en contra desta iniciativa que dende fai décadas vimos reclamando dende a Cofradía da Dorna e á que cada vez mais súmanse outras institucións e cidadáns en particular.

Queremos citar coma exemplo de apoio (e sobre todo visión de futuro, tal vez por eso sexa a primeira empresa de Ribeira e unha das primeras de Galicia) a Frigoríficos del Noroeste, S.A. (FRINSA) que acordou cos traballadores pecha-la factoría o día da Dorna. NORABOA pola iniciativa, esperamos que sexan moitos mais os que vos sigan.

jueves, 24 de julio de 2008

Primeiros video dorneiros 2008

Xa están na rede, e xa podedes ver como vai esta LV Sinjladura dorneira:

- A fanequeira móvil de Atuna Nejra:


- As Caracolas en Sirolas e o seu Alicótero para o Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor:


- Os de Muxo Beti e as súas selebrasións dos campións da Eurocopa que fixeron para a Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Prupulsión a Pan de Millo:


- O desfile da Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Prupulsión a Pan de Millo:




E tamén tedes unha boa colessión de fotodorneiras desta sinjladura no noso álbum:
http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras/Dorna2008

miércoles, 16 de julio de 2008

O Pojrama

Dende onte xa está na rúa o magnifico e esperadisimo Pojrama da Festa da Dorna e tanto dende aquí coma dende a páxina oficial da R. e I. Cofradía da Dorna en formato PDF. Nas fanequeiras e establecementos colaboradores teredes un cartel publicitario coas actividades diarias e veredes un distintivo como establecemento colaborador coa Dorna 2008, LX singladura que se di pronto pero leva unha chea de anos chegar.

Camisetas Reivindicativas do Festivo Local

Polo módico precio de 5 euros podedes adquirir a vosa camiseta reivindicativa do 24 de Xullo Festivo Local. Estas camisetas están á venta en Podium Sport xunto coas sudadeiras dorneiras, son dunha pulcrisima e impoluta cor branca con debuxo á espalda estilo calendario do día festivo e diante a festa sitiada sin festivo.

Xa se empezan a ver polas ruas da centenaria!!!!!!

miércoles, 9 de julio de 2008

Fotos da Carreira do Corgo



Entre as galerías de fotos Dorneiras xa tedes as fotos da carreira do Corgo da que como e ben sabido a R. e I. Cofradía da Dorna foi organizadora xunto co Concello e a asociación Pau da Luz.
Así que xa podedes botar unha ollada e así animadesvos para a próxima.

Mecheros Dorneiros


Desde fai uns días circulan por riveira os Mecheros Dorneiros conmemorativos da LX Singladura da Festa da Dorna. Están valorados en 1 euro e podedesllos pedir ó Presidente ou a calquera membro da directiva actual da R. e I. Cofradía da Dorna.

Recordade que este proximo sabado 12 de Xullo do 2008 terá lugar no Auditorio Municipal (antes Casa da cultura) ou nas escaleiras do mesmo a 4ª Asamblea de peñas dorneiras.