jueves, 20 de noviembre de 2008

A Dorna 2003 en fotos


Dende hoxe tedes colgada nas fotos dorneiras a galería adicada á Festa da Dorna do ano 2003, LV Singladura. Alí podedes atopar os mellores momentos da festa, capturados en fotografías que nos cederon varios dorneiros.

Si tedes algunha foto e queres colaborar con esta iniciativa, podes enviarnola a noticias_dorneiras@hotmail.com, por favor, clasificada polo ano. Ademáis como nestas fotos sae moita xente, si alguén se considera ofendido por aparecer nunha foto dorneira non ten máis que solicitar a súa retirada alegando un motivo, para iso debes enviar un email indicando a foto (galería e número) ó mesmo enderezo de email.

martes, 18 de noviembre de 2008

Asamblea Ordinaria

O pasado Sabado 8 de Novembro do 2008 tivo lugar a Asamblea ordinaria da R. e .I Cofradía da Dorna.
O primeiro tema da orde do día foi a presentación dos presupostos do ano 2008 os cales foron aprobados. O segundo tema da orde do dia foi a presentación dos presupostos e das actividades a levar a cabo no ano 2009.
Presentáronse as seguintes actividades:
  • Adquisición dunha nova vela para a embarcación: "Virxe do Carme".
  • Amaño da vela da embarcación: "Jalerna".
  • Posta en marcha no ano 2009 da Escola de Vela da R. e .I Cofradía da Dorna con clases os sabados pola tarde impartidas polos patróns da Cofradía.
  • Remodelacion e amaño do local que unha veciña lle cede gratuitamente a Cofradía.
  • Posta en marcha do "Plan de Asalto a Muros" co gallo da celebración en Xullo do 2009 dos 9º encontros de embarcacions tradicionais que se van a celebrar nesta cidade.
  • Organización da LXI Singladura da Festa da Dorna.

domingo, 16 de noviembre de 2008

Fotos e Video da Andaina de Corrubedo

Pois para tod@s aqueles que partisiparon na andaina de Corrubedo (case 50 persoas)pertencente ó programa Ponte a Andar, aquí queda este video:

Tamén accesible dende Youtube no enderezo: http://es.youtube.com/watch?v=o_p5o4THpc4

E as fotos están na galería da Cofradía da Dorna: http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras

E para tod@s aqueles que non participaron na andaina e se vos puxeron os dentes largos, xa sabedes a vindeira será o 14 de decembro con saida do porto de Palmeira.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Loteria Dorneira


Xa anda circulando por ribeira a "Loteria Dorneira", se queres colaborar coa festa, pensas que este ano vai a tocar ou calquer razon que se che ocurra... pois xa sabes busca algún dos membros da directiva actual e merca a tua participación.

A loteria é igual que os anos anteriores unha participación son 2,50€ e xogas 1€ a cada número e os 0,50€ son o donativo para a Festa da Dorna.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Ponte a Andar - 2ª Andaina

O vindeiro domingo 16 de novembro, ás 10 da mañá do porto de Corrubedo terá lugar a segunda das andainas programadas dentro do ciclo Ponte a Andar.

A ruta nesta ocasión é un pouco mais curta que a anterior, e serán uns 8 km., pero que se verán compensados porque o recorrido ten un trazado mais abrupto pese a discorrer por terreo chan prácticamente dende o principio ata o final.

Sairemos do porto de Corrubedo e marcheremos pola praia do Prado costeando hacia a zona dos coidos, de alí ó faro, e logo pola ruta do GR-52 ata a aldea de Teira para voltar a entrar en Corrubedo pola rúa das Delicias. En total, e dependendo do ritmo dos participantes non deberíamos sobrepasar moito das dúas horas os mais rezagados.

Coma na vez anterior non fai falla inscripción, pero sí puntualidade. O punto de encontro exacto será diante da casa do mar de Corrubedo, no porto.

Recoméndase traer calzado e roupa cómoda, e no caso de que chovera un chuvasqueiro ou paraugas. Tamén é aconsellable que os nenos esta vez non veñan pois nalgúns tramos pode resultarlle complicado sobrepasalos.

A Cofradía disporá de catro monitores que coidarán pola seguridade dos participantes, así coma de que ninguén se extravie á vez que disfrute do percorrido.

E por último, outra recomendación: ¡non vos esquezades da cámara de fotos! o sitio paga a pena.