sábado, 27 de diciembre de 2008

O periodico dorneiro.

Xa está na rúa, pero por si non tiveches oportunidade de conseguir un exemplar en papel, aquí tes a edisión electrónica.

Tendes tódalas edisión publicadas dende o 2003 na web ofisial da Cofradía da Dorna: www.cofradidadadorna.com ou tamén www.festadadorna.com no apartado de "outras actividades"

Producto dorneiro ó 100%.

NOTA: Xa que chejaches ata aquí non te esquesas de votar para que a Festa da Dorna sexa unha das sete mellores festas de España: www.7mejores.es

lunes, 22 de diciembre de 2008

As 7 mellores festas de España


Dende a web www.7mejores.es estase a celebrar unha votación virtual para decidir cales son as 7 mellores festas de España.

Como non podía faltar a nosa Festa da Dorna está metida por ahí en:
http://www.7mejores.es/component/option,com_7mejores/id,476/task,nomination_view/

Así que, xa sabes dorneiro, achégate por esa web e deixa o teu voto para unha das sete mellores festas de España.

jueves, 11 de diciembre de 2008

PONTE A ANDAR - Peche do ciclo 2008

O vindeiro domingo 14 tera lugar a derradeira das andainas programas do ciclo PONTE A ANDAR 2008
organizado entre a Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.

Esta vez tomaremos a saida dende o porto de Palmeira ó pé da estatua do emigrante, e logo de facer un "quecemento" polas ruas de Palmeira, enfilaremos pola Corna, rumbo a praia da Illa e logo a Cabio. Ida e
volta polo mesmo camiño. Perfectamente asumible para os  novatos, cun percorrido casi todo plano.

A distancia está na liña das anteriores, uns 11 km., e calculámoslle unhas 2 horas de marcha.

Coma de costumbre prégase puntualidade na saida, e no suposto de que o día esté desapacible que saibades que alí estarán os monitores da Cofradía á hora indicada. A priori, nin se suspende, nin se aplaza.
Para que ninguén teña dúbidas de si haberá alí xente ou non para tomar a saida.

Lémbrase que non fan falla inscripcións, nin abonar cuota algunha; simplemente levar roupa cómoda (e de abrigo de se-lo caso), e calzado apropiado para este tipo de actividade. A organización disporá de auga e algunha vianda ó remate da andaina para repoñer forzas.