domingo, 22 de marzo de 2009

III Carreira do Corgo

Xa podedes ver na web da Cofradía da Dorna, toda a información sobre a terceira edición da Carreira do Corgo.

E aquí vos deixamos o video que montamos con algunhas das imaxes que tomamos na carreira do ano pasado, esperamos que vos guste.

domingo, 15 de marzo de 2009

Derradeira andaina do trimestre

Como se pode ver nas imaxes, esta foi a máis concurrida das andainas do programa PONTE A ANDAR, con mais de 70 participantes de tódalas idades.

Tomamo-la saida de Teira, cun día que acompañaba a camiñar con tempo seco e temperatura mais que agradable.

O primeiro lugar emblemático da zona que visitamos foi o Monte Facho, atravesando o pinar e disfrutando do bosque de piñeiros que rodea ó monte.

De alí baixamos ata a aldea de Espiñeirido que lle da nome á praia que dorme ós seus pés. O grupo de andaríns foi todo o tempo unido, sen fragmentarse, creando un moi bo ambiente e aproveitando para charlar co compañeiro e coñecernos todos un pouco mellor.

Non podíamos pasar por alí sen deixar a nosa pegada nas areas da praia, e como o día acompañaba, e a marea baixa tentaba, casi era un pecado pasar por alí e non orillear o areal.



Como se pode ver na seguinte foto, o paseo pola praia foi unha ledicia e todo un luxo para atoparno no mes de marzo con temperaturas e clima atípico desta época.


Dende a praia enfilamo-los sendeiros que circunda un dos derradeiros tramos de costa virxe de Ribeira (amenazado nos últimos tempos polo Plan Acuícola). A Laxe Brava, ca sua constante rompente das olas, e a punta do Corgo dándolle nome a todo o paraxe fixeron as delicias dos afeccionados á fotografía e ó sendeirismo.


Un descansiño pouco antes do tramo final, para beber un pouco e repoñer forzas.


Chegada a Teira, dentro do horario previsto e cubrindo os 10 km. cun bó ritmo, e mellores sensacións.


Con esta poñemos punto e aparte á programación do ciclo Ponte a Andar deste trimestre. O que non significa que rematáramos, pois ainda nos queda outra para o mes de maio da que xa iremos dando conta.

E xa sabes dónde podes atopar tódalas fotos: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/PonteAAndar#
Posted by Picasa