viernes, 24 de abril de 2009

Ponte a Andar: ILLA DE ONS


O ciclo de andainas PONTE A ANDAR que comenzamos a levar a cabo último trimestre do 2008 e o primeiro do 2009, ponlle a guinda cunha andaina moi especial: ILLA DE ONS.

Tedes mais información na web oficial da Cofradía da Dorna: www.cofradiadadorna.com

domingo, 19 de abril de 2009

Éxito da III Carreira do Corgo

Con casi 160 participantes que foron quen de rematar o duro recorrido do que dan conta as imaxes que xa podedes ver na nosa galería.

Os corredores resaltaron un ano mais a beleza da paisaxe, e a dureza da carreira, acompañada do bo facer da organización a cal non sería posible sin a axuda duns comprometidos dorneiros, da xente que organiza a Carreira da Guía (ollo, que a cita é o vindeiro día 17 de maio), as xentes do C.R. de Artes, os "curmáns" de Altofalante (que non fai falla pedirlles unha mán, sempre botan as dúas), o Concello de Ribeira e ós veciños de Teira que nos acollen cada ano cos brazos abertos, e este ano agasalláronnos poñéndose toda a mañán diante dos fogóns para ter listos o churrasco, as sardiñas (obsequio de Conxelados Coyomar), e as empanadas das que demos conta ó remata-la carreira ó son da gaita e da pandereta.

Moita satisfación entre os participantes cos agasallos de roupa deportiva (cortesía de Nautica A Poutada), e a noite de aloxamento gratuito para dúas persoas (na Casa de Turismo Rural A Teixoeira), que se sortearon ó rematar de entregar os trofeos os concelleiros (Vidal Tomé, Pereira, e Gago) que xunto co alcalde (Torres Colomer) e o parlamentario (Ruiz Rivas) repartiron entre os gañadores das distintas categorías.

Para os mais curiosos e afeccioados aquí quedan os resultados e clasificacións por categorías desta exitosa edición da Carreira do Corgo.

jueves, 16 de abril de 2009

Un ano de Noticias Dorneiras

Este pasado Martes 14 de Abril, cumpliuse un ano de que comenzamos con esta iniciativa para tervos informados de todo o que rodea á Festa da Dorna e das actividades que promove a Cofradía da Dorna dunha forma mais dinámica. Pouco despois apareceron as galerias de fotos e o foro, que non tivo éxito mais segue aberto por si alguén se anima. Proximamente saira a galeria do 2004 para celebrar o aniversario.

En todos estos meses sempre houbo algo que contar e agora chega a recta final de cara á festa, así que estade atentos!!!!.

lunes, 13 de abril de 2009

Participa na Carreira do Corgo

Estamos nos últimos días para anotarse e participar na 3ª Carreira do Corgo que organizamos dende a Cofradía da Dorna, e que está integrada no Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira, xunto con outras tres carreiras máis e suculentos premios en metálico e obsequios só por rematar as catro carreiras (sí, rematar, non fai falla acabar entre os primeiros postos).

O circuito inaugúrase ca Carreira do Corgo, unha das máis bonitas das catro e incluso das mellores de Galicia. E da súa dureza xa falan os demais.
Vémonos o domingo ás 11.00 h. da mañán na saida en Teira; e logo ás 13.00 h. repondremos forzas cas empanadas, sardiñas, churrascada, cervexa e viño, ó son dos gaiteiros.
Máis información e inscripcións na carreira en: www.cofradiadadorna.com