martes, 14 de julio de 2009

Caderno de Bitácora da LXI Sinjladura


O esperado Caderno de Bitácora, xa está en imprenta... e mañá a ver si está na calle. Pero dende agora xa o podedes ler dende aquí.

Que o disfrutedes!!!!

martes, 7 de julio de 2009

RockandDorna 2009

Na 4ª Asamblea de peñas dorneiras anunciaronse os grupos que van a participar na LXI Singladura da Festa da Dorna. Aquí tedes o cartel de concertos:

Esta singladura conta coa participación de 15 formacións de moi diversos estilos musicais, desde a R. e I. Cofradía da Dorna querese agradecer a todolos grupos a súa colaboración e espérase que entre tanta variedade tódolos dorneiros queden satisfeitos. Os grupos que poderemos disfrutar este ano son:

Mércores 22, día dos grupos locais, no parque García Bayón estarán Los Krasta, La Mugre, Pirifláuticos, Areavasta, Os Tutos, Politoxicómanos, Tombstone Band, Oito Ferrados e Ribeira Enferma;

Xoves 23, día do exame de patróns, teremos no Malecón a Chotokoeu e a Recambios Tucho;

Venres 24, gran día da Dorna, tamén no Malecón tocarán La Vaga Banda, Konsumo Respeto, Eskakeo, Familia Iskariote.


A Dorna xá está aquí, a ver si hai peito!!!!

miércoles, 1 de julio de 2009

4ª Asamblea de Peñas Dorneiras

Este sabado 4 de Xullo de 2009 terá lugar a derradeira asamblea de peñas dorneiras de cara a organización da LXI Singladura da Festa da Dorna, todas as peñas que queiran colaborar, organizar algún xogo ou algún grupo local interesado en participar no concerto do dia 22 teñen que asistir a esta asamblea para poñelo en coñecimento da R. e I. Cofradia da Dorna.

Non faltedes!!!!!!!!!!!!

Na 3ª Asamblea de peñas dorneiras quedaron repartidos os turnos de colaboración na organización mais asignados os xogos a cada peña.