martes, 29 de junio de 2010

Entrevistas aos diseñadores dorneiros

Os nosos diseñadores dorneiros de este 2010, gañadores do concurso A Jata ruin de la Praia de diseño de sudadeiras, Andrés Pérez membro das Parrochas Papudas, e concurso Salvador Daquí de diseño de carteis, Xavi Seco membro dos Tabeirons Caralludos, foron entrevistados pola edición barbanza do prestixioso periódico La Voz de Galicia, que non singular e mágnifico La vos de Jalisia, todo se andará.

Estes dorneiros defenden o espiritu da festa en cada resposta, enlaza as súas entrevistas dende os seus nomes.

Xa non queda nada. Avante Sardiñeiro!!!!!

lunes, 21 de junio de 2010

Conclusións da 3ª Asamblea de peñas

Este sabado 19 de xuño de 2010 no conservatorio municipal (anteriormente coñecido como Casa da Cultura) tivo lugar a terceira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna, cunha participación de 41 persoas en representación de 18 peñas dorneiras, trataronse varios temas, sendo o central a organización dos diversos xogos dorneiros, quedando a maior parte dos xogos cubertos entre as peñas que repiten na organización e as que tiveron representación na asamblea. Propuxeronse 7 novos xogos aos que todos nos querremos apuntar. 4 deles organizaos o Comando Dorneiro, outros dous Cajaboi Island e Os Tabeirons Caralludos, que están de 20 aniversario este ano. O número de peñas non deixa de crecer tendo xa 9 candidatos, que terán que pasar o Exame de Patróns.
Dende ese mesmo día abríuse un  prazo para grupos de música interesados en participar no ROCKANDORNA, a cofradía encargase do equipo de son, apuntadevos xa en: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com. O prazo remata na seguinte asamblea.

Tamén recoudosuse aos asistentes que esta semana pasanse as cuotas dos socios da R.e I Cofradía da Dorna correspondentes a 2010, e que se apuntasen no censo de peñas dorneiras, cousa que tamen podedes facer no email.

A seguinte e derradeira asamblea de peñas será o Sabado 3 de Xullo. Nela tratarase a colaboración das peñas na organización da festa e asignaranse os xogos que queden libres. Si che gusta a Festa da Dorna  e estás disposto a colaborar, non dudes en vir.


As peñas participantes nesta asamblea foron:
-Mexillóns con Toxina no  se come coxina.
-Estou que escacho.
-Carallos de Rei.
-Arría o Jallo.
-Ratos da Illa.
-Kirie Eleison.
-Lenjuados Envriajados.
-Mexillons + cabróns.
-Comando Dorneiro
-Tabeiróns Caralludos.
-Muxo Beti.
-Cajaboi Island.
-Persebes Epiléticos.
-As Javotas van Jopas.
-Sija la Raia.
-Vikinjos da Tomasa.
-Caracolas en Xirolas.
-As Navallas de Palmeira van de putas a Ribeira.


A 24 días de poñer a pañoleta. Avante Sardiñeiro!!!!!!!

miércoles, 16 de junio de 2010

3ª Asamblea de Peñas Dorneiras

O vindeiro Sabado 19 de xuño de 2010, ás 20:13 terá lugar, no conservatorio municipal (anteriormente coñecido como Casa da Cultura), a terceira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna.

Nesta asamblea trataranse varios temas entre os que destaca a organización dos multiples xogos e actividades da Festa da Dorna, como sempre se di a festa e feita por nós e para nós, así que non deixes de vir á asamblea e animade á túa peña a organizar algunha actividade, tamén se admiten actividades novas sempre e cando teñan cabida nos días da festa.

A menos dun mes do inicio da  Festa da Dorna 2010 e a falta da derradeira asamblea, pretendese ter unha idea do programa de actividades para esta singladura.

Si ainda non es socio da R. e I. Cofradía da Dorna espabila pois o luns 21 pasaranse as cuotas correspondentes a este 2010. Este sabado ainda se recollen panfletos de actualizacións e novos socios.

Tamén se están a preparar os videos dorneiros si estas interesado en participar ponte en contacto coa cofradía (real-e-ilustre@cofradiadadorna.com), goza da fama e os privilexios de ser un actor dorneiro, riete ti de jólibu.

Censo de peñas, si non estades apuntados é o voso día. Necesitase: nome da peña, fanequeira, cor de camiseta e pañoleta, datos patron/a.

A partir de este fin de semana membros da R. e I. Cofradía da Dorna visitaran distintos establecimentos comerciais para ofrecer a posbilidade colaborar coa Festa da Dorna 2010, si estás interesado en que pasemos polo teu negocio recórdanolo no email (real-e-ilustre@cofradiadadorna.com).
Non te quedes fóra apoia á Festa da Dorna!!!

Unha chea de cousas, así que xa sabedes este sabado que non falte ninguén. Tomarase lista!!!