jueves, 29 de julio de 2010

Baile da Dorna 2010

Continuando coa tradición coa que se iniciou a Festa da Dorna alá polo 24 de Xullo de 1948, este sabado 31 de Xullo de 2010 terá lugar o Baile de Gala da Dorna. O baile celebrarase este ano no Liceo Marítimo de Ribeira dende as 23:45. A entrada será gratuita pero é obligatorio vestir de gala para poder entrar.
O Baile será amenizado polo dúo Yesterdey e alí procederase á entrega da Flor Natural a todos os dorneiros e tamén a entrega da Poutada de Ouro, máximo distintivo da R. e I. Cofradía da Dorna.

Estades todos invitados!!!

miércoles, 28 de julio de 2010

Rifa dorneira 094. A pola cea!!!

A rifa dorneira de unha cea para dúas persoas no restaurante O Carreiro sito en Aguiño xa ten resultado, o gañador ou gañadora será a persoa que presente a rifa co número 094. Tres derradeiras cifras do sorteo da Lotería Nacional do día 24 de Xullo, Día da Dorna.

Si és o portador deste boleto ponte en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com ou no telefono: 617535761. Tamén podes vir ao Baile de Gala que alí estaremos todos, caduca nun mes así que non demoredes que xa van 4 días.

A todos os participantes moitas gracias por colaborar coa Festa da Dorna puxestedes o voso gran para que esta festa siga endiante!!!!

domingo, 18 de julio de 2010

Como vai a Festa

A LXII Singladura da Festa da Dorna iniciouse o Venres 22 ás 12:07 da mañá co percorrido do Facho dorneiro polas rúas de Ribeira, aquí unha foto dos corredores.

Despois de xantar a Festa continuou por todas as Fanequeiras do Municipio de Ribeira co Enjalanamento de Fanequeiras na que o xurado tivo que ir de parroquias ademáis de percorrer cada recuncho da cidade.

Ás 21:07 iniciouse a mostra de Danzas do mundo a cargo da escola O Tomasón na que todos os dorneiros viron unha demostración do que tíñan que facer esa noite no Juateke.

Dende as 23:32 co himno dorneiro como bandeira de saida iniciouse o Juateke donde montes e moreas de dorneiros procederon a colaborar coa festa vindo a mover o esquelete ata que o corpo ajuantou.

Xa no día de onte, sabado 17 de Xullo, ás 16:04 aproximadamente iniciaronse os xogos de terra donde todos os dorneiros, competiron nos concursos mais singulares.

Pola noite a canción de tasca donde se batiron records de participación en numero de peñas, ás 6 campeonas  dos recorridos cantaron na final, celebrada como é costume no atrio da Igrexa de Ribeira, e de donde saiu o unico gañador. Cando todo esto rematou apareceu a charanga o Santiaguiño e fomonos todos bailando con eles polas rúas.

Hoxe dende as 17:07 teremos a Concentración de Carrilanas o Jran prix pola costa da mamoa , o rock in muxo e o macro karaoke....

Avante sardiñeiro!!!!!!!!!!

jueves, 15 de julio de 2010

Caderno de Bitácora 2010

Non foi sin tempo pero xa está aquí, e na calle mañán (cun pouco de sorte).


A ver si vos dades por enterados das cousiñas que este ano imos selebrar, e de paso larjades unhas risas e charadas.

miércoles, 14 de julio de 2010

Rockandorna

Xa chega a Festa da Dorna e como todos os anos hai rockandorna, por fin temos todos os grupos confirmados, non é sin tempo!!!


O Xoves 22 de Xullo contaremos coas actuacións de:  Kolapz, Talón de Aquiles, Siberets, Piruflauticos, Krasta, Generazion Perdida, 8 Ferrados+TresU+Mordaz.

O Vernres 23 todos diremos, que ACDC non vai o Xacobeo, é a min que. Na Festa da Dorna
 O sabado 24 pola ruta do grelo chegan á LXII Sinjladura da Festa da Dorna:
nos contaran historias da súa infancia a ritmo de rockanroll.
A continuación a marea dorneira vivirá un maremoto coa chegada de











co seu surf-rock nós farán vibrar e non deixaran a ninguen indiferente.

Referencias videograficas:
Los Coronas-secret agent man
Los Coronas-Maremoto
Los Coronas-Rumbaleros
Los riffraff
kastomä-infancia




O vintecatro de xullo
Chejou a chea a ribeira
Enchendo ruas e prazas
Sube a marea dorneira

Bota o risón compañeiro ....

viernes, 9 de julio de 2010

A Cofradía da Dorna na RTVG

O pasado domingo 4 de Xullo de 2010, ás 21:30, no programa Vivir aquí da RTVG emitiuse unha reportaxe sobre a organización de festas en galicia, e para organizados nós. Fixeron entrevistas a distintos membros da R. e I. Cofradía da Dorna sobre como se estaba a cocer a LXII Singladura da Festa da Dorna.

Aquí tedes o video do programa: Vivir aquí-4/7/2010.

miércoles, 7 de julio de 2010

Escola de Remo, unha realidade

Dende o pasado día 2 de xullo e tal e como nos propuxemos fai uns meses, Ribeira conta cunha escola de remo na que poden participar nenos e adultos.
Esta organizada conxuntamente pola Cofradía da Dorna, o Concello de Ribeira, o Clube de Remo Pobra, e o Clube Náutico de Ribeira.
Xa participan dela máis de 20 rapaces (22 a día de hoxe) e non se descartan futuras incorporacións que poñan en valor a escola e este deporte.
Esta disciplina deportiva veu a incorporarse logo dun amplo esforzo por parte de tódalas partes, e énchenos de satisfacción a todos ve-la boa acolleita que tivo entre os Ribeirenses.

Vendo o interés dos participantes -entrenan 3 días á semana (luns, mércores e venres); dúas horas cada día (de 11:00 a 13:00 h.)- trataráselle de dar continuidade ó proxecto, sempre que ese interese non decaia.
De momento ahí quedan estas imaxes que dan fé do bo discurrir destas primeiras paladas que está a dar a Escola de Remo.
Dende a Cofradía da Dorna querémos darlle ánimos ós que xa están participando dela, e animar ós que desexan anotarse (Auditorio Municipal - Oficiña de Deportes, de 9.00 h - 14.00 h.)

martes, 6 de julio de 2010

Derradeira asamblea de peñas.

O pasado sabado 3 de Xullo de 2010, no conservatorio municipal (ex-casa da cultura) tivo lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna, a participación foi mellor da esperada, tendo en conta o partido de futbol, 44 dorneiros en representación de 18 peñas.
Nesta reunión cubrironse os organizadores dos xogos que quedaran por cubrir na anterior asamblea, e recibiuse colaboración de varias peñas nas actividades que organiza a R. e I. Cofradía da Dorna durante a propia festa, ainda así se precisa mais colaboración na propia festa.
Hai xogos que precisan de inscripción previa para poder levalos acabo, para inscribirse á Canción de Tasca hai follas en Pepe de Noia, tamén alí podedesvos apuntar ao Enjalanamento de Fanequeiras ademáis de na Caseira.
Para incribirvos ao Facho dorneiro, que se vexa o deportista que levas dentro, poñedevos en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e non demoredes demasiado. Que xa se nos ven todo enriba!!!!.

Xa nun tono mais serio, comentouse que como cada ano pretendese unha dorna sin incidentes nin problemas, así que, por favor, respeto polos organizadores das diversas actividades e tratemos de evitar problemas na festa que eso perxudicanos a todos. Dende a R. e I. Cofradía da Dorna condenaranse todos os actos vandálicos acontecidos durante a festa e os causantes deixarán de ser considerados dorneiros a todos os efectos.

As peñas representadas na asamblea foron:

-Arría o Jallo.
-Estou que escacho.
-Carallos de Rei.
-Ratos da Illa.
-Mexillóns con toxina non se come coxina.
-As Javotas máis Jopas.
-Pateiros Palangreiros.
-Llapras do Stop.
-Persebes epiléticos.
-Os Percebes fan os deberes.
-O Rapante do Mercante.
-Tallantes con tirantes.
-Sentolos e duascentas  tolas.
-Vikinjos da Tomasa.
-Cajaboi Island.
-Derape mental.
-Cabuxos
-A peña dos pescadillas vamos de botellón ao mesón capilla.


A 10 días de poñer a pañoleta sintese a chegada da marea dorneira. Avante Sardiñeiro!!!!!!!!!!!

jueves, 1 de julio de 2010

Sudadeiras, asamblea, remo...

O próximo sabado 3 de Xulio de 2010, ás 20:07 horas no Conservatorio Municipal (edificio anteriormente coñecido como Casa da Cultura), terá lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna. Nesta asamblea pretendense pechar o rockandorna os xogos dorneiros e as peñas que os organizan, así como contar coa colaboración das distintas peñas nas actividades que organiza a cofradía, juateke, chiringuitos, concertos... Sin vós, non é posible, colaborade coa vosa festa.
Este sabado parece ser que a selección española de futbol pisounos parte do horario da asamblea, xa non hai respeto. Para que todo sexa fluido, a ver si somos todos puntuais ou incluso chegamos antes da hora para rematar prontiño e deixar todo atado e ben atado, antes do partido.

Hoxe 1 de Xullo de 2010, ás 17:01 puxeronse á venta ás esperadas sudadeiras dorneiras. No mesmo sitio de sempre, Podium Sport, sito na rúa 9 de agosto, Ribeira. Aquí tedes o mapa para ir dende o concello.

O Precio das sudadeiras tamén é o mismo 13€, tratade de levar os cartos xustos, despois que ninguén proteste porque non teñen cambio.

Por último e non menos importante, mañán ás 11:00 iniciase a escola de remo creada pola R.e I Cofradía da Dorna, en colaboración co Concello de Ribeira, o Clube Nautico de Ribeira e mais o Clube de Remo da Pobra do Caramiñal.


A 15 días de que suba a marea dorneira!!!!!