domingo, 21 de noviembre de 2010

Andaina Novembro: Palmeira

Nesta ocasión e debido ó mal tempo a andaina rexistrou pouco máis de 30 participantes, que non arredraron da choiva e dispuxeron a saltar pozas e enfangar os pes.

Puntualmente, tal e como estaba establecido, saimos do campo de futbol de Palmeira e xa nos adentramos en camiños de monte dende o Km. 0; e ainda que na primeira parte do percorrido ata Moldes e quizais dónde máis dura se facía a camiñata a choiva dounos unha tregua (pero amenazou todo o tempo) foi na segunda parte cando xa non nos abandonou poñéndonos coma sopas.




Nesta ocasión acompañounos un equipo da TVG, do programa "O Gran Cambio" (que se emitirá a partir de decembro, e xa trataremos de avisarvos do día de emisión) grabando gran parte do percorrido. Poñemos aquí a foto do cámara porque tivo o seu mérito por ir cargando ca cámara coma un campeón sen deixar de sorir. Vaia molladura pillou o home.



Xa sabedes que tedes máis fotos desta andaina (non moitas que chovía e se nos mollaban as cámaras) e das anteriores en: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/PonteAAndar2010

A DESTACAR: QUE COMO É DE BEN NASIDOS SER AJRADESIDOS, aquí van estas letras para Manolo do Clube de Futbol de Palmeira que nos abreu as instalacións para que gardáramos os coches, e ó rematar non só nos dou teito, senon un café quentiño que sentou no corpo mellor ca un bo lacón con jrelos.

martes, 16 de noviembre de 2010

Andaina 21 de novembro: Palmeira



Saida: Campo de Futbol de Palmeira (o novo)
Día: Domingo 21 de novembro
Hora: 10.00 h. (prevista finalización 12.00 h)
Inscrición: Gratuita e libre (hai que aparecer alí á hora especificada)

Ruta de 9 km. que parte do campo de futbol de Palmeira, subindo a
Moldes, e baixando á Tomada, para volver a rematar no campo de futbol.

A primeira metade da andaina terá unha lixeira pendiente ascendente,
por camiños de monte, polo tanto hai que ir poñéndose en forma e
jastando suela para que lojo non nos castijen os callos.

Ainda que chova alí estaremos.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Lotería Dorneira de Nadal

Dende fai uns días están a circular por Ribeira as participacións da Lotería Dorneira de Nadal, o número 27130, posible gordo de este ano, vendese en participacións como colaboaración coa A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Trátase de participacións de 5€ dos cales xogas 4€ e aportas 1€ para as actividades da cofradía, entre as que se sobresae a nosa querida Festa da Dorna.
Poderás atopala nas fanequeiras autorizadas A Taberna do Riaso e O Triskel. Ademáis si lle preguntas a calqueira dorneiro indicarache quen ten.

No te demores que a última vez que se fixo acabouse toda, de ti depende que non sobre. E si toca???