sábado, 15 de enero de 2011

PONTE A ANDAR 2011



Xa temos novas andainas para o 23 de xaneiro, 20 de febreiro e 20 de marzo, e tes na web da Cofradía da Dorna:www.cofradiadadorna.com toda a información relativa a cada unha delas colocada dentro da sección PONTE A ANDAR (tamén hai un vínculo na páxina principal, premendo sobre o cartel das andainas)

Como xa se fixera en anteriores rutas non  é preciso inscribirse, pero sí aparecer con tempo suficiente no punto de partida (10 min. antes) xa que trataremos de respetar os horarios ó máximo para non dilatar a actividade. O traslado ata a saida facerase cada ún no seu coche (por eso se especifica o punto de partida). Recoméndase roupa e calzado cómodo e apto para camiñar polo monte, e tamén un bidonciño con auga. En todo momento estaredes acompañados polos monitores da Cofradía acatando as súas ordes tendo en conta que o facerán polo ben do grupo.

Coma sempre resaltar algunhas cousiñas:
- Fíxase un ritmo de camiñata de entre 4 e 5 km/h.
- Nenos: sempre acompañados dun adulto responsable deles, e que lles quede claro que os monitores tamén "mandan". E por suposto que sexan capaces de aguantar o ritmo da andaina (a partir dos 7-8 anos non suelen ter moito problema para acadalo).
- Animais de compañía: non se permitirán. E isto é innegociable: xa se avisou en ocasións anteriores que non se permitían cans e agora imos ser inflexibles ca norma.
- CALIFICACIÓN DAS RUTAS: esta é unha novidade importante, xa que a diferencia que ata agora neste ciclo témolas clasificadas en "dificultade baixa, media, ou alta" tendo sempre en conta as características das realizadas ata agora.

Saudos dende a ponte de mando.

lunes, 3 de enero de 2011

Como cobrar a lotería dorneira de NADAL

Unha vez aclarados os problemas e mal entendidos coa entidada bancaria na que foi depositada a Lotería Dorneira de Nadal, queremos comunicar dende aquí a todos os que poseedes participacións da citada lotería que podedes pasar dende xá a cobralas pola Administración de Loterías Nº1 de Ribeira, no atrio da Igrexa de Ribeira (Praza de Otero Goyanes).

Moitísimas Gracias pola vosa colaboración e mil disculpas por este cambio de última hora.