jueves, 30 de junio de 2011

Sudadeiras Dorneiras 2011

O próximo Luns 4 de Xullo é un día significativo pois xa podes apurarte a facer cola na porta de Podium Sport, sito na rúa 9 de Agosto de Ribeira, pois salen á venta as sudadeiras dorneiras, si non sabes chegar aquí deixamos o mapa de todolos anos para chegar dende o concello e así non hai posibilidade de perda.

As sudadeiras este ano son blancas e levan o diseño por Mª José Fernández García da peña Comando Dorneiro que se estrea con bo pé como diseñadora dorneira, conseguindo o Premio A Jata Ruín de la Praia.

Este ano as sudadeiras costarán 14€ xa que despois de anos aguantando o mesmo precio subiunos o material demasiado como para afrontalo sin suba. Fai o favor de levar os cartos xustos e así colaboras a evitar problemas de cambio.

A 20 días para que suba a marea dorneira:


Non quedes sin a túa sudadeira!!!!

miércoles, 29 de junio de 2011

Fin de semana Dorneiro

Este fin de semana a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna estará en dous actos á vez. Na X edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia que este ano se celebran en Carril (Carril2011), alí haberá unha nutrida representación da Cofradía capitaneada polos membros da Escola de Vela da R. e I. Cofradía da Dorna (organizadora do primeiro encontro alá polo 93) que xa irán o Xoves 30 de Xuño e irá incrementándose o fin de semana ata o Domingo 3 de Xullo.

Ademáis unha boa parte da R. e I. Cofradía da Dorna estará na Mostra das Culturas de Boiro o Sabado 2 de Xullo pola mañan e pola tarde.


Todo esto a 20 días de que se inicie a Festa máis rachada!!!!!

martes, 28 de junio de 2011

Conclusións asamblea

O pasado sábado 18 de Xuño de 2011levouse a cabo a terceira asamblea de peñas dorneiras de cara aá celebración da LXIII Singladura da Festa da Dorna. Donde perto de 75 peñeiros en representación de 28 peñas expresaron as súas ganas de colaborar nas actividades da cofradía e organizar os xogos dorneiros, de terra, de mar e grandes xogos.

Así a Real e Ilustre Cofradía da Dorna agradece a todalas peñas que se apuntaron a colaborar e animan ás demais peñas a seguir este exemplo e axudar a facer a festa. Como cada ano temos xogos novos (Jami JAbulani, Twister, ¿Justache a Fariña?) e voltan máis xogos tradicionais (A Raia, as Canicas), fai falta máis colaboración. O máis destacable en canto aos xogos foi que Os Vikinjos da Tomasa propuxeron unha votación popular de si se facía temático o Voo sen Motor, acordouse que o tema sería un factor a ter en conta pero para nada sería decisivo nin necesario para gañar esta actividade, segue sendo o máis importante o diseño, esforzo, orixinalidade e calidade. A votación de un voto por peña saíu a favor (18 votos) de incluir este novo parámetro sendo elixido este ano como tema: Naves Espaciáis, así que si non tedes ideas pois xa tedes orientación. Con esto os Vikinjos esperan motivar máis as peñas e animar a máis peñas a participar. Esta novidade se refire únicamente a este concurso.

As Peñas asistentes á asamblea foron:
-Pescadillas con Ladillas (Carreiras de Sacos, Carretillas, O Parvo das Sillas)
-Muxo Beti (Rock in Muxo, Travesía a Nado, O Parvo das Sillas, enjalanamento de fanequeiras)
-Ratos da Illa (Carreiras de Fleje, Martín Pescador, Pano, enjalanamento de fanequeiras, colabora chiringuito)
-Caracolas en Xirolas (Tiro á Corda, Saltar á Corda, Xogos para nenos, colabora chiringuitos)
-Pateiros Palangreiros (Xojo do Limbo, Pulsos, Pesca do Muxo Radiactivo, colabora Juateke)
-Pintos Joden Quintos (Canicas, A Raia, colaboran Juateke)
-A Nasa (colabora Juateke
-As Llapras do Stop
-Os Serráns máis Marráns (Facho Dorneiro, Potro Ensebado, ¿Justache a Fariña?)
-Os persebes fan os deberes (Dominó, ¿Justache a Fariña?)
-Tabeiróns Caralludos (Certame Itinerante e Final de Cansión de Tasca,
colabora chiringuito)
-A Tuna Nejra (As chapas, Jami Jabulani, ¿Que peixe é?, Campionato de ping-pong)
-As Pirañas van de Cañas
-Isco de Jalisco
-Derrape Mental (Twister)
-Estudias, traballos ou colles navallas.
-Vikinjos da Tomasa (Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor)
-Arría o Jallo (exposición e Jran Prix de Carrilanas,Que che den polo Curling, No)
-Comando Dorneiro (Pulso Jitano, Carreiras de Camareiros, Futbolín, Tirar polo rastro)
-Carallos de Rei (Maratasón e final do Maratasón dorneiro)
-Parrochas Papudas (Xojos de Cartas)
-As Javotas van Jopas (Xojos de Cartas, a Peletra)
-Sija la raia (colaboran chiringuitos)
-Rapante do Mercante (Pión, Colle-lo parrulo)
-Lenjuados Envriajados
-Berberechos Asasinos
-Marea Nejra (Rockandorna do país)
-Lobos de Mar
-Me aplaude la almejita.

Hai peñas das mencionadas que se apuntaron para sustituir ás que non confirmen que continúan cos seus xogos e admitense ainda xogos novos. Non perdas a túa oportunidade bota unha man na Dorna.
Faino por ti, Faino pola Festa!!!

jueves, 16 de junio de 2011

Terceira asamblea de peñas dorneiras

O vindeiro sabado 18 de Xuño de 2011 ás 20:03 terá lugar no Conservatorio Municipal (CASA DA CULTURA) a terceira asamblea de peñas dorneiras de cara á LXIII Singladura da Festa da Dorna.  Alí tratarase como tema  principal a organización dos  Xogos dorneiros e  a colaboración nas múltiples actividades da Festa da Dorna 2011, tamén poderán expoñerse xogos novos ou actividades que se podan encadrar no xa comprimido programa dorneiro.
Por outra banda este é o día en que todolos interesados en ser dorneiros acreditados, socios da dorna, entreguen as súas solicitudes e os que xa posúen un número de socio actualicen os seus datos.
As peñas novas ainda estades a tempo de apuntaros como peñas legais da Festa da Dorna.

Fai a túa festa!! Axuda na Festa da Dorna 2011!!

martes, 7 de junio de 2011

Faite Socio da A. C. Real e Iluste Cofradía da Dorna

Como cada ano a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna está a piques de pasar as súas cuotas de socios, feito que ocurrira entre o 20 e 24 de Xuño. Dende a cofradía queremos que ningún socio se quede sin colaborar así que fixemos este documento para que podades actualizar os vosos datos, xa que has cuotas pasanse tódolos anos e precisamos actualizar os arquivos. Ademáis pensamos que esta asociación debe ter a maior cantidade de socios posibles polo cal levamos dende que o euro é euro sin subir as cuotas (10€ ao ano) por que prefirimos ser máis e máis dorneiros que facelo algo exclusivo.
Así que si disfrutas da FESTA DA DORNA (festa de interese turistico galego), si fostes á mágnifica ANDAINA a ONS do sabado e domingo pasados, si che gusta a CARREIRA DO CORGO teñas ou non peito para correla, si lees todolos anos LA VOS DE JALISIA e o CADERNO DE BITACORA (POJRAMA DORNEIRO) esperando sair ou non, si fostes aos CICLOS DE ANDAINAS DE OUTONO e INVERNO ainda que chova, si fostes á ESCOLA DE VELA, ou a ESCOLA DE MÚSICA ou a ESCOLA DE REMO ou si te gustaría participar en algo así, si eres Peñeiro e queres SER DORNEIRO non o dubides máis ENROLATE NA COFRADÍA DA DORNA!!!.



Envía a seguinte información a:  apartado de correos  16 de Ribeira, A Coruña.CP: 15960. ou por email a Real-e-Ilustre@cofradiadadorna.com tamén podes copiar o seguinte texto e entregalo impreso na seguinte asamblea de peñas dorneiras (sabado 18 de Xuño de 2011 ás 20:03 no Conservatorio Municipal) ou deixalo antes de sabado 18 de xuño na A Taberna do Riaso.


========================================================

Datos  Peroais/Datos Personales:
·         Nome/Nombre:………………………………………………………………….
·         Apelidos/Apellidos:…………………………………………………………….
·         DNI:………………………………………….………………………………………….
·         Peña:……………………………………….………………………………………….
·         Son socio: (SI/NON)…………………………………………………………….
·          Nº Socio:……….……………………………………………………………………
·         Enderezo/Dirección:……………….………………………………………….
·         CP:……………………………………………………………………………………….
·         Telefonos de contacto:…………….………………………………………….
·         Correo-e:…………………………………………………………………………….
Autorización Bancaria:
Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………..…………………………………………….
Enderezo da oficina:…………………………………………………………..…………………………………………….
Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,
Nº de conta (20 dígitos):     ____-____-__-__________

Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………..…….………………………………………….
Dirección de la oficina:……………………………………………………………………………………………………….
Ruego  que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,
Nº de cuenta (20 dígitos):     ____-____-__-__________
Para que así conste asino/firmo:



==========================================================