jueves, 28 de julio de 2011

BAILE DA DORNA

O vindeiro Sabado 30 de Xullo terá lugar o Baile de Gala da Festa da Dorna no Circulo Mercantil de Ribeira dende as 23:00, alí nos reuniremos coas nosas mellores galas todos os dorneiros e dorneiras para rendir homenaxe á tradición máis arraigada da Festa da Dorna, a cal se conserva dende a I Singladura alá polo 1948 cando coñecido como Baile da Dorna, foi o nacemento desta festa que hoxe en dia se volveu un referente no panorama galego e do resto do estado.

Alí entregaranse a Poutada de Ouro, máximo distintivo da R. e I. Cofradía da Dorna, a algunha dorneira ou dorneiro ilustre co fin de premiar os seus esforzos pola Festa da Dorna. Ademáis teremos algún recoñecimento máis e todo isto amenizado polo dúo Yesterdey. Como hé tadrición realizarase a entrega da Flor Natural a todos os asistentes, feitas este ano pola peña As LLapras do Stop.

Dorneiros e Dorneiras collede as vosas mellores galas, e vinde bailar o Mercantil!!!


Por todo esto ven debes vir o Baile, e vir de gala pois esto vai totalmente en serio e si non ves de gala xa non veñas, cumplide cos requisitos do baile e evitade discusións sen sentido.

VIVA A FESTA DA DORNA!!!!

Rifa Dorneira 2011

O pasado Sábado 23 de Xullo rematou a rifa dorneira saindo premiado o boleto correspondente ao 085 así que si es portador deste boleto ponte en contacto coa Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna, email: real-e-ilustre@cofradíadadorna.com ou no telefono 617535761, para que podamos entregarche o vale por unha cea para dúas persoas no Restaurante Aljan, situado na Rúa Miguel Rodriguez Bautista frente ao colexio O Grupo, nunha das Casas Baratas. Non deixes pasar esta oportunidade.

A todos os participantes moitisimas gracias por colaborar, coa vosa aportación faise o camiño para seguir sendo a mellor festa de Galicia, FESTA DA DORNA. Ademáis a R. e I. Cofradía da Dorna seguirá todo o ano con múltiples actividades para que todos disfrutemos mentres non chega a LXIV Singladura.

lunes, 18 de julio de 2011

Colaboradores LXIII Singladura da Festa da Dorna

Este ano dende a R. e I. Cofradía da Dorna e a Asamblea de Peñas Dorneiras queremonos anticiparnos o inicio da festa para darlle as gracias a todos os establecimentos comerciacáis e Fanequeiras autorizadas por colaborar coa LXIII Singladura da Festa da Dorna. Podedes recoñecelos polo distintivo de cor violeta co sello doneiro que os acredita como establecemento colaborador dorna 2011, ademáis aquí tedes un listado, clasificado por zonas, con todos eles para que sepades quen está a apoiar todo isto:

ZONA Abesadas-Praza do concello:
Establecimentos comerciais:
ElectroCar,  Neoprint, Clinica Dental Dr Vázquez, Electrodomésticos Jesús Santiago, José Manuel Lijó Santos Construcciones, A Rotonda, Graficas Salvora, Manualidades Stilo, Floristería Betty, Frutería Barbanza, Hostal Áncora, Librería Sanyg, Cadena 100, Ferretería Mariano, Doces a Maricola, Don Glotón,
Golosinas D'or, Sport Bike, Estanco Lourdes, Limpiño, Confecciones Silva, Rossman, Clinica Veterinaria Riveira, Cosmos, Pillados, Arró Barbanza, Madelva, Frutería Mercabarbanza, Upi informática, Deportes Estevez, Farmacia Ruíz.
Fanequeiras:
Telepizza, Bar Samba, O Rincon de Basela,Kukúa, Burguer Flip, Pepe's, Ceos, Golfox, A Cabaña.

ZONA Coroso-Carolinas-García bayón:
Establecimentos comerciais:
Hijos de Adelino Paz, E. S. Santa  Uxía S. A. (Shell Riveira), Alvarecho Autoservicio, Vital Dent, Camping Coroso, Joypa, Expert Electrodomésticos, Farmacia Dolores López Rodriguez, La Vinoteca de Tucho, Almacenes Juan Pego, Petrogas Barbanza, Peluquería Kiara, Dunas, Vimar.
Fanequeiras:
Restaurante O Paseo, Bar Doble SS, A Galleguiña, Restaurante A Fábrica,  Las Suecas, Bar O Antoxo, El Quillo, Airoa, Castelao, Bar Tres Hermanos.

ZONA Avda Malecon-rúa galicia:
Establecimentos comerciais:
Optica y Joyería Blanco, Miss-Tic, Congelados Marina, Alain Afflelou, Espacios SC Decoración, Librería Mirás, Makao, Farmacia Sanmamed, Marfil, Eco-Tex, Estanco Nº5, Zapatería Horacio, Máis 40, Joyería Nespereira, Zaloi, Farmacia Villamil-Reigosa, Floristería Mandragora, Pas…Pan, Initel, Electrodomésticos Juan Martinez Blanco, S.L. Bazar de Oujo, El Bosco, Serea Complementos, Monchogar,  Golosinas Karamelo.
Fanequeiras:
Burguer O Cubano, O Parque de Atrás, Central Park, Bar Bahía, O Franco, A Fiestra, Restaurante Dorna, Bulebar, Galeon, Vifer, Oliver & Stanley, Albatros, Tasca do Peirao, A Cuba.

ZONA Igrexa-Praza Vigo-Praza Compostela:
Establecimentos comerciais:
Suministros Sta Uxía, Floristería Amigo, Floristería Mariló, Mercabarbanza-Fresas, Daga Sport, Hoostel, Dulce Bebe, Frutería Maluca.
Fanequeiras:
Bronx, Aturuxo-Luarada, Cafetería Botter, O`Tear, Ventos Vellos, Noruego, Esmorga, O Balado, Restaurante Penín, Aimar, Morrison, Capri, Bar Malecón, A Caverna, Capitán Morgan, Triskel,  A Taberna do Riaso, O Atallo, Bar Plaza, Ateneo Valle-Inclan, Arrancadeira, Bar Mercante.

ZONA Bandourrío:
fanequeiras:
Tasca do Barbanza, Café Bar 20 de Abril, Café Bar Vai Ben, A Caseira, Aloha, Destranjis, People, Jujuruju, Noite Meiga, Desván, Dominium, Idolos, Bretema, Cocoluche, Cervecería de Malta.

Palmeira:
Che vení, Manolo do Café, Miramar, Hotel Río Azor.

Aguiño:
Bar Tallante, A Chabola.

Carreira:
Bar Esperpento

Artes:
Centro Recreativo de Artes, Restaurante Baiuca, Churrasquería Albariño.

Oleiros:
Camping Cascada-Ría de Arosa II, Café Bar As Canles.

Castiñeiras:
Bar da Praia


Ademáis de todos estes estableciementos comerciais e fanequeiras autorizadas, e derecibo ser agradecido, por tanto moitas gracias a:
Policia Nacional
Cáritas Parroquial de Ribeira
 
Colaboradores 2010,2009,2008

Esta a subir a marea!!!!

Últimos días para o inicio da LXIII Singladura da Festa da Dorna, as peñas dorneiras fan incapé en que non te esquezas de apuntarte aos concursos dorneiros:

-Maratasón (ata as 19:00 do 20 de Xullo no Castelao) deixar unha nota na caixa correspondente donde estarán as bases para participar. (Carallos de Rei)
-Enjalanamento de Fanequeiras (en Pepe´s ou no Capri ata o 19 de Xullo) apuntarse na lista. (Ratos da Illa e Muxo Beti)
-Canción de Tasca (en Pepe´s ata o 20 de Xullo) apuntarse na lista. (Tabeiróns Caralludos)
-Facho Dorneiro (ata o 18 de Xullo) no email real-e-ilustre@cofradiadadorna.com (Os Serráns máis Marráns).

Si non queres quedar sen sudadeira dorneira vai xa por podium sport pois estamos rematando a campaña 2011, únete a marea branca, a Festa da Dorna ponse ibizenca no 2011!!!.

As peñas Estou que escacho e Delirios Tremens están de 5º aniversario e van realizar actividades nas súas fanequeiras o Martes 19 pois os días da dorna están que reventan. Así que se che ferve a festa no peito podeste sumar ao concerto de Recambios Tucho no Capitán Morgan organizado pola peña Estou que Escacho sobre as 22:00 e tamén á Festa do Cu o Aire na Taberna do Riaso ás 24:00  fanequeira da peña Delirios Tremens.

Por último si non che pasaron a cuota para ser socio da dorna ou tes algunha dúbida sobre o tema, ponte en contacto coa Cofradía da Dorna: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

jueves, 14 de julio de 2011

Música na LXIII Singladura da Festa da Dorna 2011

Na LXIII Singladura da Festa da Dorna como non podía ser de outra maneira teremos Rock&Dorna para rato e actuacións musicais que non nos deixaran parar os pes quietos.

O Mercores 20 de Xullo primeiro día da festa teremos no parque García Bayón o Rockandorna do país que contará este ano coas acutacións dos grupos Ribeirenses: 8 Ferrados, Talón de Aquiles, Generación Perdida, De Fe Caos, Entrelíneas e Basura de la Buena. Son xente que ven a tocar demostrando a súa implicación coa festa e facendo gala do espiritu dorneiro que convertiu esta festa no que é.

O Xoves 21 tralo exame de Patróns teremos RockanDorna con The Covers capitaneados por Fernado Peón un clasico da festa dorna. Son unha banda de versións que replican cunha calidade indistinguible os mellores grupos de rock do panorama músical e veñen dispostos a dar una grandisimo espectáculo na Festa da Dorna. Cando os The Covers xa non podan máis chegará o asalto ás fanequeiras amenizado pola charanga A Tuna Nejra formada por dorneiros todos compoñentes dunha das peñas con mais ritmo da Festa da Dorna, que non deixan descansar aos seus instrumentos a sol nin a sombra e fanche un ritmo co que se poña por diante.

O Venres 22 toca Juateke dorneiro e alí teremos o DJ RITS facendo que pasemos unha gran noite coa súa enorme seleción musical preparada específicamente para a Festa da Dorna.

O Sabado 23 tocalle cantar ás peñas no Certame Itinerante de Canción de Tasca e as que mellor o fagan ou mais puntos leven terán que demostralo na final do certame que se celebrará no Atrio da Iglesia. Alí chegará a charanga o Santiaguiño para amenizar a noite de festa durante o asalto ás fanequeiras. Esta charanga debutou cun gran exito debido o seu múltiple repertorio, veremos con que nos sorprenden este ano.

O Domingo 24 de Xullo sobe a marea dorneira e xa de mañanciña teremos a charanga Os Jalochos amenizando a Expovarada de embarcacións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo e máis todo o camiño ata o campo de regatas. Esta charanga formada por dorneiros de toda a vida animaranos e seguro que nos fai agachar algunha vez a ritmo de Gaitas e Panderetas. Pola tarde no TOP SECRET voltaran Os JAlochos a dalo cayo e uniraselles os ultraconocidos Kilomberos de Montealto. que levan moitos anos vindo a Festa da Dorna xa que encaixarón perfectamente co espiritu da festa e que teñen unha chea de incondicionais que non os deixan nin voltar para a casa.
Xá a noitiña chega o prato forte o Rock&Dorna fin de festa que este ano contará coas bandas:

Miguel Costas: ex-componente e fundador de Siniestro Total, Los Feliz e Aerolineas Federales. Este ano presentou novo disco coa súa bande e na Festa da Dorna vai demostrar que sigue en plena forma facendo repaso da súa traxectoria cantando imnos que levantan aos mortos e novas cancións que serán imnos do futuro.

 






Ruxe-Ruxe: un grupo galego de pura cepa. Son de Arins (Santiago) pero poderían ser de padín (Ribeira) pois a súa música transmite festa por tódolos costados e cando falamos de festa falamos da Festa da Dorna. Farán as delicias de todolos presentes xa que veñen dispostos a dar o callo para poñer a saltar e bailar a toda a marea dorneira.

Himno da Dorna: a cargo de un conxunto de dorneiros de pró que saben o que significan estas liñas mais que ninguén. Non deixes a pañoleta na casa, vaiche facer falta!!!!.

Tralos concertos poderemos bailar e cantar o mitico "titití-tititirí" coa batuka dos Kilomberos de Montealto que nos acompañarán durante o asalto ás fanequeiras ata a mañanciña, cando nos tocará cantar o miudiño de volta para a casa mentres arriamos as pañoletas.

O Sabado 30 de Xullo tocará vestir de gala, ou si non xa non veñas, para bailar ajarrado no Baile de Gala da LXIII Singladura da Festa da Dorna (63 aniversario do primeiro Baile da Dorna) que este ano celebrarase no Círculo Mercantil de Ribeira e estará amenizado polo Dúo Yesterdey, que sendo da Coruña colleron moi ben a idea do baile e voltan para amenizar un dos días mais emotivos e tradicionais da festa, que se manten dende o inicio no 1948.

Normas do Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor


JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR

BASES DE PARTISIPASIÓN:

Introdussión: Tendo en conta que o “voo sen motor” é unha das principais actividades da Festa da Dorna e que lle dan identidade, ademais de disfrutar coma enanos tódolos peñeiros facendo o aparello voador, e lojo chimpándose ás cristalinas ajuas do porto tratando de elevar o voo; a peña orjanisadora VIKINJOS DA TOMASA (e aljún ajrejado máis que somos moi poucos e nesesitamos que nos botedes unha man), propuxemos na asamblea de peñas a posibilidade de “tematizar” a actividade para que dentro dun mesmo fio conductor as peñas lle deran á cachola (ou bateran co craneo contra unha pedra a ver o que sale de ahí) e trataran de inventar aparellos que non só teñan que voar o máis lonxe posible, senon tamén ter  un mínimo de “armonía” (xa está ben de tanto friki cun jlobiño na cabesa, ou cunha capa de superheroe... asumídeo: eso non vos vai faser voar).

Como unha das actividades principais da Festa da Dorna queremos pedirvos un pequeno esforso (pero non tanto coma cando lle dades unha visita ó Sr. Roca, que xa bastante emporcado está o porto como para que veñades co chapapote pola popa), e tratar de tunear o voso VOO SEN MOTOR coma se fora unha NAVE ESPASIAL: vale calquer cousa que teña relasión ca temática, dende a sonda Voallaller, ata as naves da Jerra das Jalasias, ou de Avatar. Só se pide que naljunha ocasión surcaran o espasio sideral, para agora surcar o porto da sentenaria.

O sistema de puntuasión que empregaremos será moi sinxelo:
 
- APARELLO TUNEADO: Aqueles que teñan relasión ca temática (o jlobiño na cabesa e a capa de batman non contan, por moito que tratedes de explicalo) poderán puntuar ata 3 puntos, e ollo que esto é coma nas ofertas: ATA 3 PUNTOS (1, 2 ou 3). Namentres que os aparellos que non veñan tuneados poderán acadar coma máximo 2 puntos.

- ESPECTACULARIDADE:  
Que non todo sexa chejar á pista de despeje cun armatroste moi jopo, plantalo na beira do porto e lansalo o máis lonxe posible. Estamos para pasalo ben, para larjar unhas risas todos xuntos, e a “representasión” que montedes cas dotes de artistas que atesorades aljún/aljunhas de vos ben pos pode permitir acadar ata outros 3 puntos máis. Valoraranse si os pilotos veñen tamén tuneados (disfrasados), si teñen un jión peliculero ben montado, e sobre todo si están metidos no papel de “estrellas”.

- LANSAMIENTO:  
Non hai que esquerserse que esta é unha proba na que hai que surcar os aires, e premiarase con ata 3 puntos a aqueles que consijan chejar máis lonxe, ou faser máis cabriolas no aire, ou simplemente manterse levitando vensendo a jravedá (a jravedá da caida nas cristalinas ajuas do porto).

Coma en tódalas actividades dorneiras un xurado absolutamente imparsial, insobornable, e incuestionable, asinaralle a cada peña unha puntuasión en cada catejoría e janará aquela que acade máis puntos; e no caso de produsirse un empate, ese mesmo xurado imparsial, insobornable e incuestionable desidirá o janador. E non se aseptan reclamasións si non veñen acompañadas dun sorriso e de moita educasión. 

Lembrade que estamos aquí para pasalo ben, que un puñetero trofeo non vos/nos amarje a festa.

miércoles, 13 de julio de 2011

Conclusións Derradeira Asamblea de Peñas

O pasado Sabado 9 de Xullo de 2011 ás 20:03 na Casa do Mar de Ribeira, tivo lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas dorneiras de cara á celebración da LXIII Singladura da Festa da Dorna. Os temas princiapais a tratar foron pechar todas as cuestions relativas á organización de Xogos e Actividades da Festa da Dorna 2011 . Así os xogos que quedaran sin confirmar, foron ratíficado polas mesmas peñas ou asumidos por novas peñas deseosas de colaborar.

A Rejata Cutre Shark de embarcacións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo vai seguir sendo organizada polos Persebes coma Puños e contarán coa colaboración da peña nova Me Aplaude la Almejita, dentro dos Xogos de Terra, os Xogos para nenos serán organizados polo Mexillóns + Cabróns e si o precisan contaran coa colaboración dos Cao Boys, tamén inscribiuse o novo xogo O Neimar Dorneiro (Lenjuados Envriajados), o Tiratacos voltará a ser organizado polos Persebes coma Punhos e Cajaboy Island continúa con Mecajo na dieta e Malote's Party. Volta o Xogo tradiciona a Billa  o cal será orgnaizado en colaboración por Arría o Jallo e Berberechos Asasinos. Dentro dos Xogos de Mar os Rape´s confirmaron a súa continuidade con Isa-la Candorca e Lansamento de Risón ambos xogos teñen versión masculina e feminina, os Cao Boys continúan con Saltos dende o paredón e Cajaboy Island co Achikeitor. Por outra banda o Maratasón (Carallos de Rei) confimouse que será ás 21:00 do Mercores 20 de Xullo e a final ás 17:00 do 24 de Xullo durante a Romería Dorneira. As Lampreas máis Preas continúan coa organización da Macroqueimada e o Exame de Patróns será organizado por Cajaboi Island. Recordaselle a todalas peñas novas que o Xoves 21de Xullo ás 22:00 deben presentarse no Palco para tratar de superar o Necesario Exame de Patróns, condición indispensable para ser peña dorneira e poder participar en todolos Xogos e Actividades Dorneiras.

As peñas Feitos Polvo, Carallos de Rei, Sija la Raia, as Robalisas e CAo Boys unironse os Pateiros Palangreiros, Pintos Joden Quintos e A NAsa para colaborar no Juateke dorneiro feito que a R. e I. Cofradía da Dorna agradece moito. Ademáis cancelouse a actividade prevista Rock in Muxo, polo cal retrasarase o inicio as Carrilanas.

A R. e I. Cofradía da Dorna solicita respeto por todos os corpos de seguridade do estado (protección civil, policía local e policía nacional), polas peñas organidadoras de cada unha das actividades e por todos eses dorneiros que botan unha man, os cales colaboran para que a Festa da Dorna se leve adiante da mellor maneira posible. Así que recordase a todolos asistentes que nas carrilanas non se pode sair das beirarúas e si hai xente na calzada paranse ata que se retiren.


En canto ao tema de anotarse a concursos, xa están abertos os listados:
-Maratasón (ata as 19:00 do 20 de Xullo no Castelao) deixar unha nota na caixa correspondente donde estarán as bases para participar. (Carallos de Rei)
-Enjalanamento de Fanequeiras (en Pepe´s ou no Capri ata o 19 de Xullo) apuntarse na lista. (Ratos da Illa e Muxo Beti)
-Canción de Tasca (en Pepe´s ata o 20 de Xullo) apuntarse na lista. (Tabeiróns Caralludos)
-Facho Dorneiro (ata o 18 de Xullo) no email real-e-ilustre@cofradiadadorna.com (Os Serráns máis Marráns)

En canto ao voo sen motor repartironse unhas follas coas bases do concurso para que non quede lugar a dúbidas que publicaremos a continuación.

Por último recordouselle aos asistentes que xa se pasaran as cuotas dos socios e que todos aqueles socios que non recibiran a súa cuota e estean interesados en continuar sendo socios da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna deben poñerse en contacto: real-e-ilustre@Cofradiadadorna.com para actualizar os seus datos. Os Novos socios que non recollestedes os vosos carnets de Dorneiro Acreditado debedes poñervos en conctaco coa Cofradía no mesmo email ou pasadevos o Mercores 20 de Xullo pola mostrador do churrasco que haberá durante o Rockandorna do país.

Cabe citar que dita asamblea contou con 80 asistentes en representación de 35 peñas dorneiras:
-Comando Dorneiro
-Carallos de Rei
-Muxo Beti
-Me aplaude la almejita
-Os Pintos Joden Quintos
-Os Serráns máis Marráns
-Cajaboi Island
-Ratos da Illa
-Cabuxos do Mar
-Vikinjos da Tomasa
-De rape mental
-Pintos de Verán
-As fanecas van ás Suecas
-As volandeiras en salsa de chumeira
-Que polbaso tes
-Sija la raia
-Isco de Jalisco
-Pescadillas con ladillas
-Las cigalas del Koala
-The lirios tremens
-Estou que eskacho
-Os mexillóns + cabróns
-As riquesas da ría
-Estudias, traballas ou colles navallas
-O Rapante do Mercante
-Parrochas Papudas
-Feitos Polbo
-Lenjuados envriajados
-Tallantes con tirántes
-As Navallas de Palmeira van de putas a Ribeira
-Cao Boys
-Arría o Jallo
-As Javotas van Jopas
-Caracolas en Xirolas

miércoles, 6 de julio de 2011

Derradeira asamblea de Peñas Dorneiras

O Vindeiro sabado 9 de Xullo terá lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara a LXIII Singladura da Festa da Dorna, como gran novidade celebrarase no SALÓN DE ACTOS da CASA DO MAR de RIBEIRA ás 20:03 non faltes a esta última oportunidade de participar na organización da túa festa e botar unha man á xente que traballa por esta festa.
Alí falarase dos Xogos e Actividades Dorneiras, reparto de colaboración, si te fixestes socio poderás recoller o teu carnet e ademáis si queres propoñer calquer actividade este é o lugar. Si queres formar unha peña nova tamén é o momento de dicilo, poderás apuntar á túa peña o Facho Dorneiro actividade inaugural da Festa da Dorna 2011 e preguntar dúbidas aos organizadores das actividades presentes.

Por todo esto e por que faltan quince días ESPERAMOSTE NA ASAMBLEA!!!!!!!!!!


AVANTE SARDIÑEIRO!!!!

domingo, 3 de julio de 2011

Aplazada venta sudaderas Dorneiras

A Real e Ilustre Cofradía da Dorna vese obligada a retrasar o inicio da venta das sudadeiras debido a un problema loxístico, así a nova e definitiva data de inicio da venta das Sudadeiras Dorneiras de 2011 será o vindeiro Venres 8 de Xullo tan pronto abra a tenda Podium Sport.
A Cofradía pide disculpas por este imprevisto, e ratificase en todo o xa anunciado, tanto o prezo (14€) como o lugar de venta (Podium Sport).

Non esperes máis, merca dende o Venres 8 de Xullo a túa sudadeira dorneira!!!!!