domingo, 2 de diciembre de 2012

Lotería Dorneira de Nadal

Xa está á venda a lotería dorneira de Nadal, non quedes sen a túa participación. Son participacións de 5€ dos cales xogas 4 e 1 donalo á Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna, o nº que xogamos é o 27130 e vendenas diversos colaboradores da Cofradía, pregunta que seguro que as atopas e si queres ir a tiro fijo tamén as podes conseguir na Taberna do Riaso.
Anda que si toca!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Fotos Cea-Baile 25 anos de Peñas Dorneiras

O pasado Venres 2 de Novembro tivo lugar no Restaurante Baiuca a Cea-Baile da R. e I. Cofradía da Dorna conmemorando os primeiros 25 anos das Peñas Dorneiras, alí xuntaronse 195 invitados. Nada máis chegar todos os asistentes pasaron polo photocall (deseñado por Jesus Parada Miniño para o evento), donde houbo un fotografo para inmortalizar a ocasión (fotos que están dende hoxe na galería de fotos dorneiras). Nada máis sentarse cada un atopose no plato unha galleta coa forma da flor da dorna como era nos inicios cor bermello por fora e verde por dentro (galletas realizadas por Doces A Maricola e con moldes feitos por Digar). Durante a cea houbo unha proxección de fotos da Festa da Dorna dende 1948 ata o 2012, para que cada quen puidera verse como era entonces ou buscar coñecidos, ademáis repartiuse unha chapa conmemorativa do evento a cada un dos asistentes (deseño tamén realizado por Jesús Parada Miniño).

Xa nos postres chegu o momento de falar e como este acto pretendía recordar un pouco todas as épocas da Festa da Dorna, voltamos á época na que o baile da Dorna era benéfico e co recaudado compraselle unha Dorna á alguén necesitado para que puidera traballar. Hoxe en día a R. e I. Cofradía da Dorna decidíu doar unha parte do recaudado na cea para unha asociación con labor social, así entreguselle a Cáritas un cheque por valor de 400€ xa que ademáis da súa labor social co banco de alimentos, de roupa e o comedor social tamén é unha asociación afín á R. e I. Cofradía da Dorna, o cheque recolleuno un delegado de cáritas e tamén dorneiro que asistíu á cea coa súa peña.
Tras esto sortearonse catro lotes de productos e 3 viaxes en dorna, unha por cada unha das dornas activas da cofradía: Dorna Nai, Jalerna e Virxe do Carme. Na foto da dereita os Patróns da Dorna Virxe do Carme e da Dorna Nai respectivamente. Na foto de arriba os patróns da Jalerna que son casi todos da peña Os Rape's.
Despois houbo baile amenizado polo DJ Rits durante varias horas e co imno dorneiro incluido.

En canto á asistencia houbo representación de 32 peñas na que destacoron os Ratos da Illa ao ser a peña con máis xente e outras que acudiron practicamente ao completo como son Me aplaude la Almejita, Estrelas da Ría, Juiston de Batea, Vikinjos da Tomasa...

Xa queda menos para LXV Singladura!!!!

miércoles, 31 de octubre de 2012

Pechada a inscrioción Cea-Baile 2N

Está pechada a inscripción á Cea-Baile 25º Aniversario das Peñas Dorneiras, tendes a listaxe actulizada e definitiva na web da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna. Si alguén atopa un erro que se poña en contacto no email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com
Esperamos a todolos asistentes o Venres 2 de Novembro de 2012 ás 21:30 no restaurante Baiuca,
Non hai exisencias de vestimenta en plan Baile de Gala, pero hay que levar roupa non levemos a malos entendidos.

Vemosnos alí. Avante Sardiñeirooooooo!!!!!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

Cea-Baile 2N a fume de carozo

Xa están cubertos dous tercios do aforo da Cea-Baile 25º Aniversario das Peñas Dorneiras, e unha boa parte xa confirmados. Esta idea está tendo moi boa acollida así que si non queres perder esta celebración Apuntate XA!!! na paxina da R. e I. Cofradía da Dorna.
A Cea-Baile vai ter lugar o Venres 2 de Novembro de 2012 ás 21:30 no Restaurante Baiuca e precisamos pechar todo con tempo, así que o Venres 26 de Outubro será o derradeiro día para anotarse e realizar o pago. Toda persoa que non estea confirmada ese día non poderá asistir á Cea-Baile.

A día de hoxe foi enviada toda a información a tódalas persoas que se inscribiron no formulario, si alguen non o recibíu que se poña en contacto no email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com podes verificar si estas inscrito/a no listado da web da cofradía: www.cofradiadadorna.com, calquera dúbida ou comentario ponte en contacto no email anterior.

Non o deixes para mañán apuntate xa e ven celebrar os primeiros 25 anos das peñas dorneiras!!!!

lunes, 24 de septiembre de 2012

25º Aniversario das Peñas Dorneiras

Despois dun tempo de parón no blog voltamos con máis noticias dorneiras, pois a R. e I. Cofradía da Dorna non para.
Esta é unha novidade que está a organizar a Cofradía da Dorna xa que este ano cumplense 25 anos dende que se fundaron as peñas dorneiras e dende que a Festa da Dorna colleu o rumbo co que continúa na actualidade, algo tan significativo merece un acto e así que para recordar todo o pasado nestes primeiros 25 anos de peñas dorneiras imos celebrar unha Cea-Baile no restaurante Baiuca o Venres 2 de Novembro ás 21:30 horas. Esta cea terá un custo de 35€ e será preciso reservar plaza na web da cofradía: www.cofradiadadorna.com donde a partir do 1 de Outubro haberá un formulario para realizar a reserva e unha vez feito esto recibirase un email donde se indicará todo o necesario para formalizar o pago co cal quedará confirmará a reserva de plaza.
O motivo de utilizar este sistema e que esta cea ten o seu límite en 300 persoas, e queremos que calquer persoa interesada esté infomada antes da apertura das reservas pois seguirase un orden estricto de chegada para a reserva de plaza. Así que non o deixedes para mañan, mellor apuntarse o día 1 que o 2.


miércoles, 18 de julio de 2012

Caderno de Bitácora 2012

Xa temos listo o Caderno de Bitácora da LXIV Sinjladura dorneira, e estará nas rúas a última hora do día de hoxe.

Pero como primisia histórica, xa podedes ir consultándoo na web para non perder fio do que nos queda por díante nos próximos días.


Colaboracións FESTA DA DORNA 2012


Unha nova singladura tanto a R. e I. Cofradía da Dorna como a Asamblea de Peñas Dorneiras queremonos anticipar ao inicio da festa para darlle as gracias a todos os Establecimentos Comerciáis e Fanequeiras Autorizadas por colaborar coa LXIII Singladura da Festa da Dorna. Podedes recoñecelos polo distintivo de cor "rosa palo" que os acredita como establecemento colaborador dorna 2012, ademáis aquí tedes un listado, clasificado por zonas, con todos eles para que sepades quen está a apoiar todo isto e donde ten o seu negocio. Moitas Gracias a todos vos por estar ahí apoiando a Festa da Dorna

ZONA Coroso-Carolinas-Gracía Bayón:
Establecimentos comerciais:
Camping Coroso,S.L., Gasolinera Shell, Vital Dent, Vimar, Ofival, Peluquería Chus Abelleira, Almacenes Juan Pego S.L, Hotel Carolinas, D´Nacar Boutique, Expert, Ruliña, Bea Ríos Estilistas, Método Dentario
Fanequeiras:
A Fábrica, Las Suecas, Restaurante O Paseo, Fontao Restaurante, Antoxo, Quillo, Restaurante Tio Pepe, Restaurante Airoa, Castelao, Bar Galleguiña, Doble S

ZONA Abesadas-Rosalía de Castro-9 de Agosto:
Establecimentos comerciais:
Veterinaria Riveira, Maype Sol, Clinica Dental Iván Vázquez, Clínica Podológica Santa Uxía, Lavandería Mirlo Blanco, Electrodomésticos Jesús Santiago, Doces A Maricola, Floristería Betty, Frutería Alba, Rossman, Maritas, Farmacia Ruíz, Alalba, Pillados, Espacio Hogar, Librería Sagny, Cadena 100, Silva, Xoguetes Bamban, Hotel Áncora, Covering, Movil Galicia
Fanequeiras:
Botavara, Kukúa, Arcos, Bar Samba, A Cabaña, Pepe's, La Brasa, Golfox, Restaurante Xardín

ZONA Mariño de Rivera-Sta Uxía-Praza  España:
Establecimentos comerciais:
Neoprint, Levirsa, Arreglos de Confección Teresa, Promogar, Nattex, Corner, Servilimp Auto, Corner, Librería Nobel, Deportes Casais, Bimbi, Innove informática, Don Glotón, Ferretería Mariano, Meigallo, Electrodomésticos Sampedro, Alvaro fotógrafo, Calzados Chaira, Núa moda y complementos, Mercería Cousiñas, Dietética Diema, Arrobarbanza, Peluquería Lucía, Peluquería Yani, Rei Centolo Ribeira, Tandem Alborés, Limpiño, Sport Bike, Deportes Alia
Fanequeiras:
Telepizza Riveira, CEOS, Cafetería Flip, El Tiri, Rincon de Basela, Pub Cúpula, Central Park, Restaurante Aljan

ZONA Avda Malecón-Rúa de Galicia:
Establecimentos comerciais:
Petrogas Barbanza, Farmacia María Dolores Lopez Rodriguez, Calzados Horacio, Espacios, Erase una Vez, Makao, Federeopticos Martinez, Deportes Estevez/Administracion de Loterias Rúa de Galicia, Carnicería Hermanas Pouso, óptica Riveira, Farmacia Sanmamed, Marfil, Joyería Blanco, Joyería Carabel, Alicia Dominguez, PAS…PAN…, Bazar de Oujo, Mercabarbanza Fresas, Farmacia  Teresa Vazquez-Malecón, Karamelo
Fanequeiras:  
Jenaro, Bar Bahía, O Parque de Atras, Restaurante Dorna, A Fiestra, O Franco, Bulebar, Galeón, Bar Vifer, Oliver y Stanley, Doner kebab  La Estambul, Albatros, Manhatan Bridge, Tasca do Peirao, A Cuba, Bar O Porto

ZONA Igrexa-Praza Vigo-Praza Compostela:
Establecimentos comerciais:
Deportes Podium Sport, Hostal Colón, Peluquería Madeló, Juguetería Os Nenos, Monchogar, Floristería Mandrágora, Frutas y Verduras castro, El Tomason escola de baile, Seguros Reale Riveira, Floristería Mariló, Floristería Amigo
Fanequeiras:
Luarada, O'Tear, Santa Eugenia 3, Ventos, Noruego, Esmorga, O Balado, El Rincón, Morrison, Penin, Bar Capri, Bar Malecón, A Caverna, Capitán Morgan, Triskel, A Taberna do Riaso, O Atallo, Abuela Gloria, Bar Plaza, Ateneo Valle-Inclan, A Arrancadeira

ZONA Bandourrío:
Establecimentos comerciais:
Daga Sport, Hosteel
Fanequeiras:
Tasca do Barbanza, 20 de Abril, Vaiben, Bar 14, Cervecería de Malta, A Caseira, Cocoluche, Kebab María Pita, People's, Bretema, Noite Meiga 2.0, Pub Desván

ZONA Touro-Ameixida:
Fanequeiras:
Chiringuito Touro Mamajuana, Recuncho da Ameixida

ZONA Palmeira:
Establecimentos comerciais:
Hotel Río Azor
Fanequeiras:
Gastromanía-Casa de Xantares, Miramar, Manolo do Café

ZONA Corrubedo:
Fanequeiras:
Bar Pequeño, Valverde

ZONA Xarás:
Fanequeiras:
Churrasquería Albariño

ZONA Aguiño:
Establecimentos comerciais:
Farmacia de Aguiño
Fanequeiras:
Bar Tallante

ZONA A Fieiteira:
Establecimentos comerciais:
ElectroCar

ZONA Olveira:
Establecimentos comerciais:
Serdeco
 
Este ano debemos agradecer as súas colaboracións altruístas a varias peñas e particulares que quixeron formar parte dos colaboradores da LXIV Singladura da Festa da Dorna.

Colaboracións Especiais:
Javi Hombre, Dani Miniño, Ana Pérez Amor, Pichón Tabeiróns, José Tabeiróns, Peña MUXO BETI, Peña Os Rapantes

Ademáis de todos estes estableciementos comerciais e fanequeiras autorizadas, e de recibo ser agradecido, por tanto moitas gracias a:
Policia Nacional
Cáritas Parroquial de Ribeira

Colaboradores: 2011,2010,2009,2008

martes, 17 de julio de 2012

Cartel de actividades FESTA DA DORNA 2012

Por fin temos o cartel de actividades da LXIV Singladura da Festa da Dorna, ollo ás actividade previas, si estas que ferves podes pasarte polos múltiples concertos que haberá ao longo da semana organizados polas peñas e as fanequeiras autorizadas. A Festa da Dorna comeza o Venres 20 de Xullo é xa non queda nada, non vos olvidedes de apuntarvos aos xogos que requiren apuntamento previo:
-Certame Itinerante de Canción de Tasca: Apuntarse no Bar Plaza data limite Venres 20 de Xullo.
-Enjalanamento de Fanequeiras: Apuntarse no Bar Capri ou en Pepe's data limite Xoves 19 de Xullo.
-Facho Dorneiro: falar cos Serráns máis Marráns.
-Martasón: aparecer diante do Bar Castelao ás 20:30 para apuntarse, saída dende o García Bayón.

3 días para a FESTA DA DORNA Xa está a subir a marea!!!!!!!!!!





viernes, 13 de julio de 2012

Conclusións da Asamblea

     O pasado sabado 7 de Xullo de 2012 a tivo lugar a 4ª e derradeira asamblea de peñas de cara a celebracion da LXIV Sinjladura da Festa da Dorna, que como xa é ben sabido vaise a celebrar os días 20, 21, 22, 23 e 24, o 28 de Xullo celebrarase un ano máis o "Baile de Jala" no Circulo Mercantil, ao que poderá asistir todo o mundo que cumpla un único e imprescindible requisito, ir de jala como o nome do baile indica. Dende a R. e I. Cofradía da Dorna queremos aclarar que "Non é obligatorio asitir, para asistir é obligatorio ir de Gala".
Nesta asamblea, entre outras cousas, repartíronse os xogos e as actividades que se viñan facendo estos últimos anos, apuntaronse actividades novas, adxudicáronse os "chirinjitos dorneiros" e os turnos no "Juateque Dorneiro", neste última actividade agradeceríase algo máis de colaboración, todolos interesados sexan peñas ou a titulo persoal poñedevos en contacto coa Cofradía a vosa colaboración e imprescindible para facer a festa.Ademáis anotaronse outras 4 peñas novas que teran que pasar como cada ano o xa mítico "Exame de patrons" e anotaronse máis grupos locais para o "Rock&Dorna do pais".
     A esta asamblea acudiron un total de 87 dorneiros das peñas: Os mesillons mais cabrons, Carallos de Rei, Caracolas en Sirolas, Arria o Jallo, Vikinjos da Tomasa, Pintos joden Quintos, Rapante do Mercante, Cajaboi Island, Pescadillas con Ladillas, Ratos da Illa, Os Serrans mais Marrans, Tabeirons Caralludos, Peregrina, Muxo Beti, Pateiros Palangreiros, Cowboys, A Nasa, Las Cigalas del Koala, Estudias Traballas ou colles Naballas, Parrochas Papudas, As Pirañas van de Cañas, A Tuna Nejra, Sijala Raia, Comando Dorneiro, Cabuxos do Mar, As Llapras do Stop, As Navallas de Palmeira, Lenjuados Embriajados e Non quero ir ao mar.

Recordase a tódalas peñas que esta semana sairá o listado de establecimentos colaboradores e fanequeiras autorizadas (só son fanequeiras as que teñan o distintivo e aparezan neste listado), as peñas sin fanequeira poderán participar en tódolos xogos e só as fanequieras autorizadas poderán formar parte da Festa (Enjalanamento, Canción de Tasca, Charangas, Maratasón,...) moitas gracias a tódolos colaboradores.

As sudadeiras Dorneiras siguen á venta na tenda de deportes Podium Sport, situada na Rua de Lugo (detrás da Iglesia) e ainda podes conseguir a rifa dorneira (unha cea para dous no Restaurante Aljan pode ser vosa).

Este ano queremos promover o enjalanamento de Fachadas, a R. e I. Cofradía da Dorna leva moitos anos repartindo Bandeiras da Festa entre tódalas peñas colaboradoras e constanos que se reparten entre os peñeiros, así que facemos un chamamento para Saca a Túa Bandeira á Fiestra ou Balcon que se vexa que estamos en Festa e non nunha calquera estamos na FESTA DA DORNA.

Avante Sardiñeiro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Mi madriña que quedan 8 días....

miércoles, 4 de julio de 2012

Bases do Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor


JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR - 2012
BASES DE PARTISIPASIÓN:
Introdussión: Visto o exitaso que supuxo a edisión do ano pasado cos “tuneos” a carjo das peñas partisipantes, os orjanisadores recuncamos na idea e voltamos a pedirmos que maqueedes as vosas creasións coma mellor podades (xa sabemos que sabedes como faselo, pero con tanto “recorte” sejuro que non hai chícharos para jrandes obras de inxenería). A temática de este ano vai ser: AVIÓNS DE ÉPOCA (e con “época” referímonos a aqueles pioneiros que se atrevían con aparellos con menos enxeñería de voo ca que temos agora os dorneiros). Así que xa sabedes a botar unha ollada atrás e recrear aquela aviasión de primeiros do sijlo pasado (do 1900 en diante, para os que non terminaron o EGB) na que había bimotores, trialados, autogiros e artellos moi variados que pretendían levar ó home por ensima das nubes. E para os que se vos quede jrande esta temática, sempre podedes teclear en Joojle ou Yutube e de ahí sacades ideas, planos, e ata a pintura para o acabado.
O sistema de puntuasión que empregaremos será modificado respecto ó do ano pasado, porque ainda que paresa increible tivemos un empate (e que o tribunal é moi rariño e as matemáticas dánselle moi mal):
- APARELLO TUNEADO: Aqueles que teñan relasión cos AVIÓNS DE ÉPOCA poderán acadar ata 5 puntos, e os que non encaixen nin con cola na temática quedaránse como moito con 3 puntos..
- ESPECTACULARIDADE: Aquí voltamos a dar ata outros 5 puntos a aquelas peñas que manden a dorneiros con capasidade de poñer en práctica as dotes de comunicasión dos pilotos do SEPLA ca torre de control, valorarase tamén o vestuario, o peinado e a maquillaxe. (Ahí tedes a Patán e Pierre Nodoyuna co jlamour da época).
- LANSAMIENTO: Os tirabusóns, os triple mortais, os picados, e os voos rasantes, premiaranse con ata 5 puntos. Os que vos limitedes a caer á ajua aleteando coma jaliñas sen cabesa tamén poderedes consejilos pero teredes saltar máis lonxe ca os outros.
- SOBORNO: Por petisión popular, e polo interese do tribunal, este ano tamén puntuará o soborno ó tribunal, porque a ver qué vai ser deste pais sen un tribunal insobornable, incuestionable, e íntejro. Así que xa sabedes, hai que estirar o inxenio e discurrir aljo que vos poda reportar ata 5 puntos máis por encherlle o caldeiro ó tribunal. Eso sí, que non se enteren as comisións de investijasión que lojo tamén os hai que untar a eles.
Lembrade que estamos aquí para pasalo ben, que un puñetero trofeo non vos/nos amarje a festa.

martes, 3 de julio de 2012

Derradeira Asamblea de Peñas

O vindeiro Sabado 7 de Xullo no Salón de Actos da Casa do Mar ás 21:03 terá lugar a Cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara á Celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, alí pecharase o programa da Festa da Dorna 2012, xa que quedan todavía xogos sin confirmar as peñas organizadoras (así que asistide todos e todas) e ainda non está pechada toda a colaboración necesaria para as distintas actividades das que consta a Festa da Dorna 2012,  as peñas con ganas de poñer o seu gran de area para levar adiante a Festa da Dorna 2012, estades a tempo de facelo!!!
Nesta asamblea poderán apuntarse peñas novas, que non o fixeran xá ou si queredes rátificalo (non ten que ver con Rato o de Bankia) tamén podedes. Recordase que para ser unha peña oficial e condición indispensable, obligatorio de ves, pasar o Exame de Patróns.
Ademáis resolveranse todas as dúbidas sobre a pre-inscripción nos xogos que a precisan, un exemplos de esto son: Canción de Tasca, Enjalanamento de Fanequeiras, Facho Dorneiro,... algún máis seguro que hai. Por último recordade que xa están á venta as sudadeiras dorneiras en Podium Sport (agora na Rúa de Lugo) por só 14€. Que non falte ninguén pois tomarase lista.

Quedan 17 días e nos co barco sin facer!!!

sábado, 30 de junio de 2012

Sudadeiras Dorneiras 2012

Xa chega a moda veraniega, as sudadeiras dorneiras oficias da LXIV Singladura da Festa da Dorna sairán á venda con total seguridade o vindeiro luns 2 de Xullo na tenda Podium Sport (Ollo que agora esta detrás da Iglesia, na Rúa de Lugo) podedes ver o mapa seguinte coa ruta marcada para ir en coche dende a praza do concello. Si preferides ir andando, en liña recta entre os puntos A e B.
As sudadeiras dorneiras levan o diseño de Javier Fontaiña Falque da peña A Nasa, premio A Jata Ruín de la Praia da LXIV Singladura da Festa da Dorna. O precio será o mesmo do ano pasado 14€, co fin de poñer o noso gran de area a estes momentos de liñas de crédito. A organización solicita encarecidamente levar o importe exacto co fin de axilizar o trámite e evitar problemas de falta de cambio.
Este ano que esta de moda a fusión entre concellos, a Festa da Dorna ponse Nazarena, non o deixes para o último día merca xa a túa Sudadeira Dorneira!!!

A 20 días do inicio da LXIV Singladura da Festa da Dorna.

jueves, 14 de junio de 2012

Terceira Asamblea de Peñas Dorneiras

Este Sabado 16 de Xuño terá lugar a Terceira Asamblea de Peñas de cara á Celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. Estades tódolos peñeiros convidados a asistir en representación das vosas peñas ás 20:33h na CASA DO MAR (salón de actos debaixo do local dos Xubilados), como agardamos unha participación masiva cambiamos a un local de maior capacidade que a sede social, así que NON FALTES, tomarase lista!!!
O obxetivo principal de esta asamblea e falar das múltiples actividades e xogos dos que consta a Festa da Dorna, e esperase a colaboración de tódalas peñas na organización de actividades e xogos pois a festa facemola todas e todos. Como cada ano poden propoñerse novas actividades as cales tratarase de encaixar dentro do programa da festa. Ademáis alí podedes entregar as solicitudes para facervos socio ou socia da Cofradía da Dorna e tamén as actualización de datos dos asociados que tiveron problemas coas súas cuotas en anos anteriores.
Xa está a subir a marea, agárdase un tsunami dorneiro. AVANTE SARDIÑEIRO!!!

martes, 12 de junio de 2012

PONTE A ANDAR 2012 - Andaina en Cíes


Onte domingo tivo lugar a derradeira andaina do ciclo Ponte a Andar que pecha a temporada 2011-2012.

O éxito de participación foi rotundo en tódalas andainas organizadas pola Cofradía da Dorna, acadando unha media de andaríns de 60 persoas nas 5 convocatorias anteriores, pese a dureza de -por exemplo- a andaina dos Forcados.

Nesta derradeira andaina había inscritas 200 persoas que sairon do porto deportivo de Ribeira rumbo ás Illas Cíes, ainda que por mor do mal tempo unhas 60 persoas declinaron viaxar no último intre. Error, pois a climatoloxía respetou ós excursionistas facendo unha lixeira presencia durante escasos minutos, e tan benevolente foi que incluso permiteulles pegarse un baño na que contan é a praia máis bonita do mundo: a praia de Rodas.

Os andaríns disfrutaron da Lagoa dos Nenos, da subida ó Faro, e da Pedra da Campá na que os monitores en xornada de mañá leváronnos a coñecer eses enclaves do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Pola tarde e xa sen a tutela dos monitores, os andaríns que non optaron por desfrutar da praia de Rodas pudéronse achegar ata a praia de Figueiras, o Alto do Príncipe ou o Faro do Peito.

A xeira polas rías de Arousa, San Vicente, mar de Ons, e Costa do Vento (cas impresionantes vistas de Cabo Home) foi algo máis movida do que se podería esperar para un mes de xuño, pero pouca cousa para os aventureiros dorneiros acostumados a marearse noutras augas máis bravas.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Conclusións Segunda Asamblea

O pasado Sabado 19 de Maio tivo lugar a segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. No local da Cofradía reuníronse 32 peñeiros co fin de votar a man alzada tanto o premio Salvador Daquí (deseño do Cartel da Festa) do cal saíu gañador por segundo ano consecutivo Jesús Parada Miniño da Peña Carallos de Rei, como o premio A Jata Ruín de la Praia (deseño da Sudadeira Dorneira) do cal saíu gañador Javier Fontaiña Falque da peña A Nasa. Aquí temos os seus deseños, á esquerda o deseño para o cartel presentado por Jesús e debaixo o deseño da sudadeira presentado por Javier.
Os días da festa xa quedaran claros na primeira asamblea e as actividade principais van a ser o Venres 20 o Juateke Dorneiro, o Sabado 21 os Xogos de Terra o Domingo 22 o Jran Prix de Carrilanas, o Lunes 21 o Exame de Patróns e o Martes 24 de Xullo Día da Dorna TOP SECRET.
 
Por outro lado comentouse entre os asistentes que se fixo unha Rifa Dorneira donde se pode gañar unha cea no Gourmet de Aljan poseendo o boleto que coincida coas tres derradeiras cifras do sorteo da lotería naciona do Sábado 21 de Xullo de 2012. Podense adquirir as rifas por riveira a múltiples vendedores e na fanequeira A Taberna do Riaso. Por só 1€ podes ser ser o gañador ou gañadora dunha magnífica cea, xa sabes participa na Rifa Dorneira!!!
Por último repartironse impresos entre os asistentes para poder actulizar os seus datos como socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna ou facerse novos socios, xa que ser dorneiro acreditado e colaborar con todas as actividades da asociación. Estes impresos poderánse entregar na seguinte asamblea que terá lugar no mes de xuño, non o esquezades pois as cuotas pasaranse a semana seguinte á asamblea.
Non o deixes mais, Faite Socio!!!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras

O vindeiro Sabado 19 de Maio do 2012 terá lugar a Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, esta xuntanza terá lugar no local da Cofradía (soto do palco de pedra) ás 20:03 horas.
Os temas principais a tratar serán a presentación dos deseños para os premios: Salvador Daquí (deseño do cartel da Festa da Dorna) e A Jata Ruín de la Praia (deseño de sudadeiras dorneiras). Unha vez presentados todos procederase á votación a man alzada para cada un dos Premios.

Recordase a todos e todas que o máximo de cores permitidos para o deseño da sudadeira son 5 cores máis a cor da sudadeira (MALVA).

Por outro lado comentaranse as actividades principais que se celebrarán cada un dos días da LXIV Singladura da Festa da Dorna, e dende a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna animase a todos os peñeiros a facerse socios e formar parte da gran cantidade de actividades que organiza e coordina esta asociación como veñen sendo: O Ciclo de Andainas de Outono e Inverno que este ano contou con cinco saídas nos meses de Outubro, Novembro, Xaneiro, Febreiro e Marzo, tamén a R. e I. Cofradía da Dorna organiza a no mes de Maio a Carreira do Corgo que este ao chegou a sexta edición, cada ano publicase o día dos inocentes (28 de Decembro) La Vos de Jalisia, por cuarto ano consecutivo temos Andaina en Barco este ano voltamos a Cíes o 10 de Xuño e ademáis de todo esto temos a Festa da Dorna facendo o 24 de Xullo o 64º aniversario da botadura da Dorna Virxe do Carme.

Por todo esto e por que e baratísimo (10€ o ano por 10 meses de actividades) faite socio da R e I Cofradía da Dorna!!!

Si xa eres socio e hai tempo que non se che pasa a cuota ou nunca destes o nº de conta, actualiza os teús datos e volvete a subir á Dorna.

Tanto para facelo por primeira vez como para actualizarte cubre o seguinte formulario nun editor de texto e evianos o arquivo a real-e-ilustre@cofradiadadorna.com, tamén podes remitilo ao Aptd de Correo 16 de Ribeira CP:15960 ou entregalo nesta ou na asamblea de xuño tamén podes recoller estos boletíns nesta asamblea. Que nada te impida ser Dorneiro Acreditado.

___________________________________________________________________________________
 
Datos  Peroais/Datos Personales:
·         Nome/Nombre:……………………..
·         Apelidos/Apellidos:……………….
·         DNI:…………………………………………
·         Peña:……………………………………….
·         Son socio: (SI/NON)………    
·          Nº Socio:……….
·         Enderezo/Dirección:……………….
·         CP:…………………………………………..
·         Teléfonos de contacto:……………
·         Correo-e:………………………………..
Autorización Bancaria:
Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………..
Enderezo da oficina:…………………………………………………………..
Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,
Nº de conta:     ____-____-__-__________

Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………..
Dirección de la oficina:…………………………………………………………..
Ruego  que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,
Nº de cuenta:     ____-____-__-__________
Para que así conste asino/firmo:



____________________________________________________________________________________

lunes, 14 de mayo de 2012

Ponte a Andar 2012: ILLAS CÍES


Como xa ven sendo habitual, dende a R. e I. Cofradía da Dorna, organizamos para o vindeiro 10 de xuño a derradeira das andainas do programa PONTE A ANDAR 2011-2012 que se desenrola entre a nosa asociación e o Concello de Riveira.

Este ano imos ir ás Illas Cíes, e xa temos abertas as incricións (200 plazas), que podedes formalizar dende a web dorneira: www.cofradiadadorna.com e pedirvos que leades antes as normas que regulan a actividade.

lunes, 7 de mayo de 2012

Clasificacións e Galería de imaxes da Carreira do Corgo


Xa temos as clasificacións definitivas da VI Carreira do Corgo-Corrubedo que o pasado sábado día 5 a Cofradía da Dorna organizou no lugar de Teira. Podedes consultalas dende a web www.cofradiadadorna.com na que figura a clasificación por PARELLAS e tamén a clasificación INDIVIDUAL.

E tampouco podía faltar a galería de imaxes que deixan para a lembranza os momentos únicos que viven os corredores nesta carreira.

Destacar a participación dos 155 corredores que tomaron a saida, e sobre todo a das máis de 40 persoas implicadas na organización que velaron metro a metro (literalmente) que todo saira segundo o acordado. Grazas a tod@s el@s sen os que non sería posible levar a cabo semellante singladura.

viernes, 4 de mayo de 2012

VI Carreira do Corgo - Corrubedo



Outra edición máis da Carreira do Corgo que a Real e Ilustre Cofradía da Dorna vai levar a cabo mañán a partir das 17.30 h. no lugar de Teira - Corrubedo. Para esta edición son 177 os corredores inscritos que participarán dos 9.300 m. do percorrido no que se ten garantizado -sobre todo- moita auga, area da praia de Espiñeirido, e a inevitable subida a Monte Facho.

Con algo máis de tres kilómetros de novo trazado, por terreos que en edicións anteriores non se pisaran, a bó seguro que os participantes disfrutarán non só da dureza dunha das carreiras campo a través máis emblemáticas de Galicia, senon tamén dunha paisaxe incomparable, que combina campo e costa nun entorno sen igual.

Conclusións Primeira Asamblea

 O pasado Sabado 28 de Abril celebrouse a Primeira Asamblea de Peñas de cara á celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, ano no que se celebrará o 25 aniversario das Peñas Dorneiras
Como tema principal presentaronse os días dos que constará a Festa neste ano 2012 que voltará a constar de 5 días seguidos comezando o Venres 20 de Xullo e rematando o Martes 24 de Xullo. O Baile de Gala celebrarase o Sabado 28 de Xullo. Toca ir quentando motores.

Como segundo tema da orde do día foi a votación pola cor da Sudadeira Dorneira desta Singladura. A votación realizouse a man alzada entre os 23 peñeiros que asistiron en representación de 14 peñas dorneiras, saíndo como cor máis votada a cor MALVA, con 16 votos a favor de 23 posibles. Así que xa o sabedes esta singladura lévase o MALVA.

Agora que xa temos a cor falta o deseño así que dende o Sabado 20 queda aberto o prazo para a participación nos concursos Premio Salvador Daquí (Diseño do Cartel) e Premio A Jata Ruín de la Praia (Diseño de Sudadeira) da LXIV Singladura da Festa da Dorna, o último día para a presentación dos diseños será na seguinte asamblea que en principio está prevista para o Sabado 19 de Maio, no obstante non deixes de leernos  pois confirmarase aquí a data, hora e lugar da Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras. Non reprimas o téu talento, esta singladura pode sera túa, participa nos Premios Dorneiros!!!.

IMPORTANTE. En canto á normativa dos premios e imprescindible ter en conta que os deseños das sudadeiras terán un máximo de 5 tintas (cores diferentes) máis o  MALVA da Sudadeira. Pódense presentar máis de un diseño por persoa e participar en ambos concursos, débese traer impreso para mostralo na asamblea e si se dispón de formato dixital agradécese moito de cara á futura impresión pero esto tratarase co gañador ou gañadora.Calquera dúbida contactade coa R. e I. Cofradía da Dorna: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

As peñas participantes na Primeira Asamblea de Peñas foron:

Ratos da Illa
Muxo Beti
Arria o Jallo
Caja Boy
Calamar do miramar
Pintos joden Quintos
Tabeirons Caralludos
As Javotas van jopas
Me aplaude la almejita
Rapante do Mercante
Nasa
Jato Peixes
Cabuxos
Carallos de Rei


Comeza a subir a marea, AVANTE SARDIÑEIRO!!!

lunes, 23 de abril de 2012

Primeira Asamblea de Peñas Dorneiras


O vindeiro Sabado 28 de Abril de 2012, ás 20:32 no local da Cofradía (soto do Palco de Pedra do Malecon Ribeirense), terá lugar a primeira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, nesta asamblea trataranse temas de grande interés como é a elección da cor da Sudadeiras Dorneiras e comunicaranse os días dos que constará a Festa da Dorna 2012 entre outras cousas. Si non queres que cho conten, asiste á asamblea.

Esperamoste!!! Tomarase lista.


viernes, 20 de abril de 2012

Festa da Dorna 2011

Non era sin tempo, pero neste caso máis vale chegar tarde que non facelo. Antes de comezar a contar que nos espera na LXIV Singladura imos voltar a vista atrás e comezaremos falando da Festa da Dorna 2011 a cal foi dunha intensidade das que non se recordaban, foron cinco días de tralla seguidos e o baile de Gala que nunca desmerece.
A festa iniciouse o Mércores 20 de Xullo co Facho Dorneiro coma nos últimos anos, sin tempo para comer xa tiñan que estar enjalanados as Fanequeiras pois dende as 15:00 o incorruptible xurado dorneiro adicouse a visitar todas as Fanequeiras apuntadas, mentres  ao mesmo tempo no García Bayón estabase cocendo o Rockandorna do País e a churrascada dorneira, alí unha chea de grupos locais (8 ferrados, De fé Kaos, Generación Perdida, Basura de la Buena (antigos compoñentes de os Sosios), Entrelíneas e Talón de Aquiles) fixeron as delicias dos peñeiros animando ao persoal durante unhas 6 horas de música e churrasco. Por si isto era pouco celebrouse o Maratasón donde os máis rapidos en facer as múltiples e inverosímiles probas que discurren os Carallos de Rei pasan á fase final celebrada durante a Romería Dorneira.
Tras este día tan extresante chegou o Xoves 21 cos Xogos de Mar, todolos peñeiros deronse cita no peirao Ribeirense  para participar nunha morea de xogos donde podes pescar o muxo radiactivo, isa-la kandorca, achicalo peirao, saltar dende o paredón ou tratar de coller o parrulo entre outros... Despoís de todo isto chegou o Jran Premio Ícaro de Voo se Motor para o cal peregrinamos de forma ordeada e respetuosa polo porto de Ribeira, co fin de ver os mellores aparellos voadores que pode ofrecer a enxeñería dorneira. Tras isto todos á homenaxe polo dorneiro histórico Daniel Fandiño, donde se descubríu unha placa no seu recordo na Tasca do Barbanza. En poucos instantes iniciouse o exame de Patróns donde os Cajabois Island prepararon unha chea de probas e personaxes para examinar as 14 peñas novas de esta LXIII Singladura. Ao rematar o exame e sin tempo para mollar o peteiro chegou The Covers para levantar ás masas durante máis de 3 horas e media de concerto que deixou deslomados ata os máis aguerridos dorneiros; ainda así, cando parecía que rematara a xornada chegou a Charanga A Tuna Nejra para darlle ritmo a última hora.
O Venres 22 que xa estabamos feitos a este ritmo trepidante veu o mais jordo, iniciouse o día co Jran Prix de Carrilanas (concentración no malecón, subida en procesión e descenso da costa da Mamoa ata o concello) organizado polos Arría o Jallo. Sin tempo máis que para gardar a carrilana ou o que quedara dela, todos collemos ruta cara a Praia de Coroso xa que alí nos agardaba o Juateke Dorneiro amenizado polo DJ Rits e unha noite de leria que sempre ten historia.
Xá de mañán unha vez recollido o Juateke había que apurar a plantar a orella, pois xa viñan en camiño os Xojos de Terra no Coroso Arena, chegamos ao Sabado 23 e unha chea de xogos populares e dorneiros estaban agardando pola marea dorneira. Unha morea de peñas implicadas organizaron cada un deles facendo desfrutar a participantes e espectadores, cando ainda non remataran os xogos xa tiñamos que estar nas fanequeiras coas jarjantas aclaradas para deixar os nosos mellores jorjoritos na Ruta da Canción de Tasca "a ver si este ano cheagamos á final". Coma sempre cumplindo o horario chegamos todos a praza da igrexa e "alegrámonos" moitísimo polos gañadores de cada ruta que subiron ao máis alto das escaleiras para chegar a ser a peña gañadora do Certame Itinerante da Canción de Tasca, todo isto organizado polos Tabeiróns Caralludos. Tras esto chegou a Charanga O'Santiaguiño para levarnos de ruta e animar todolos recunchos donde houbese unha fanequeira.
Chegou o día, todos en pe que xa é 24 de Xullo, o Día da Dorna, rapido a coller o barco que xa están todos no Malecón. Con todas as embarcacións espostas no malecón facendo as delicias da morea de xente que se achega a ver as xenialidades que ano tras ano se reinventan nesta festa, arrancou o coche da dorna iniciando o desfile que amenizou a charanga Os Jalochos ata o campo de regatas, praia de Coroso, alí os máis intrepidos ou intrepidas de cada peña fixeron todo o posible por gañar a velocidade ou manterse a flote, a la cada un. Tras isto todos e todas a encher o bandullo á Romería Dorneira donde se repartiron de gratis empanadas, pizzas e roscas, para recuperar forzas antes do Campionato mundial de chinchimonei, final do maratasón e concurso de Ji-Jo pelea de jallos entre outras actividades. Sin tempo a pasar pola casa fomos a fume de carozo para o Top Secret donde se repartiron as bandeiras desta singladura a tódalas peñas colaboradoras. O desfile foi amenizado polos Kilomberos de MonteAlto e Os Jalochos, e o Top Secret, agora xa se pode dicir, foi o Códice Calixtino, tanto buscar por él e mira onde estaba. Tras percorrer as rúas mais grandes da cidade centenaria chegamos ao concerto fin de festa donde Miguel Costas nos fixo vibrar con todos os seus imnos durante case dúas horas e rematando con todos a coro cantando Miña Terra Galega. Tras isto chegou Ruxe-Ruxe facendo saltar e bailar a toda a marea dorneira con outras dúas horas de festa intensa. Neste momento chegaron os músicos dorneiros, presentados por toda a directiva da Cofradía da Dorna, para tocar e cantar todos xuntos o Imno da Dorna.

O Sabado 30 de Xullo celebrouse o tradicional Baile de Gala da Dorna donde todos e todas acudimos como manda a tradición, ataviados coas nosas mellores galas e alí faisenos entrega da Flor Natural. Este ano causou furor o recen estreado fotocol dorneiro e os abanicos ata donde chegaron, o evento celebrouse no Circulo Mercatil e foi amenizado polo grandioso dúo Yesterdey que xa saben como vai e non defraudan. Durante o Baile da Dorna faise entrega dos Premios da Cofradía da Dorna, un deles premia a unha peña e outro a un dorneiro histórico recoñecendo a súa colaboración persoal. O primeiro este ano recaeu na histórica e incombustible peña Os Ratos da Illa pola súa colaboración dende os seus inicios que ainda continúa e por moitos anos. O segundo galardon da Cofradía entregase a un dorneiro que fixo moito pola festa e pola asociación, así este ano recaeu nun dorneiro que leva toda a vida implicado coa festa, como peñeiro e como membro da Cofradía da Dorna da cal foi directivo e sigue sendo colaborador: Ina Touzón. O maior recoñecimento que otorga a R. e I. Cofradía da Dorna recaeu este ano nun histórico dorneiro sempre implicado na Festa e na Cofradía da Dorna, asociación da cal foi directivo durante moitos anos e chegou a presidila, hoxe en día continúa a colaborar: Jose Pazó, Poutada de Ouro da LXIII Singladura da Festa da Dorna.

sábado, 21 de enero de 2012

Ponte a Andar 2012: FERVENZA DA MADALENA

Xa están aquí as andainas do programa PONTE A ANDAR que a Cofradía da Dorna organiza conxuntamente co Concello de Ribeira.


Para este domingo 29 (ás 10.00 h.) temos programada unha visita á espectacular FERVENZA DA MADALENA en San Pedro de Ribasieira (Porto do Son). O percorrido é -coma sempre- espectacular e o destino ten unha maxia que só a terra galega pode ofrecer ós sendeiristas: carballos, castaños, prados, montes, e a caida en vertical dunha fervenza das máis bonitas e descoñecidas de Galicia (a foto do cartel está tomada alí).


O percorrido catalogámolo de dificultade media para que un par de rampas non pillen de sorpresa a ninguén.


Tedes toda a información sobre o percorrido, horarios, e mapas ca saida na web da dorna: www.cofradiadadorna.com



miércoles, 4 de enero de 2012

Asamblea Xeral Extraordinaria de Socios da Cofradía da Dorna

Este Sábado 7 de Xaneiro de 2012 no local da asociación (Baixos do Palco de Pedra) sito no Malecón de Ribeira ás 20.30 horas terá lugar unha Asamblea Xeral Extraordinaria de Socios da Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Alí trataranse os seguintes puntos da orde do día:
  1. Lectura das Candidaturas presentadas.
  2. Votación a man alzada das candidaturas validadas
  3. Nomeamento dos cargos da nova directiva.
  4. Inicio da lexislatura 2012 e 2013.

Todos os dorneiros e dorneiras acreditados estades todos convidados á exercer o voso dereito ao voto e coñecer de primeira man á nova directiva da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.
 
 
Ainda estas a tempo de presentar a túa candidatura ata o Venres 6 de Xaneiro ás 23:59. Verifica que se cumplen os requisitos en data e forma de presentación das citadas candidaturas: deben presentarse vía email ao correo oficial da cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e deben estar compostas no mínimo por Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e 5 Vocais todos eles socios da R. e I. Cofradía da Dorna coas contas ao día. Só se admitiran candidaturas dentro do prazo anteriormente sinalado.