sábado, 21 de enero de 2012

Ponte a Andar 2012: FERVENZA DA MADALENA

Xa están aquí as andainas do programa PONTE A ANDAR que a Cofradía da Dorna organiza conxuntamente co Concello de Ribeira.


Para este domingo 29 (ás 10.00 h.) temos programada unha visita á espectacular FERVENZA DA MADALENA en San Pedro de Ribasieira (Porto do Son). O percorrido é -coma sempre- espectacular e o destino ten unha maxia que só a terra galega pode ofrecer ós sendeiristas: carballos, castaños, prados, montes, e a caida en vertical dunha fervenza das máis bonitas e descoñecidas de Galicia (a foto do cartel está tomada alí).


O percorrido catalogámolo de dificultade media para que un par de rampas non pillen de sorpresa a ninguén.


Tedes toda a información sobre o percorrido, horarios, e mapas ca saida na web da dorna: www.cofradiadadorna.com



miércoles, 4 de enero de 2012

Asamblea Xeral Extraordinaria de Socios da Cofradía da Dorna

Este Sábado 7 de Xaneiro de 2012 no local da asociación (Baixos do Palco de Pedra) sito no Malecón de Ribeira ás 20.30 horas terá lugar unha Asamblea Xeral Extraordinaria de Socios da Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Alí trataranse os seguintes puntos da orde do día:
  1. Lectura das Candidaturas presentadas.
  2. Votación a man alzada das candidaturas validadas
  3. Nomeamento dos cargos da nova directiva.
  4. Inicio da lexislatura 2012 e 2013.

Todos os dorneiros e dorneiras acreditados estades todos convidados á exercer o voso dereito ao voto e coñecer de primeira man á nova directiva da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.
 
 
Ainda estas a tempo de presentar a túa candidatura ata o Venres 6 de Xaneiro ás 23:59. Verifica que se cumplen os requisitos en data e forma de presentación das citadas candidaturas: deben presentarse vía email ao correo oficial da cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e deben estar compostas no mínimo por Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e 5 Vocais todos eles socios da R. e I. Cofradía da Dorna coas contas ao día. Só se admitiran candidaturas dentro do prazo anteriormente sinalado.