lunes, 23 de abril de 2012

Primeira Asamblea de Peñas Dorneiras


O vindeiro Sabado 28 de Abril de 2012, ás 20:32 no local da Cofradía (soto do Palco de Pedra do Malecon Ribeirense), terá lugar a primeira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, nesta asamblea trataranse temas de grande interés como é a elección da cor da Sudadeiras Dorneiras e comunicaranse os días dos que constará a Festa da Dorna 2012 entre outras cousas. Si non queres que cho conten, asiste á asamblea.

Esperamoste!!! Tomarase lista.


viernes, 20 de abril de 2012

Festa da Dorna 2011

Non era sin tempo, pero neste caso máis vale chegar tarde que non facelo. Antes de comezar a contar que nos espera na LXIV Singladura imos voltar a vista atrás e comezaremos falando da Festa da Dorna 2011 a cal foi dunha intensidade das que non se recordaban, foron cinco días de tralla seguidos e o baile de Gala que nunca desmerece.
A festa iniciouse o Mércores 20 de Xullo co Facho Dorneiro coma nos últimos anos, sin tempo para comer xa tiñan que estar enjalanados as Fanequeiras pois dende as 15:00 o incorruptible xurado dorneiro adicouse a visitar todas as Fanequeiras apuntadas, mentres  ao mesmo tempo no García Bayón estabase cocendo o Rockandorna do País e a churrascada dorneira, alí unha chea de grupos locais (8 ferrados, De fé Kaos, Generación Perdida, Basura de la Buena (antigos compoñentes de os Sosios), Entrelíneas e Talón de Aquiles) fixeron as delicias dos peñeiros animando ao persoal durante unhas 6 horas de música e churrasco. Por si isto era pouco celebrouse o Maratasón donde os máis rapidos en facer as múltiples e inverosímiles probas que discurren os Carallos de Rei pasan á fase final celebrada durante a Romería Dorneira.
Tras este día tan extresante chegou o Xoves 21 cos Xogos de Mar, todolos peñeiros deronse cita no peirao Ribeirense  para participar nunha morea de xogos donde podes pescar o muxo radiactivo, isa-la kandorca, achicalo peirao, saltar dende o paredón ou tratar de coller o parrulo entre outros... Despoís de todo isto chegou o Jran Premio Ícaro de Voo se Motor para o cal peregrinamos de forma ordeada e respetuosa polo porto de Ribeira, co fin de ver os mellores aparellos voadores que pode ofrecer a enxeñería dorneira. Tras isto todos á homenaxe polo dorneiro histórico Daniel Fandiño, donde se descubríu unha placa no seu recordo na Tasca do Barbanza. En poucos instantes iniciouse o exame de Patróns donde os Cajabois Island prepararon unha chea de probas e personaxes para examinar as 14 peñas novas de esta LXIII Singladura. Ao rematar o exame e sin tempo para mollar o peteiro chegou The Covers para levantar ás masas durante máis de 3 horas e media de concerto que deixou deslomados ata os máis aguerridos dorneiros; ainda así, cando parecía que rematara a xornada chegou a Charanga A Tuna Nejra para darlle ritmo a última hora.
O Venres 22 que xa estabamos feitos a este ritmo trepidante veu o mais jordo, iniciouse o día co Jran Prix de Carrilanas (concentración no malecón, subida en procesión e descenso da costa da Mamoa ata o concello) organizado polos Arría o Jallo. Sin tempo máis que para gardar a carrilana ou o que quedara dela, todos collemos ruta cara a Praia de Coroso xa que alí nos agardaba o Juateke Dorneiro amenizado polo DJ Rits e unha noite de leria que sempre ten historia.
Xá de mañán unha vez recollido o Juateke había que apurar a plantar a orella, pois xa viñan en camiño os Xojos de Terra no Coroso Arena, chegamos ao Sabado 23 e unha chea de xogos populares e dorneiros estaban agardando pola marea dorneira. Unha morea de peñas implicadas organizaron cada un deles facendo desfrutar a participantes e espectadores, cando ainda non remataran os xogos xa tiñamos que estar nas fanequeiras coas jarjantas aclaradas para deixar os nosos mellores jorjoritos na Ruta da Canción de Tasca "a ver si este ano cheagamos á final". Coma sempre cumplindo o horario chegamos todos a praza da igrexa e "alegrámonos" moitísimo polos gañadores de cada ruta que subiron ao máis alto das escaleiras para chegar a ser a peña gañadora do Certame Itinerante da Canción de Tasca, todo isto organizado polos Tabeiróns Caralludos. Tras esto chegou a Charanga O'Santiaguiño para levarnos de ruta e animar todolos recunchos donde houbese unha fanequeira.
Chegou o día, todos en pe que xa é 24 de Xullo, o Día da Dorna, rapido a coller o barco que xa están todos no Malecón. Con todas as embarcacións espostas no malecón facendo as delicias da morea de xente que se achega a ver as xenialidades que ano tras ano se reinventan nesta festa, arrancou o coche da dorna iniciando o desfile que amenizou a charanga Os Jalochos ata o campo de regatas, praia de Coroso, alí os máis intrepidos ou intrepidas de cada peña fixeron todo o posible por gañar a velocidade ou manterse a flote, a la cada un. Tras isto todos e todas a encher o bandullo á Romería Dorneira donde se repartiron de gratis empanadas, pizzas e roscas, para recuperar forzas antes do Campionato mundial de chinchimonei, final do maratasón e concurso de Ji-Jo pelea de jallos entre outras actividades. Sin tempo a pasar pola casa fomos a fume de carozo para o Top Secret donde se repartiron as bandeiras desta singladura a tódalas peñas colaboradoras. O desfile foi amenizado polos Kilomberos de MonteAlto e Os Jalochos, e o Top Secret, agora xa se pode dicir, foi o Códice Calixtino, tanto buscar por él e mira onde estaba. Tras percorrer as rúas mais grandes da cidade centenaria chegamos ao concerto fin de festa donde Miguel Costas nos fixo vibrar con todos os seus imnos durante case dúas horas e rematando con todos a coro cantando Miña Terra Galega. Tras isto chegou Ruxe-Ruxe facendo saltar e bailar a toda a marea dorneira con outras dúas horas de festa intensa. Neste momento chegaron os músicos dorneiros, presentados por toda a directiva da Cofradía da Dorna, para tocar e cantar todos xuntos o Imno da Dorna.

O Sabado 30 de Xullo celebrouse o tradicional Baile de Gala da Dorna donde todos e todas acudimos como manda a tradición, ataviados coas nosas mellores galas e alí faisenos entrega da Flor Natural. Este ano causou furor o recen estreado fotocol dorneiro e os abanicos ata donde chegaron, o evento celebrouse no Circulo Mercatil e foi amenizado polo grandioso dúo Yesterdey que xa saben como vai e non defraudan. Durante o Baile da Dorna faise entrega dos Premios da Cofradía da Dorna, un deles premia a unha peña e outro a un dorneiro histórico recoñecendo a súa colaboración persoal. O primeiro este ano recaeu na histórica e incombustible peña Os Ratos da Illa pola súa colaboración dende os seus inicios que ainda continúa e por moitos anos. O segundo galardon da Cofradía entregase a un dorneiro que fixo moito pola festa e pola asociación, así este ano recaeu nun dorneiro que leva toda a vida implicado coa festa, como peñeiro e como membro da Cofradía da Dorna da cal foi directivo e sigue sendo colaborador: Ina Touzón. O maior recoñecimento que otorga a R. e I. Cofradía da Dorna recaeu este ano nun histórico dorneiro sempre implicado na Festa e na Cofradía da Dorna, asociación da cal foi directivo durante moitos anos e chegou a presidila, hoxe en día continúa a colaborar: Jose Pazó, Poutada de Ouro da LXIII Singladura da Festa da Dorna.