sábado, 30 de junio de 2012

Sudadeiras Dorneiras 2012

Xa chega a moda veraniega, as sudadeiras dorneiras oficias da LXIV Singladura da Festa da Dorna sairán á venda con total seguridade o vindeiro luns 2 de Xullo na tenda Podium Sport (Ollo que agora esta detrás da Iglesia, na Rúa de Lugo) podedes ver o mapa seguinte coa ruta marcada para ir en coche dende a praza do concello. Si preferides ir andando, en liña recta entre os puntos A e B.
As sudadeiras dorneiras levan o diseño de Javier Fontaiña Falque da peña A Nasa, premio A Jata Ruín de la Praia da LXIV Singladura da Festa da Dorna. O precio será o mesmo do ano pasado 14€, co fin de poñer o noso gran de area a estes momentos de liñas de crédito. A organización solicita encarecidamente levar o importe exacto co fin de axilizar o trámite e evitar problemas de falta de cambio.
Este ano que esta de moda a fusión entre concellos, a Festa da Dorna ponse Nazarena, non o deixes para o último día merca xa a túa Sudadeira Dorneira!!!

A 20 días do inicio da LXIV Singladura da Festa da Dorna.

jueves, 14 de junio de 2012

Terceira Asamblea de Peñas Dorneiras

Este Sabado 16 de Xuño terá lugar a Terceira Asamblea de Peñas de cara á Celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. Estades tódolos peñeiros convidados a asistir en representación das vosas peñas ás 20:33h na CASA DO MAR (salón de actos debaixo do local dos Xubilados), como agardamos unha participación masiva cambiamos a un local de maior capacidade que a sede social, así que NON FALTES, tomarase lista!!!
O obxetivo principal de esta asamblea e falar das múltiples actividades e xogos dos que consta a Festa da Dorna, e esperase a colaboración de tódalas peñas na organización de actividades e xogos pois a festa facemola todas e todos. Como cada ano poden propoñerse novas actividades as cales tratarase de encaixar dentro do programa da festa. Ademáis alí podedes entregar as solicitudes para facervos socio ou socia da Cofradía da Dorna e tamén as actualización de datos dos asociados que tiveron problemas coas súas cuotas en anos anteriores.
Xa está a subir a marea, agárdase un tsunami dorneiro. AVANTE SARDIÑEIRO!!!

martes, 12 de junio de 2012

PONTE A ANDAR 2012 - Andaina en Cíes


Onte domingo tivo lugar a derradeira andaina do ciclo Ponte a Andar que pecha a temporada 2011-2012.

O éxito de participación foi rotundo en tódalas andainas organizadas pola Cofradía da Dorna, acadando unha media de andaríns de 60 persoas nas 5 convocatorias anteriores, pese a dureza de -por exemplo- a andaina dos Forcados.

Nesta derradeira andaina había inscritas 200 persoas que sairon do porto deportivo de Ribeira rumbo ás Illas Cíes, ainda que por mor do mal tempo unhas 60 persoas declinaron viaxar no último intre. Error, pois a climatoloxía respetou ós excursionistas facendo unha lixeira presencia durante escasos minutos, e tan benevolente foi que incluso permiteulles pegarse un baño na que contan é a praia máis bonita do mundo: a praia de Rodas.

Os andaríns disfrutaron da Lagoa dos Nenos, da subida ó Faro, e da Pedra da Campá na que os monitores en xornada de mañá leváronnos a coñecer eses enclaves do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Pola tarde e xa sen a tutela dos monitores, os andaríns que non optaron por desfrutar da praia de Rodas pudéronse achegar ata a praia de Figueiras, o Alto do Príncipe ou o Faro do Peito.

A xeira polas rías de Arousa, San Vicente, mar de Ons, e Costa do Vento (cas impresionantes vistas de Cabo Home) foi algo máis movida do que se podería esperar para un mes de xuño, pero pouca cousa para os aventureiros dorneiros acostumados a marearse noutras augas máis bravas.