sábado, 29 de junio de 2013

Primeiro día da I Liguilla Benefica de Peñas Dorneiras

Hoxe perto de 250 peñeiros subiron o campo sintético da Fieiteira para pasar unha boa tarde xogando ao futbol entre peñas e facendo unha boa labor doando comida para a Cruz Bermellla.

Aquí van os resultados e como quedaron as distintas peñas:




Mañan máis non deixes de vir o campo esperamoste dende as 16:00, puntalidade dorneira.


viernes, 28 de junio de 2013

Primeira Liga Benefica de Futbol entre Peñas Dorneiras

Este Sábado 29 de Xuño de 2013 todos o campo sintético da Fieiteira dende as 16:15 teremos futbol entre peñas, I Liga de Futbol Benéfica entre Peñas Dorneiras, organizada pola Asoc Cult R. e I. Cofradía da Dorna, primeiras rondas a futbol 7, dous partidos á vez e rondas finais a futbol 11 para non perder detalle.

Non esquezas traer os teus 2Kg de alimentos non perecederos tanto si ves a xogar como si ves a animar, si te olvidas deberás aboar 2€ para invertir en comida e entregarlle o maior lote posible o Banco de Alimentos da Cruz Bermella.

Coma sempre hai que ser agradecidos, sin vos non sería posible:
-Salvora CF
-Asamblea de Peñas
-Concello de Ribeira



A continuación deixamos a distribución por grupos, os horarios é as bases do torneo:




































Comezamos co Sábado:
 O Domingo continúa o espectaculo deportivo:
Hai que ter normas así que todos a cumplilas:
REGLAMENTO TORNEO PEÑAS DORNEIRAS


NÚMERO DE XOGADORES

  • Poderan anotar os equipos a tódalas persoas que o desexen.
  • Cambios ilimitados (Tipo Fútbol sala). Tan só deberán entrar e sair os xogador@s polo centro do campo.


NORMAS DO XOGO

DURACIÓN DOS PARTIDOS:

  • FASE DE GRUPOS: 15 MINUTOS POR PARTE, DESCANSO DE 5 MINUTOS. FÚTBOL 7
  • CUARTOS: 20 MINUTOS POR PARTE, DESCANSO DE 5 MINUTOS. FÚTBOL 7
  • SEMIFINAIS: 20 MINUTOS POR PARTE, DESCANSO 5 MINUTOS. FÚTBOL 11
  • FINAL: 20 MINUTOS POR PARTE, DESCANSO 5 MINUTOS. FÚTBOL 11

CLASIFICACIÓN E PENALTIS:

·         CLASIFICARANSE PARA CUARTOS OS DOUS PRIMEIROS DE CADA GRUPO.

·         CRITERIOS DE CLASIFICACIÓN PRIMEIRA ROLDA, CASO EMPATE A PUNTOS:

1.      DIFERENCIA DE GOLES TOTAL DA ROLDA.
2.      MAIOR NÚMERO DE GOLES OBTIDOS NA ROLDA.
3.      MENOR NÚMERO DE GOLES ENCAIXADOS NA ROLDA.
4.      PARA EVITAR UN SORTEO O FINAL DE CADA PARTIDO LANZARASE UNHA TANDA DE PENALTIS DE UN LANZAMENTO ATA QUE UN EQUIPO FALLE E O VENCEDOR SUMARÁ UN PUNTO PARA O CASO DE EMPATE A PUNTOS
5.      SE CON TODO ESTO PERSISTISE O EMPATE REALIZARÍASE UN SORTEO.

·         CRITERIOS DE DESEMPATE EN CUARTOS, SEMIFINAIS E FINAL:

1.      RONDA DE TRES PENALTIS POR EQUIPO.
2.      RONDA DE UN PENALTI POR EQUIPO ATA QUE UN DOS DOUS FALLE.
o   Nota: Os lanzadores sólo poderán repetir cando teñan lanzado todos os componentes do equipo.


PUNTUACIÓN CAMPIONATO:

·         PARTIDO GAÑADO: 3 PUNTOS.

·         PARTIDO EMPATADO: 1 PUNTO.

·         PARTIDO PERDIDO: 0 PUNTOS.

miércoles, 19 de junio de 2013

O Salvora CF volta a colaborar coa Dorna

O Salvora CF vai axudar coa súa experiencia á Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna a organizar o Torneo Benéfico de Futbol entre Peñas que tera lugar o derradeiro fin de semana de Xuño, Sábado 29. Os beneficios serán destinadas o Banco de Alimentos da Cruz Bermella, xa que tanto os xogadores como o público deberán aboar 2 Kg de alimentos non perecederos ou no seu defecto 2€.
 
Xa hai unha ducia de peñas inscritas, non esperes máis e apuntate no correo: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

Voltando á colaboración do Salvora CF que xa durante a tempada dedicou a taquilla dun partido a colaborar coa Festa da Dorna volta a colaboar coa R. e I. Cofradía da Dorna unha vez rematada a temapada. Cabe recordar que este Domingo 23 de Xuño ás 18:00 xogan polo ascenso e chega o momento de facer piña, únete e fai da Fieiteira unha Caldeira.
  

Todos co Salvora CF a polo ascenso!!!!!

jueves, 13 de junio de 2013

Conclusións Terceira Asamblea de Peñas

O Sábado 1 de Xuño de 2013, ás 20:01 horas, na Casa do Mar de Ribeira tivo lugar a Terceira Asamblea de Peñas de cara á celebración da LXV Singladura da Festa da Dorna, unha asamblea mermada de asistentes pola coincidencia co final da liga de futbol. 
Os 20 peñeiros alí presentes debatiron principalmente sobre os xogos dorneiros, os Tabeiróns Caralludos comentaron as primeiras novas das bases que están a preparar para o Certame Itinerante de Canción de Tasca, donde xa non estará permitido participar con instrumentos eléctricos, nin levar cds ou similares con fin de seguir mantendo o espiritu das cancións de tasca.

Os Berberechos Asasinos viñeron con varias propostas e este ano vanse facer cargo do retorno da Carreira de Dornas a Remo (falamos de dornas de verdade non feitas a machada) esta Carreira terá lugar o día do Baile de Gala, Sábado 27 de Xullo, polo día, na seguinte asamblea comentarán máis sobre o tema. Por outro lado propuxeron que todas as peñas voluntariamente colaborasen coa cofradía cunha parte simbólica dos séus presupostos, esta idea xa a trouxeron fai dúas singladuras os Muxo Beti, coa súa idea de facer peñas socias, esta peña leva colaborando económicamente dende entonces e á cal se uniron Os Rapantes o ano pasado. Dende a R. e I. Cofradía da Dorna agradecese calquera colcaboración voluntaria e todas sairán reflejadas no Caderno de Bitácora como colaboracións especiáis.
Ademáis de isto as peñas asistentes soliciaron á R. e I. Cofradía da Dorna  a desaparición dos indultos nos xogos dorneiros, esto ven debido ao indulto do magnífico avión das Caracolas en Xirolas no Voo sen motor do ano pasado, dende a Cofradía entendese o xesto do indulto pero rogase que non existan esas diferencias e que se asuma que todas as construccións dorneiras teñen como obxetivo participar e eso pode implicar que non sobrevivan a cada singladura.
Tras isto fixose un repaso polos diversos xogos dorneiros preguntando si as peñas que os organizaban querían continuar, as peñas presentes confirmaron os seús xogos, no obstante quedaron moitos abertos para a seguinte asamblea debido a falta de representación de numerosas peñas colaboradores. Esperase pechar a citada colaboración na Cuarta e derradeira asamblea de peñas, dende a R. e I. Cofradía da Dorna invitase a asistir a todolos peñeiros e sobre todo a colaborar para que todas as actividades poidan continuar e si pode ser engadir algunha máis.
Nesta asamblea apuntaronse dúas peñas novas: Os Meljachos van de Capachos e As Luras andan duras.

Xa fora da Festa da Dorna en si, recolleronse varios formularios para facerse socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna, agora só se poderán entregar vía mail: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com ata o 15 de Xuño de 2013, xa que as cuotas se pasarán o Luns 17 de Xuño.

Por último varias peñas se inscribiron no Torneo Benéfico de Futbol entre Peñas, non o deixedes para mañán apuntadevos xa en real-e-ilustre@cofradiadadorna.com os equipos poderán ser mixtos, primeiras rondas xogaranse a futbol 7 e a final a futbol 11. O torneo é a beneficio do Banco de Alimentos da Cruz Bermella polo cal todos os xogadores/as e o público deberan aboar 2Kilos de alimentos non perecederos ou 2€ que serán gastados en alimentos.
Que non se quede fora a túa peña!!!

As peñas asistentes á terceira asamblea foron:
-Cabuxos do Mar
-Lenjuados Envriajados
-Pescadillas con ladillas
-Feitos Polvo
-As Truchas chuchan chuchas
-Berberechos Asasinos
-Os Pintos joden Quintos
-Tabeiróns Caralludos
-Me aplaude la almejita
-Caracolas en Xirolas
-Muxo Beti
-Arría o Jallo
-Carallos de Rei