sábado, 17 de agosto de 2013

Remata a LXV Singladura da Festa da Dorna


O pasado Sábado 10 de Agosto de 2013 celebrouse a xornada da Festa da Dorna aplazada con ánimo de respetar o luto oficial decretado pola Xunta de Galicia por mor do tráxico accidente ferroviario acontecido en Santiago. Esta xornada contou co retorno á Festa da Dorna da Regata de Dornas a Remo que inicialmente cada peña tiña que levar a súa dorna e finalmente tornou en mangas cronometradas de ida e volta con virada en boia, pese o grande día de praia contou coa participación de seis peñas dorneiras. Os gañadores foron Arría o Jallo cun tempo de 4:45 superando en 2 segundos a Estudias traballas ou colles navallas, seguidos do combo mixto que fixeron Carallos de Rei e Sija la Raia con 6:28, Berberechos Asasino con mais de 7 minutos e Os Rapantes con mais de 11minutos, Os Rapes estaban presentes pero decidiron non participar no último momento. Todas as peñas remaron coa dorna Jalerna pertenecente á R. e I. Cofradía da Dorna.

Pola noite tivo lugar o Baile de Gala da Festa da Dorna, este ano amenizado polos ribeirenses Dúo La Noria e celebrado no Circulo Mercantil de Ribeira, alí como é tradición fixose entrega da "flor natural da Festa da Dorna" a todolos asistentes ou ata donde se chegou debido á gran afluencia de dorneiros/as de Gala que asistiron ao baile superando con creces as expectativas que tiña a Cofradía e demostrando que é unha actividade en alza dentro da Festa da Dorna. As flores foron realizadas pola peña Sija la Raia e houbo colaboración na porta, das peñas Arría o Jallo e Os pintos Joden quintos, ademáis de diversos dorneiros a título persoal. A R. e I. Cofradía da Dorna quere agradecer que a inmensa maioría da xente colaborase co Baile é asistise de Gala, co cal evitaronse numerosos conflictos na porta e axudando así á exitosa celebradicón do Baile da Dorna.
O momento cumbre do Baile foi o anuncio do máximo distintivo da Festa da Dorna, que foi otorgado a unha dorneira que levata toda unha vida colaborando coa Festa da Dorna e coa R. e I. Cofradía da Dorna, formando parte durante numerosos anos dos equipos directivos, organizando xogos dende o inicio das peñas e continúa facendoo hoxe en día e sobre todo por ese traballo na sombra que pouca xente ve pero que é imprescindible para que todo esto siga adiante, Modesta López da peña Cajaboy Island Poutada de Ouro 2013.
Por outro lado houbo un recoñecimento para un dorneiro histórico que leva moitos anos traballando pola Festa da Dorna, aconsellando nas contratacións e resolvendo problemas dende a sombra, ademáis nos últimos anos fixose cargo de organizar coa súa peña o Rockandorna do País, por todo isto Diego Lou da peña Marea Nejra é Dorneiro Ilustre no ano 2013.
Por último tamén se deu un recoñecimento a unha peña que leva entorno 20 anos formando parte da Festa da Dorna, colaborando dende entonces na organización de xogos, e participando en todas as actividades da Festa e tamén nas que que organiza a Cofradía durante o ano, hoxe en día e por moito tempo continúan a ser unha peña activa na Festa da Dorna e manteñen os seus xogos: Carreira de Sacos e Carreira de Carretillas, por todo isto As Pescadillas con Ladillas son Peña Ilustre no ano 2013.

Con isto rematou oficialmente a LXV Singladura da Festa da Dorna e comenzan os preparativos da LXVI Singladura.


Atentos dorneir@s próxima actividade confirmada da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna, Cea-Baile Benéfica da R. e I. Cofradía da Dorna o Sábado 9 de Novembro
Ide reservando a data!!!!!!!

viernes, 9 de agosto de 2013

PREMIOS RIFA DORNEIRA


O pasado Sábado 27 de Xullo tivo lugar o Sorteo da Lotería Nacional donde sairon os números da Rifa Dorneira de este ano. Así que si tes a rifa co número 3750 gañaches unha Camiseta da Selección Española asinada por Vicente del Bosque, e si tes o número 4256 gañaches unha Cea para dous no Restaurante Aljan, en calquera dos caso ponte en contacto coa Asoc Cult R. e I. Cofradía da Dorna, no email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com, no Baile de Gala ou pásate polo local este Sábado pola mñan de 12:00 a 13:30 para recoller o teu premio.
Si non tes ningún destes números está claro que non tes premio pero de todas formas moitas gracias o toda a xente que mercou algunha rifa co cal colaborou a financiar a LXV Singladura da Festa da Dorna

jueves, 8 de agosto de 2013

Volta a Festa da Dorna

Este Sábado 10 de Agosto de 2013 dende as 17:01 volta a Festa da Dorna, pola tardiña teremos o retorno dunha actividade clásica como é a Regata de Dornas a Remo donde os peñeir@s mais curtid@s demostraran a súa maña bogando dentro da darsena da peirao ribeirense (non se trata do bar Peirao que despois hai despistes), esta actividade será organizada polos Berberechos Asasinos que son os impulsores do retorno desta actividade tan tradicional á Festa da Dorna.
 
Trala regata todos a cambiarse e poñerse as súas mellores galas (deixate aconsellar por mamá) para asistir ao Baile de Gala da Festa da Dorna, que voltará a celebrarse no Círculo Mercantil de Ribeira dende as 23:32 e estará amenizado polo dúo ribeirense La Noria. Alí farase entrega da Flor natural que este ano realizaou a peña Sija la Raia e contarase coa participación de varias peñas na porta para axudar a controlar o acceso ao baile tal e como se acordou nas asambleas de peñas. 
Ademáis como cada ano entregaránse os premios a dorneiros ilustres, peña ilustre e sobre todo o máximo distintivo da R. e I. Cofradía da Dorna a Poutada de Ouro que cada ano se entrega a unha persoa que fixo moitísimo pola festa e pola propia Cofradía da Dorna.
Por último esperase respeto por esta actividade e como xa se comentou en innumerables asambleas, en tódolos carteis e ademáis é unha tradición histórica desta primeira actividade da Festa da Dorna dende o 1948, é requisito imprescindible vestir de gala para acceder ao Baile, con esto tamén se quere aclarar que vestidos de praia, changletas, tenis, calzado deportivo, camisetas, polos, vaqueros, pantalóns cortos e similares non é gala. Evita discusión innecesarias só asiste ao Baile si vas de gala.

Si eres socio da R. e I. Cofradía da Dorna, recibiches a túa cuota e todavía non viñeches a recoller o teu carnet poderás facelo este mismo Sábado 10 de Agosto de 12:00 a 13:30 no local da R. e I. Cofradía da Dorna, palco de pedra. Esperámoste!!!!