miércoles, 3 de junio de 2009

Convocados para o sábado

Xa o sabedes o sábado esperámosvos a todos no Conservatorio á hora de sempre (mais ou menos).

Non faltedes!!!!

domingo, 31 de mayo de 2009

A Festa da Dorna 2004 na rede

Dende hoxe todos podemos disfrutar da galeria de fotos dorneiras do ano 2004. Que faciamos ese ano?? Perto de 500 novas fotografias, da LVI Singladura da Festa da Dorna, refrescaranos a memoria, quen non recorda estas imaxes:



Foi o ano do retorno con forza do Baile de Jala, mais de gala ano a ano



Nesta selección a podense ver imaxes da maioria das actividades que compoñen a festa, e ante todo queremos agradecer a todos os dorneiros que desinteresadamente nos ceden estas imaxes e gracias a isto podemos manter esta iniciativa.
Moitas Gracias a todos/as!!! con xente así temos dorna para outros 60 anos.



Recordase que as fotos aqui mostradas, mais as que conforman a galeria foron cedidas por dorneiros e con esta iniciativa non pretendemos ofender a ninguén, así que si alguén se sinte ofendido por algunha fotografia que mande un email a noticias_dorneiras@hotmail.com indicando a razon e o número da imaxe para que podamos proceder á sua retirada.

domingo, 24 de mayo de 2009

Crónica da Andaina na Illa de Ons

O día presentouse pouco amigable, pero tras negociar in extremis co home do tempo acordouse que non iba a chover en todo o día, e as partes cumpliron o pactado (a Cofradía tívolle que pajar 100 Eurasos senon non ablandaba, e amenasaba con mandar tronada).

Saimos con puntualidade inglesa do porto de Ribeira: 149 ocupantes dos 150 inscritos, algún desertor de última hora que tivo medo ó vento do nordés.

Nada máis sair do porto os toniños achegáronse a despedirnos ós costados do Delfín Primero (así se chamaba o barco que nos levou a Ons) facendo sorrir ós nenos, e disparar as cámaras de fotos ós pais. A bo seguro un recordo inesquecible para moitos dos tantos que nos trouxemos hoxe de alí.

Para facer mais amena a xeira, o capitán Carlos permiteu ós nenos que iban a bordo facerse cos mandos da nave nun motín amigable, e que voltou a deixar unha pegada imborrable nas lembranzas dos mais cativos.

Aproveitouse por parte da Cofradía da Dorna, en colaboración con Nautica A Poutada, entregarlle un obsequio a Pachicho (Francisco Reiriz Sampedro) pola voluntaria, desinteresada e sempre benvida colaboración que ofreceu, ofrece e sabemos que ofrecerá ainda que non se lle pida.

Chegada á hora prevista a Illa e tra-las pertinentes indicacións enfilamos cara ó mirador de Fedorentos, cunhas vistas impresionantes da illa de Onza e das Cies.

Rumbo para o Burato do Inferno, no que se fixeron grupos de 20-30 persoas para extrema-la seguridade, ainda que se ralentizara a visita. Logo de alí, un agradable paseo pola cara oeste da illa, hacia o Faro. Paisaxe impresonante nun medio natural digno de ser visitado e conservado coma se merece.

Logo do reagrupamento, descanso e fotos no faro puxemos rumbo a punta Centolo, sen poder completar a ruta ata o mirador pois as aves están en época de cría e non procedía continuar (ainda que por si se nos esquecera unha bandada de gaivotas fíxonos a acordante), un pouco desilusionados por non poder completar o percorrido, pero a ledicia de atopar tan chea de vida aquela zona.Baixada á praia de Melide ca súa espectacular area blanca e augas cristalinas, para nun curto paseo chegar de novo á aldea a hora prevista (14.00 h.) xusto para botar mans ó bocata e dar boa conta del.Tarde libre para voltar sobre as pegadas a visitar aquelo que mais nos gustou ou tirarnos na area a durmi-la sesta pois a climatoloxía deu tregua e ata algúns atrevidos pegáronse un baño.

Ás 18.00 h. partíamos de novo da Illa de Ons iniciar de novo unha xeira mais movida e mais divertida gracias ó mar de fondo que se levantou. Sen incidentes, con algún mareo, e moitos e moi bos recordos chegamos á hora prevista ó porto de Ribeira.

Punto e aparte ó programa de andainas Ponte a Andar que con tanto éxito desenrolou a Cofradía da Dorna ó longo do 4º trimestre do 2008 e o 1º do 2009, poñendo a guinda con esta visita á Illa de Ons.

Volverán mais andainas e mais actividades, pero agora o que toca é a LXI Singladura da Festa da Dorna.

Tódalas fotos en: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/AndainaIllaDeOns2009#

viernes, 15 de mayo de 2009

Andaina da Illa Ons - Saida do barco


Xa temos confirmado o lugar dónde nos vai coller o barco que nos levará á Illa de Ons o vindeiro día 24: no Porto Deportivo, fora das instalacións do Clube Nautico.

Hai espacio de sobra donde aparcar os coches, e o sitio está perfectamendicado para os que veñen de fora de Ribeira.

Por si acaso ahí vos queda esa vista aerea indicando o lugar exacto.

lunes, 11 de mayo de 2009

Conclusions da Iª Asamblea de Peñas Dorneiras

O pasado sabado 9 de Maio de 2009 celebrouse a Iª Asamblea de Peñas Dorneiras da LXI Singladura da Festa da Dorna, á cal asistiron 12 peñas. Entre estas apuntouse para o exame a primeira peña nova, como deben facer os interesados nas seguintes asambleas.

Comentaronse os dias do mes de xullo nos que se ten pensado que teña lugar a Festa da Dorna de este 2009, que serían: 17,18,19,22,23,24 co baile de gala o día 25.

Votouse a cor das "sudaderas dorneiras" para este ano, sendo elixida a cor verde. Desde este día queda aberto o plazo para a presentacion dos debuxos para carteis e sudaderas o cal remata na próxima asamblea de peñas que tera lugar a principios de Xuño.

Comentouse a intención por parte da R. e I. Cofradía da Dorna de suministrar o equipo para facer un maraton de concertos de grupos locais, o dia 22 de xullo, e que os interesados en participar se poñan en contacto coa directiva.

Duas peñas que estan de 5ºaniversario comentaron a posibilidade de celebralo con algún acto durante a festa.

Tamben falouse dos videos dorneiros no exame de patrons, solicitando que se poñan mais, chegando a conclusion de que se precisa mais colaboracion á hora de facelos para conseguilo.

Outros temas foron que a asociacion Amicos puxose en contacto coa cofradia para ofertar o seu centro de impresion e repartiuse folletos explicativos entre os presentes, e que comenzou a segunda fase de votacions para escoller as 7 mellores festas de españa, na paxina web: www.7mejores.es animando ós peñeiros a votar pola Festa da Dorna situada a dia de hoxe no 8º lugar.

Sin mais emplazouse a todos os dorneiros para a próxima asamblea, a fecha da cal sera publicada con anterioridade neste blog, na asamblea de peñas e con carteis pola cidade.

martes, 5 de mayo de 2009

1ª Asamblea de Peñas LXI Sinjladura da Festa da Dorna

A R. e I. Cofradía da Dorna informa de que o vindeiro Sabado 9 de Maio terá lugar as 21:01 horas no salón de actos do Conservatorio Municipal a Iª Asemblea de Peñas Dorneiras para preparar a LXI Sinjladura da Festa da Dorna, á que están convocados todos os peñeiros e peñeiras asi coma os patróns de cada peña.

Nesta Iª Asamblea trataranse distintos puntos de relevante importancia, como a posta en coñecemento a todolos asistentes das datas na que se celebraré esta Festa da Dorna 2009, a elección do color da sudadeira, e a apertura do plazo para presentar os deseños para o cartel e a sudadeira. Asimesmo tamen se daran a coñecer os logros acadados pola Festa na votación para ser escollida entre as 7 mellores festas de España e algúns outros puntos de interese común polo que facemos un chamamento para que asista a maior cantidade de peñeiros posible xa que ¡¡¡vos sodes os que facedes a festa!!!

viernes, 24 de abril de 2009

Ponte a Andar: ILLA DE ONS


O ciclo de andainas PONTE A ANDAR que comenzamos a levar a cabo último trimestre do 2008 e o primeiro do 2009, ponlle a guinda cunha andaina moi especial: ILLA DE ONS.

Tedes mais información na web oficial da Cofradía da Dorna: www.cofradiadadorna.com

domingo, 19 de abril de 2009

Éxito da III Carreira do Corgo

Con casi 160 participantes que foron quen de rematar o duro recorrido do que dan conta as imaxes que xa podedes ver na nosa galería.

Os corredores resaltaron un ano mais a beleza da paisaxe, e a dureza da carreira, acompañada do bo facer da organización a cal non sería posible sin a axuda duns comprometidos dorneiros, da xente que organiza a Carreira da Guía (ollo, que a cita é o vindeiro día 17 de maio), as xentes do C.R. de Artes, os "curmáns" de Altofalante (que non fai falla pedirlles unha mán, sempre botan as dúas), o Concello de Ribeira e ós veciños de Teira que nos acollen cada ano cos brazos abertos, e este ano agasalláronnos poñéndose toda a mañán diante dos fogóns para ter listos o churrasco, as sardiñas (obsequio de Conxelados Coyomar), e as empanadas das que demos conta ó remata-la carreira ó son da gaita e da pandereta.

Moita satisfación entre os participantes cos agasallos de roupa deportiva (cortesía de Nautica A Poutada), e a noite de aloxamento gratuito para dúas persoas (na Casa de Turismo Rural A Teixoeira), que se sortearon ó rematar de entregar os trofeos os concelleiros (Vidal Tomé, Pereira, e Gago) que xunto co alcalde (Torres Colomer) e o parlamentario (Ruiz Rivas) repartiron entre os gañadores das distintas categorías.

Para os mais curiosos e afeccioados aquí quedan os resultados e clasificacións por categorías desta exitosa edición da Carreira do Corgo.

jueves, 16 de abril de 2009

Un ano de Noticias Dorneiras

Este pasado Martes 14 de Abril, cumpliuse un ano de que comenzamos con esta iniciativa para tervos informados de todo o que rodea á Festa da Dorna e das actividades que promove a Cofradía da Dorna dunha forma mais dinámica. Pouco despois apareceron as galerias de fotos e o foro, que non tivo éxito mais segue aberto por si alguén se anima. Proximamente saira a galeria do 2004 para celebrar o aniversario.

En todos estos meses sempre houbo algo que contar e agora chega a recta final de cara á festa, así que estade atentos!!!!.

lunes, 13 de abril de 2009

Participa na Carreira do Corgo

Estamos nos últimos días para anotarse e participar na 3ª Carreira do Corgo que organizamos dende a Cofradía da Dorna, e que está integrada no Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira, xunto con outras tres carreiras máis e suculentos premios en metálico e obsequios só por rematar as catro carreiras (sí, rematar, non fai falla acabar entre os primeiros postos).

O circuito inaugúrase ca Carreira do Corgo, unha das máis bonitas das catro e incluso das mellores de Galicia. E da súa dureza xa falan os demais.
Vémonos o domingo ás 11.00 h. da mañán na saida en Teira; e logo ás 13.00 h. repondremos forzas cas empanadas, sardiñas, churrascada, cervexa e viño, ó son dos gaiteiros.
Máis información e inscripcións na carreira en: www.cofradiadadorna.com