martes, 9 de febrero de 2010

Cancelada Murga Dorneira 2010

A R. e I. Cofradía da Dorna na reunión celebrada o pasado sabado 30 de Xaneiro de 2010, decidíu non participar no festival de Murgas e Comparsas do ano 2010.  Os motivos principais foron a falta de tempo e personal para organizar tanto unha murga como unha comparsa en condicións para representar a esta entidade.

viernes, 29 de enero de 2010

Ultima Hora Murga 2010

Mañan, sabado 30 de Xaneiro as 21:01, celebrarase no local* da cofradía unha reunión da xente interesada en participar na Murga Dorneira 2010. 
Si non te apuntastes durante a semana, aquí tes a derradeira oportunidade para facelo, todos os interesados e interesadas deben aparecer a hora sinalada no local*.

*O local está sito fronte á Farmacia de Sanmamed, mais en concreto fronte o Banco Santander.

lunes, 25 de enero de 2010

J. Carlos Iglesias Martinez - D.E.P.




Na fala en que máis se dixo adeus
na lingua en que o xoglar cantou amigo
 
Carlos,
sempre

viernes, 22 de enero de 2010

Murga Dorneira 2010

Dende a A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna estase a preparar unha murga para estos carnavais, sería o Domingo 14 de Febreiro. Se tes ganas de participar, ou si tes unha idea tanto de canción como de disfraz e gustaríate materializala, non o dudes ponte en contacto: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

Todos os dorneiros e dorneiras estades invitados a participar.
Data limite para apuntarse, Xoves 28 de Xaneiro do 2010.

jueves, 14 de enero de 2010

Nova Xunta Directiva da R. e I. Cofradía da Dorna

O pasado sabado 9 de Xaneiro de 2010 foi elixida a nova xunta directiva da A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna, esta xunta terá unha vixencia de dous anos e esta composta por:  Arturo González Mariño, Mª del Carmen Pérez Lopez, Mª José Millán Martinez, Fernando Quintela Lens, Francisco Xabier Martínez Sanlés, Jacob Moraña Cabo, Susana Abelleira Gago, Benjamín Moraña Cabo, Carlos Ben Otero, Jorge Pérez Otero, Francisco Javier Gómez González, Sara Sevilla Iglesias, Encarna Gago Pérez, Eduardo Iglesias Sampedro, Gustavo Llovo Otero, Juan Borja Parada Pego, Jorge Martínez Torres, José Luís Suárez-Puerta Colomer.
A votación celebrouse no local da cofradía por votación a man alzada e contando con 20 socios asistentes, o resultado foi de 18 votos a favor e 2 abstencións.

jueves, 7 de enero de 2010

Asamblea Xeral Extraordinaria - Eleccións xunta directiva

O próximo sábado 9 de Xaneiro do 2010, no local social ás 20:30, terá lugar unha Asamblea Xeral Extraordinaria da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Tendo como puntos da orde do día:
  • Lectura da acta anterior.
  • Lectura de candidaturas presentadas
  • Eleccións de presidente e xunta directiva.
Dende a R. e I. Cofradía da Dorna anímase a participación de todos os socios activos e recordase que o próximo venres 8 de Xaneiro as 23:59 é a data límite para a presentación de candidaturas.

lunes, 28 de diciembre de 2009

La Vos de Jalisia 2009



Non podía faltar. Xa está aquí o noso particular resumo do ano 2009 e que se está distribuindo en papel pola centenaria.
Queremos poñer unha sonrisa, e aljunha carcajada nestes días tan cheos de bos desexos, felisidades, atracóns e aljunha intoxicasión etílica. Máis que nada para sair da monotonía.
Felises festas e que esto se lea como o que é o o que significa o día de hoxe.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Asamblea Xeral Ordinaria 2009

ACTA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL
“R. e I. Cofradía da Dorna”



Hoxe as 21:00 horas do 19 de Decembro de 2009, reunese en segunda convocatoria, no local da cofradía, a asamblea xeral ordinaria presidida por Francisco Xabier Martínez Sanlés. A orde do día consta dos seguintes puntos:
  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Balance da Festa da Dorna 2009, LX Singladura.
  3. Presentación e aprobación de contas.
  4. Declaración do fin da presente lexislatura, anos 2008 e 2009.
  5. Apertura de un prazo para a presentación de candidaturas e normativa das mesmas.
Os puntos 1º e 3º foron aprobados por unanimidade polos 13 socios aistentes, tamén fíxose un balance positivo da festa do 2009.

Abriuse como prazo de presentación de novas candidaturas dende o día de hoxe hasta o vindeiro 8 de Xaneiro do 2010 as 23:59. Convocando a súa vez unha Asamblea Xeral Extraordinaria para o día 9 de Xaneiro do 2010 as 20:30 horas no local da cofradía, tendo como único punto da orde do día a elección da nova xunta directiva de entre as candidaturas presentadas.

Todas as candidaturas deberán estar formadas no mínimo por un Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e un mínimo de 5 vocais todos eles socios da A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna coas súas cuotas ao día. Estas candidaturas enviaranse ao email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com antes da data e hora sinalada anteriormente.

Emprazase a todos os socios a asistir á asamblea para exercer o seu dereito ao voto, mais teñen dereito a ser representados por outro socio presentando unha autorización formal asinada indicando quen os representa.

Non habendo mais asuntos que tratar levantase a sesión e extendese a presente acta as 22:00 do 19 de Decembro do 2009.

domingo, 6 de diciembre de 2009

Xa o temos: Altofalante 2009

Xa está, xa o temos, o Altofalante 2009 xa e noso, e non só eso senon que tamén e de "propina" fixeron á Cofradía da Dorna socia de honra da asociación cultural Altofalante. Como dixo o presi neste video 

"estamos que non collemos no cacho", e non é para menos porque logo de 61 anos implicados na orjanisasión e selebrasión da Festa da Dorna, ademais dun sinfín de actos, actividades, iniciativas, publicacións, e un largo etc, é a primeira ves que públicamente se lle recoñece á Cofradía da Dorna esa labor.




Por parte da Cofradía e como mostra de agradecemento e cariño hacia Altofalante asistiron ó acto numerosos membros da directiva actual e ata tres expresidentes quixeron acompañalos e sumarse á festa na que rematou a sena, porque non faltaron as gaitas nin o ino dorneiro que sonou no restaurante e polas rúas e bares que nos deron acollida.



Toda unha selebrasión á altura do recoñecemento.

Dende onte e por moitos anos a Real e Ilustre Cofradía da Dorna ten unha débeda impagable cos irmáns de Altofalante.

lunes, 16 de noviembre de 2009

Altofalante do ano 2009

A nosa asociación irmán Altofalante, tivo a ben outogar á Cofradía da Dorna o premio Altofalante do Ano.

Aquí queda a acta na que se reflicte o nomeamento e que nos fixeron chegar para facernos partícipes de tan singular distinción da que dende a Cofradía da Dorna sentímonos orgullosos de recibir.

A verdade e que nos cae a baba, con tan ben que nos poñen, ata nos vamos a creer que o meresemos de verdá.


Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.                                   En Ribeira a 30 de Outubro de 2009 

A xunta directive da A.C. Altofalante, reunida en sesión ordinaria en Ribeira acorda:

Conceder o Altofalante do ano 2009 á Real e Ilustre Cofradía da Dorna polas seguintes razóns:
  • Levan dende o ano 1948 dinamizando a sociedade ribeirense cunha proposta cultural –lúdico –festiva das máis orixinais do país.
  • A actividade máis sonada, a Festa da Dorna, mobiliza todos os anos a miles de ribeirenses e ribeirensas implicándoos/as na súa organización.
  • O uso que fan da lingua, un galego con rasgos característicos do bloque occidental, área fisterrá, subárea do Tambre (con gheada e seseo) contribúe ao uso do galego polas capas máis mozas da sociedade.
  • A labor de recuperación e mantemento cultural no ámbito das embarcacións tradicionais, nomeadamente as dornas.
  • Dinamización cultural de Ribeira coa creación de escolas de música e vela.
  • Polas fazañas literarias como o  Grande e Enciclopedico Dissionario de Vocablos Perdidos así como as aportacións xornalisticas no xornal de mais tirade do pais: A Vos de Jalisia.
  • Por todo o sentimento de Ribeirismo que aporta a Cofradía da Dorna a identidade colectiva do noso concello.  
Así pois coa  ironía, a imaxinación xunguida de amizade e a camaraderia fan que os dorneiros de todo o mundo vivan e participen, para envexa dos mortais, do ceo na terra. 

O espíritu crítico, a capacidade imaxinativa e a implicación da sociedade ribeirense coa Festa da Dorna que organiza a Cofradía  fan que Altofalante conceda o premio Altofalante do ano 2009 á Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

A entrega do premio farase efectiva no transcurso dunha cea o sábado 5 de decembro en Ribeira onde a R e I Cofradía da Dorna será nomeada “ socio de honra” da Asociacion Cultural Altofalante.

A Asociación Cultural Altofalante  fará público o fallo deste premio o dia 13 de Novembro, Dia da Dignidade de Galiza.

                                                                       Xosé Antonio Vázquez Cobas
                                                                        Presidente da A.C.Altofalante.
www.altofalante.org