lunes, 31 de mayo de 2010

2ª Asamblea de Peñas Dorneiras- Xa temos cartel e sudadeiras!!!!

O pasado sabado 29 de Maio de 2010 tivo lugar a segunda asamblea de peñas da LXII Singladura da Festa da Dorna. Contando cunha asistencia de 45 peñeiros en representación de 25 peñas dorneiras, 7 das cales son peñas novas que deberán pasar o exame de patróns.

O primeiro punto a tratar foi a presentación das actividades principais dos distintos días da Festa da Dorna 2010. O Venres 16 de Xullo terá lugar o engalanamento de fanequeiras e o Juateke dorneiro, o sábado 17 de Xullo celebraranse os xogos populares versión de terra e o certame itinerante de canción de tasca, o domingo 18 as carrilanas, o xoves 22 maratasón e rockandorna, o venres 23 os xogos populares versión mar, o jran premio icaro de voo sen motor e o exame de patróns, o sábado 24 a regata de enbarcacións feitas a machada e propulsadas a pan de millo, romería dorneira e Top Secret. Ademáis o sábado 31 de Xullo celebrarase o tradicional Baile de Jala no cal vestir de gala e obligatorio preservando así a tradición coa que se iniciou a nosa Festa.

O segundo tema da asamblea foi a elección dos diseños tanto de carteis como de sudadeiras dorneiras, a votación produciuse a man alzada. No apartado de sudadeiras o gañador foi Andres da peña Parrochas Papudas tras unha votación reñida con 15 votos a favor por 13 do segundo clasificado, Andrés volta a gañar as sudadeiras despois ser o autor do deseño da anterior singladura.
No apartado de carteis o gañador foi Xavi Seco da peña Tabeirons Caralludos con 29 votos frente a 7 do seguinte. Xavi todo un clasico nos diseños dorneiros, moitas das sudadeiras e carteis das distintas edicións sairon de este dorneiro, o mais proximo foi na LX singladura cando se levou cartel e sudadeira.




















Xavi Seco-Tabeirons Caralludos                                              Andres-Parrochas Papudas

Nesta asamblea a directiva da R. e I. Cofradía da Dorna presentou o proxecto de actualización de socios dorneiros, co que se pretende que os socios actualicen os seus datos persoais e actulizar os arquivos de socios á par que os mesmos panfletos sirven para facerse novos socios.

Todos os asistentes quedaron citados para a terceira asamblea de peñas que terá lugar o próximo 19 de Xuño, a hora e lugar serán confirmados tanto neste blog  www.noticiasdorneiras.blogspot.com como por carteis en diversos establecimentos comerciais e de hostelería de ribeira.

As peñas participantes nesta asamblea foron:
  • Ratos da Illa
  • Muxo Beti.
  • Carallos de Rei
  • Tabeirons Caralludos
  • Cajaboi Island
  • Arría o Jallo
  • Comando Dorneiro
  • As Javotas van Jopas
  • Mexillons + Cabróns
  • Pateiros Palangreiros
  • Persebes Epilepticos
  • Parrochas Papudas
  • A Tuna Nejra
  • Os Serrans mais Marrans
  • Derape mental
  • O Rapante do Mercante
  • Mexillóns con toxina, non se come coxina
  • Kirie Eleison
  • e sete novas peñas...

Ponte a Andar 2010 - Illas Cíes

No día de onte (domingo, 30 de maio) tivo lugar unha nova andaina encadrada dentro do programa Ponte a Andar que a Cofradía da Dorna ven desenrolando conxuntamente co Concello de Riveira. Nesta ocasión o destino foi a Illa de Monteagudo do archipiélago das Cíes, e dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

200 persoas participaron desta andaina que se inscribiran un mes antes na web da Cofradía da Dorna, e puderon apreciar a beleza desta illa en particular xa que a andaina permiteu coñecer tódolos recunchos do terreo: faro de Cíes, pedra da campá, alto do príncipe, e faro do peito.

Xa está a primeira colección de imaxes no noso álbume: http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras/IllasCies2010#

jueves, 20 de mayo de 2010

2ª Asamblea de peñas dorneiras

O vindeiro Sabado 29 de Maio de 2010 terá lugar a 2ª Asamblea de Peñas de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna. Esta asamblea celebrarase no conservatorio municipal (antes Casa da Cultura) ás 20:07:43 en punto. Si sodes máis analóxicos tedes carteis por Ribeira.

Coa convacotoria de esta asamblea queda tamén fixada no mesmo día a data final de presentación dos diseño de cartel, sudadeira e chapas. Como indicación procurade non poñer demasiadas cores no diseño da sudadeira, si xa o tedes xa o amañaremos, o ideal serían 4 ou 5 e aprobeitar a cor da sudadeira (Azul Marino). Ademáis un mesmo diseño poderase presentar a todas as categorías.

A votación para escoller os diseños será un dos principais temas desta asamblea, presentaranse tamén as actividades principais dos distintos días da festa entre outros temas. Poderes coller follas para facervo socios ou actulizar os vosos datos si xa o sodes, tamén se recolleran si xa as imprimistedes.


Non faltedes!!! Tomarase lista.

domingo, 16 de mayo de 2010

Actualización de Socios Cofradía da Dorna

Dende hoxe e hasta mediados de xuño a R. e I. Cofradía da Dorna inicia un proceso de actulización de datos dos seus socios. Actualizate enviando a solicitude ou entregandoa na próxima asamblea de peñas; procura que se reciba antes do 12 de Xuño para estar actualizdo de cara á Dorna 2010.

Si ainda non es socio esto tamen te interesa pois podes enviar a mesma solicitude para facerte socio novo e así colaborar na conservación da cofradía e todas as súas actividades, a Festa da Dorna, a conservación das Dornas, a Carreira do Corgo, as Andainas… ademáis recibirás información de primeira man e poderás participar na Escola de Vela para socios.

Non o olvides antes do 12 de Xuño. Colabora coa túa festa!!!!


Copia a seguinte información nun arquivo de texto e envía o ficheiro por email (Real-e-ilustre@cofradíadadorna.com) ou por correo postal  (Apartado de Correos 16 de Ribeira, A Coruña, CP:15960).
____________________________________________________________________

Datos Peroais/Datos Personales:
  • Nome/Nombre:………………….
  • Apelidos/Apellidos:………………
  • DNI:…………………………….
  • Peña:……………………………
  • Socio: (SI/NON)………..............
  • Nº Socio:……….........................
  • Enderezo/Dirección:…………….
  • CP:……………………………..
  • Telefonos de contacto:………….
  • Correo-e:………………………

Autorización Bancaria:

Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………

Enderezo da oficina:…………………………………………………………

Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,

Nº de conta: XXXX-XXXX-XX-XXXXXXXXXX

----------------------------------------------------------------------------------------------------

Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………

Dirección de la oficina:…………………………………………………………

Ruego que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,

Nº de cuenta: XXXX-XXXX-XX-XXXXXXXXXX

Para que así conste asino/firmo:



_______________________________________________________________________

lunes, 26 de abril de 2010

Xa temos cor de sudadeiras

O pasado sabado 24 de Abril de 2010 tivo lugar a primeira asamblea de peñas da LXII Singladura da Festa da dorna. Contando cunha asistencia de 18 peñeiros en representación de 11 peñas dorneiras.

O primeiro punto a tratar foi a presentación dos días da Festa da dorna, sendo os seguintes: 16,17, 18, 22,23 e 24 Xullo, quedando o baile de gala para o sabado 31 de Xullo.

Por votación a man alzada decidiuse a cor das sudadeiras para esta LXII Singladura, saindo elixida azul marino. Dende esta data queda aberto un prazo para presentación de diseños para o cartel da festa, sudadeiras e chapas que finalizará na seguinte asamblea de peñas.

Na asamblea tamen foi presentado o sorteo dunha cea para duas persoas no retaurante O Carreiro, as participacións xa están á venta por ribeira e o gañador será o boleto que coincida coas 3 últimas cifras da Lotería Nacional do Sabado 24 de Xullo.

A última presentación que tivo lugar nesta asamblea foron os concertos que organiza a R. e I. Cofradía da Dorna o vindeiro 1 de Maio ás 19:32 no Parque García Bayón, e que contarán coa participación de: Generación Perdida, Pirufláuticos, Oito Ferrados + 3uMC e Ribeira Enferma.

As peñas participantes foron:
-Carallos de Rei
-Muxo Beti
-Os Serráns mais marrans
-Arría o Jallo
-As Javotas van Jopas
-Parrochas Papudas.
-Viquinjos da Tomasa.
-Longueirons con collóns.
-Os mexillons con toxina non se come, cochino.
-Ratos da Illa.
-A tuna nejra

viernes, 23 de abril de 2010

1ª Asamblea de Peñas Dorneiras.

Mañan sabado 24 de Abril, as 20:01, terá lugar a primeira asamblea de peñas da LXII Singladura da Festa da dorna. O lugar da reunión será o local da asociación sito nunha rúa sen saida por detras do Edificio da caixa de aforros, onde está a farmacia de sanmamed.
Os temas a tratar princialmente serán a cor das sudadeiras e os días da festa entre outros.
Tomarase lista.

Avante sardiñeiro!!!

jueves, 8 de abril de 2010

Comenza a conta atrás

Dende hoxe quedan 100 días para o inicio da LXII Singladura da Festa da dorna, Xente ás leiras!!!
Si non tes peña, non sei a que esperas, comeza a conta atrás. A finais de este mes será a primeira asamblea de peñas e xa hai que ir pensando en barcos, carrilanas,...  en que queres participar este ano.

Como se fixo sempre avisarase das asambleas e demais acontecimentos con carteis, ademais de por email e neste blog. Así que estade atentos para non vos perder nada.

Avante Sardiñeiro!!!!!

jueves, 1 de abril de 2010

Inscripcións Carreira do Corgo

 Como xa sabedes a Cofradía da Dorna organiza este ano a IV Edición da Carreira do Corgo, unha das mellores carreiras de campo a través do circuito de carreiras populares de Galicia, e a única do Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira - Gran Premio New Balance.


Dende o día de hoxe e ata o día 15 podedes inscribirvos accedendo á sección "Carreira do Corgo" dende a web da www.cofradiadadorna.com ou tamén dende www.festadadorna.com

Este ano temos coma novidades a posibilidade de competir na modalidade de Parellas, na que un home e unha muller deben facer todo o recorrido xuntos, participando nunha categoría distinta con trofeos aparte. E tamén media hora despois da saida da carreira popular terá lugar o Canicross, donde os participantes poderán competir correndo co seu can; esta proba pertence a Federación Galega de Canicross e será puntuable para o circuito autonómico. Tanto da modalidade individual, coma de parellas, ou do canicross tedes toda a información na web da cofradía.



Tanto si desexades participar correndo coma participar animando ós corredores seredes benvidos o vindeiro sábado 17 de abril a partir das 5 da tarde.

miércoles, 24 de marzo de 2010

Queres ser actor dorneiro????

Si naciches para o cine, si crees que tes unha vis comica oculta ou careces de vergoña este é o teu sitio,
Si non tes estas cualidades animate de todos modos.
Faite actor dorneiro!!!!

Esta semana santa comezaranse a grabar os videos dorneiros para a festa 2010. Dende este venres podes anotarte na tenda de chucherias Dor (praza do concello), a que está nos soportales.
Si prefires comunicarte pola rede ponte en contacto coa cofradía no email:
real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

Si precisas referencias non deixes de visitar a canle da cofradía

 Avante sardiñeiro!!! que xa non queda nada.

lunes, 15 de marzo de 2010

IV Carreira do Corgo


Nesta cuarta edición da Carreira do Corgo presentámosvos un percorrido máis curto ca en ocasións anteriores (7 km.), pero sin restar un ápice de dureza e fermosura que tanto vos cautivaron ós que xa corréchedes con nós.

Queremos descubrirvos a subida e as magníficas vistas que vos ofrece o Monte Facho da punta do Corgo e da Laxe Brava, previo paso por un bosque de piñeiros que vos adiantará unha baixada de vértigo dende o alto do monte.

Paso obligado polas aldea de Espiñeirido e afundimento posterior nas areas da praia á que lle da nome. E volta a subir cara á Laxe Brava para enfilar dende alí hacia o punto de partida.

Ollo cas choivas nos días previos que vos podemos garantir que si eso acontece teremos barro nun 60% do percorrido. O que sí vos garantizamos a día de hoxe e que o asfalto non o pisamos nin tan siquera 10 metros.

Coma novidades a destacar temos o cambio de data e de hora: SÁBADO POLA TARDE, cando tradicionalmente víñamola celebrando o domingo pola mañá. Tamén eliminamos as categorías que nos enlataban a todos por idades e sexos: agora todos somos CORREDORES/AS, nembargantes habilítanse máis trofeos para que os máis rápidos teñan opcións a acadar algúns. Pero non nos desfacemos de tódalas categorías senon que creamos unha nova modalidade: PARELLAS, compostas de home-muller e que deben chegar xuntos á meta así coma nalgúns controis de paso que estarán dispostos arbitrariamente polo percorrido; o que se pretende é motivar a aquelas persoas que precisan de un compañeiro/a que tire por eles/elas e que lles axude a rematar satisfactoriamente a carreira (ollo aqueles/as interesados/as en puntuar no Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira, poden aproveitar para xogar ben as súas bazas). O por último e para finalizar cos cambios na organización da carreira, incluimos a proba de CANICROSS da Liga Galega e Canicross, para os amantes dos animais e que desexan compartir con eles un evento deportivo de campo a través (tedes máis información sobre esto no apartado do regulamento).

Si facemos estes cambios é porque consideramos que os disfrutaredes vós correndo que nós argallándoos, e si o Corgo é un lugar especial, merece de cousas que o fagan máis especial.