miércoles, 22 de diciembre de 2010

Lotería Dorneira de Nadal

Este ano na Lotería Dorneira de Nadal (LDN)  tampouco tocou o gordo, estibemos mais preto que outras veces xa que temos o reintegro. Podense recuperar os 4€ xogados por participación, depositados na oficina do Banesto de Ribeira, pois 1€ é o donativo para a A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Moitas gracias a todos por colaborar tanto aos que repartiron as participacións de lotería como a todos os que colaborades mercandoas.

Volveremolo intentar o próximo ano.


Boas Festas!!!!

domingo, 21 de noviembre de 2010

Andaina Novembro: Palmeira

Nesta ocasión e debido ó mal tempo a andaina rexistrou pouco máis de 30 participantes, que non arredraron da choiva e dispuxeron a saltar pozas e enfangar os pes.

Puntualmente, tal e como estaba establecido, saimos do campo de futbol de Palmeira e xa nos adentramos en camiños de monte dende o Km. 0; e ainda que na primeira parte do percorrido ata Moldes e quizais dónde máis dura se facía a camiñata a choiva dounos unha tregua (pero amenazou todo o tempo) foi na segunda parte cando xa non nos abandonou poñéndonos coma sopas.




Nesta ocasión acompañounos un equipo da TVG, do programa "O Gran Cambio" (que se emitirá a partir de decembro, e xa trataremos de avisarvos do día de emisión) grabando gran parte do percorrido. Poñemos aquí a foto do cámara porque tivo o seu mérito por ir cargando ca cámara coma un campeón sen deixar de sorir. Vaia molladura pillou o home.



Xa sabedes que tedes máis fotos desta andaina (non moitas que chovía e se nos mollaban as cámaras) e das anteriores en: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/PonteAAndar2010

A DESTACAR: QUE COMO É DE BEN NASIDOS SER AJRADESIDOS, aquí van estas letras para Manolo do Clube de Futbol de Palmeira que nos abreu as instalacións para que gardáramos os coches, e ó rematar non só nos dou teito, senon un café quentiño que sentou no corpo mellor ca un bo lacón con jrelos.

martes, 16 de noviembre de 2010

Andaina 21 de novembro: Palmeira



Saida: Campo de Futbol de Palmeira (o novo)
Día: Domingo 21 de novembro
Hora: 10.00 h. (prevista finalización 12.00 h)
Inscrición: Gratuita e libre (hai que aparecer alí á hora especificada)

Ruta de 9 km. que parte do campo de futbol de Palmeira, subindo a
Moldes, e baixando á Tomada, para volver a rematar no campo de futbol.

A primeira metade da andaina terá unha lixeira pendiente ascendente,
por camiños de monte, polo tanto hai que ir poñéndose en forma e
jastando suela para que lojo non nos castijen os callos.

Ainda que chova alí estaremos.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Lotería Dorneira de Nadal

Dende fai uns días están a circular por Ribeira as participacións da Lotería Dorneira de Nadal, o número 27130, posible gordo de este ano, vendese en participacións como colaboaración coa A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Trátase de participacións de 5€ dos cales xogas 4€ e aportas 1€ para as actividades da cofradía, entre as que se sobresae a nosa querida Festa da Dorna.
Poderás atopala nas fanequeiras autorizadas A Taberna do Riaso e O Triskel. Ademáis si lle preguntas a calqueira dorneiro indicarache quen ten.

No te demores que a última vez que se fixo acabouse toda, de ti depende que non sobre. E si toca???

domingo, 17 de octubre de 2010

Ponte a Andar - Espiñeirido


A primeira das andainas desta temporada transcurreu sen incidentes e cunha masiva participación (máis de 90 persoas) froito do bo tempo que acompañou toda a xornada e que o percorrido invitaba a camiñar pola súa lixeireza e polos paisaxes costeiros propios da nosa zona.



Xa están as fotos no álbume dorneiro (http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras/PonteAAndar2010#), pero aquí queda unha pequena mostra para ir abrindo boca.


E tamén queda aquí o video:

 

domingo, 3 de octubre de 2010

Ponte a Andar 2010

Xa está en marcha o ciclo de andainas PONTE A ANDAR que organizamos dende a Cofradía da Dorna conxuntamente co Concello de Riveira.

As datas programadas son para o 17 de outubro e o 21 de novembro, ás 10:00 h. e cunha duración aproximada de 2 horas. Os lugares de saida son da Praia de Espiñeirido (o domingo 17), e do campo de futbol de Palmeira (o domingo 21).

Tedes máis información na web oficial da dorna: www.cofradiadadorna.com

martes, 21 de septiembre de 2010

Dorna 2005 por fin na rede!!!

Mentres seguimos revisando as fotos da LXII Singladura imos abrindo boca coa galería histórica. Chega ás fotos dorneiras a LVII Singladura da Festa da DornaQue facías no 2005??


















No 2005 as rúas encheronse coa marea dorneira como cada ano. Foi o estreo de algunhas peñas e continuaron ás miticas dando o callo, houbo carrilanas, barcos e voo sen motor,veu Tonecho, viñeron os Tres Trebóns e mais a Jran Orquesta Republicana e como non o 24 cantouse o Imno ata reventar as jarjantas.






VIVA A FESTA DA DORNA!!!! VIVA A FESTA DA DORNA!!!! VIVA A FESTA DA DORNA!!!

Revisa a Galería nas fotos dorneiras e si saes nunha foto e queres que non sexa pública ponte en contacto coa cofradía e indica o motivo e o número da foto. Si tes fotos de algunha singladura colabora enviandonolas.

martes, 31 de agosto de 2010

A Festa da Dorna 2010 vista por Summertime

Aquí temos a visión da Festa da Dorna 2010 que amosaron este sabado no programa Summertime  de La Sexta, a ritmo de heredeiros da crus, "eu quero..."

Si o perdestes, este é o mellor resumo pois so está o da Dorna non todo o programa.

Non quedes sin velo!!!!!

martes, 24 de agosto de 2010

A Festa da Dorna 2010 en Sumertime

O próximo sabado 28 de Agosto ás 21:30, en La Sexta, o programa Sumertime vai emitir parte da LXII Singladura da Festa da Dorna. Os reporteiros pasaron en Ribeira o día 23 de Xullo, estiberon grabando durante os xogos de mar, tamén no Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor e despois a reporteira atreveuse a subir ao Exame de Patróns ademais de entrevistar a unha chea de xente.

Non o dubides, xa tes plan este sabado.

A Festa da Dorna en La Sexta!!!!


Non o perdo nin tolo!!!

jueves, 12 de agosto de 2010

Graciñas por estar ahí

A R. e I. Cofradía da Dorna xunto coa Asamblea de Peñas Dorneiras, como facemos todos os anos, queremos mostrar o nóso agradecimento a todos aqueles que axudaron a levar adiante unha nova edición da Festa da Dorna, e xa imos pola LXII Singladura, mais ben xa camiñamos a pola LXIII.

Moitísimas Gracias a todos vos:

A todas as entidades públicas:

Cáritas Parroquial 


A todos os establecimentos comerciais:

Camping Coroso S.L., Hijos de Adelino Paz S.A, Restaurante Camping A Fabrica,Camping Cascada Ria Arosa II, E. S. Shell Ribeira, JMP electricidad, Isema electricidad, Carlim, Rosman, Madelva, Cadena 100, Librería Sanyg, Don Glotón, Innove Informática, Sport-Bike, Frutería Merca-Barbanza, Confecciones Rovi, Frutería Barbanza, Decorlux, Hoostel, Initel, Colorín Colorado, TM2, Arró Barbanza, Zapatería Chaira, Pillados, Katerina Novias, Golosinas Dor, Bellas Artes Stilo, Lavandería Mirlo Blanco, Estanco Lurdes, Estanco nº 5(General Franco), Suministros Navales Sta uxía, Confecciones Silva, Golosinas Papalarpadas, Hostal Ancora, Floristería Betty, Carnicería Regueira, Dulces A Maricola, Kiosko A Rotonda, Sarasquete, Optica y Joyería Blanco, Makao, Marfil, Espacio SC Decoración, Upi informática, Ferretería Mariano, Electrodomésticos Jesús Santiago, Floristería Mariló, Bazar de Oujo, Monchogar,Pas…Pan, Juan Martinez Blanco S. L., Daga sport, Clínica Dental Dr Vazquez, Clínica Podológica Teresa Franco, Floristería Amigo, Golosinas karamelo, Kiosko A Ruliña, Tradigas, Floristería Mandragora, Joypa, Zapatería Horacio, Farmacia Ruiz, Farmacia Sanmamed, Farmacia Avda Malecón, Farmacia Dolores López Rodriguez, Haley, Mercadona, Telepizza.


A tódalas fanequeiras autorizadas (ordenadas por zonas para que sepades atopalas):

Palmeira: Bar Miramar, Chevení.

Castiñeiras: Bar da Praia.

Aguiño: Bar Tallante.

Artes: Centro Recreativo de Artes.

Carreira: Mesón A Capilla.

Praia Coroso: O Paseo, Club Las Suecas.

Xarás: Mesón Albariño.

Zona Praza da Concordia (Parque García Bayón):  Doble SS, Galleguiña, Burguer Cubano, Restaurante O Parque, Mesón Castelao, Carballoso.

Avenida do Malecón:  A Fiestra, Bar Pedrouso, Restaurante Dorna, Bar Bahía, O Franco, Vifer, Bar Galeón, Oliver y Stanley, Tasca do Peirao, A Cuba.

Zona das Abesadas: Bar Samba, Os Xugos, Kukua.

Zona Praza do Concello: Pepe's Pub, Burgur Flip, Pub Cupula, Rincón de Basela, Golfox.

Zona da Igrexa: Aturuxo-Luarada, Botter café, O Tear, Bronx.

Zona Praza de Vigo:  Ventos vellos, Bar Noruego, Bar Esmorga, Morrison, Bar Malecon, Penín, Blue Shell, A Caverna.

Zona Praza de Pontevedra o Compostela¿?:  A Taberna do Riaso, O Atallo, Capitán Morgan, Triskel, Bar Plaza, Ateneo Valle-inclan, Bar O Mercante.

Zona Bandourío: Obradoiro, Bar Barbanza, Bar 14, Cervecería de Malta, A Caseira, Bar O Cruceiro,
Aloha, Cocoluche, Pub people, Destranjis, Bar Travesía, Bar Jujuruju, Bretema, Pub Dominium, Café Bar Amazonas, Noite Meiga.



Tras enumerar todas as fanequeiras autorizadas, os establecimentos comerciáis e todas as institucións que colaboraron nesta edición queremos dar un enorme agradecimento a todolos dorneiros dispostos a botar unha man en todo momento e tamén as peñas que colaboraron durante toda a festa e asistindo ás asambleas preparatorias.

MOITAS GRACIAS!!!!!

Para os cotillas 2008, 2009.