jueves, 30 de junio de 2011

Sudadeiras Dorneiras 2011

O próximo Luns 4 de Xullo é un día significativo pois xa podes apurarte a facer cola na porta de Podium Sport, sito na rúa 9 de Agosto de Ribeira, pois salen á venta as sudadeiras dorneiras, si non sabes chegar aquí deixamos o mapa de todolos anos para chegar dende o concello e así non hai posibilidade de perda.

As sudadeiras este ano son blancas e levan o diseño por Mª José Fernández García da peña Comando Dorneiro que se estrea con bo pé como diseñadora dorneira, conseguindo o Premio A Jata Ruín de la Praia.

Este ano as sudadeiras costarán 14€ xa que despois de anos aguantando o mesmo precio subiunos o material demasiado como para afrontalo sin suba. Fai o favor de levar os cartos xustos e así colaboras a evitar problemas de cambio.

A 20 días para que suba a marea dorneira:


Non quedes sin a túa sudadeira!!!!

miércoles, 29 de junio de 2011

Fin de semana Dorneiro

Este fin de semana a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna estará en dous actos á vez. Na X edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia que este ano se celebran en Carril (Carril2011), alí haberá unha nutrida representación da Cofradía capitaneada polos membros da Escola de Vela da R. e I. Cofradía da Dorna (organizadora do primeiro encontro alá polo 93) que xa irán o Xoves 30 de Xuño e irá incrementándose o fin de semana ata o Domingo 3 de Xullo.

Ademáis unha boa parte da R. e I. Cofradía da Dorna estará na Mostra das Culturas de Boiro o Sabado 2 de Xullo pola mañan e pola tarde.


Todo esto a 20 días de que se inicie a Festa máis rachada!!!!!

martes, 28 de junio de 2011

Conclusións asamblea

O pasado sábado 18 de Xuño de 2011levouse a cabo a terceira asamblea de peñas dorneiras de cara aá celebración da LXIII Singladura da Festa da Dorna. Donde perto de 75 peñeiros en representación de 28 peñas expresaron as súas ganas de colaborar nas actividades da cofradía e organizar os xogos dorneiros, de terra, de mar e grandes xogos.

Así a Real e Ilustre Cofradía da Dorna agradece a todalas peñas que se apuntaron a colaborar e animan ás demais peñas a seguir este exemplo e axudar a facer a festa. Como cada ano temos xogos novos (Jami JAbulani, Twister, ¿Justache a Fariña?) e voltan máis xogos tradicionais (A Raia, as Canicas), fai falta máis colaboración. O máis destacable en canto aos xogos foi que Os Vikinjos da Tomasa propuxeron unha votación popular de si se facía temático o Voo sen Motor, acordouse que o tema sería un factor a ter en conta pero para nada sería decisivo nin necesario para gañar esta actividade, segue sendo o máis importante o diseño, esforzo, orixinalidade e calidade. A votación de un voto por peña saíu a favor (18 votos) de incluir este novo parámetro sendo elixido este ano como tema: Naves Espaciáis, así que si non tedes ideas pois xa tedes orientación. Con esto os Vikinjos esperan motivar máis as peñas e animar a máis peñas a participar. Esta novidade se refire únicamente a este concurso.

As Peñas asistentes á asamblea foron:
-Pescadillas con Ladillas (Carreiras de Sacos, Carretillas, O Parvo das Sillas)
-Muxo Beti (Rock in Muxo, Travesía a Nado, O Parvo das Sillas, enjalanamento de fanequeiras)
-Ratos da Illa (Carreiras de Fleje, Martín Pescador, Pano, enjalanamento de fanequeiras, colabora chiringuito)
-Caracolas en Xirolas (Tiro á Corda, Saltar á Corda, Xogos para nenos, colabora chiringuitos)
-Pateiros Palangreiros (Xojo do Limbo, Pulsos, Pesca do Muxo Radiactivo, colabora Juateke)
-Pintos Joden Quintos (Canicas, A Raia, colaboran Juateke)
-A Nasa (colabora Juateke
-As Llapras do Stop
-Os Serráns máis Marráns (Facho Dorneiro, Potro Ensebado, ¿Justache a Fariña?)
-Os persebes fan os deberes (Dominó, ¿Justache a Fariña?)
-Tabeiróns Caralludos (Certame Itinerante e Final de Cansión de Tasca,
colabora chiringuito)
-A Tuna Nejra (As chapas, Jami Jabulani, ¿Que peixe é?, Campionato de ping-pong)
-As Pirañas van de Cañas
-Isco de Jalisco
-Derrape Mental (Twister)
-Estudias, traballos ou colles navallas.
-Vikinjos da Tomasa (Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor)
-Arría o Jallo (exposición e Jran Prix de Carrilanas,Que che den polo Curling, No)
-Comando Dorneiro (Pulso Jitano, Carreiras de Camareiros, Futbolín, Tirar polo rastro)
-Carallos de Rei (Maratasón e final do Maratasón dorneiro)
-Parrochas Papudas (Xojos de Cartas)
-As Javotas van Jopas (Xojos de Cartas, a Peletra)
-Sija la raia (colaboran chiringuitos)
-Rapante do Mercante (Pión, Colle-lo parrulo)
-Lenjuados Envriajados
-Berberechos Asasinos
-Marea Nejra (Rockandorna do país)
-Lobos de Mar
-Me aplaude la almejita.

Hai peñas das mencionadas que se apuntaron para sustituir ás que non confirmen que continúan cos seus xogos e admitense ainda xogos novos. Non perdas a túa oportunidade bota unha man na Dorna.
Faino por ti, Faino pola Festa!!!

jueves, 16 de junio de 2011

Terceira asamblea de peñas dorneiras

O vindeiro sabado 18 de Xuño de 2011 ás 20:03 terá lugar no Conservatorio Municipal (CASA DA CULTURA) a terceira asamblea de peñas dorneiras de cara á LXIII Singladura da Festa da Dorna.  Alí tratarase como tema  principal a organización dos  Xogos dorneiros e  a colaboración nas múltiples actividades da Festa da Dorna 2011, tamén poderán expoñerse xogos novos ou actividades que se podan encadrar no xa comprimido programa dorneiro.
Por outra banda este é o día en que todolos interesados en ser dorneiros acreditados, socios da dorna, entreguen as súas solicitudes e os que xa posúen un número de socio actualicen os seus datos.
As peñas novas ainda estades a tempo de apuntaros como peñas legais da Festa da Dorna.

Fai a túa festa!! Axuda na Festa da Dorna 2011!!

martes, 7 de junio de 2011

Faite Socio da A. C. Real e Iluste Cofradía da Dorna

Como cada ano a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna está a piques de pasar as súas cuotas de socios, feito que ocurrira entre o 20 e 24 de Xuño. Dende a cofradía queremos que ningún socio se quede sin colaborar así que fixemos este documento para que podades actualizar os vosos datos, xa que has cuotas pasanse tódolos anos e precisamos actualizar os arquivos. Ademáis pensamos que esta asociación debe ter a maior cantidade de socios posibles polo cal levamos dende que o euro é euro sin subir as cuotas (10€ ao ano) por que prefirimos ser máis e máis dorneiros que facelo algo exclusivo.
Así que si disfrutas da FESTA DA DORNA (festa de interese turistico galego), si fostes á mágnifica ANDAINA a ONS do sabado e domingo pasados, si che gusta a CARREIRA DO CORGO teñas ou non peito para correla, si lees todolos anos LA VOS DE JALISIA e o CADERNO DE BITACORA (POJRAMA DORNEIRO) esperando sair ou non, si fostes aos CICLOS DE ANDAINAS DE OUTONO e INVERNO ainda que chova, si fostes á ESCOLA DE VELA, ou a ESCOLA DE MÚSICA ou a ESCOLA DE REMO ou si te gustaría participar en algo así, si eres Peñeiro e queres SER DORNEIRO non o dubides máis ENROLATE NA COFRADÍA DA DORNA!!!.



Envía a seguinte información a:  apartado de correos  16 de Ribeira, A Coruña.CP: 15960. ou por email a Real-e-Ilustre@cofradiadadorna.com tamén podes copiar o seguinte texto e entregalo impreso na seguinte asamblea de peñas dorneiras (sabado 18 de Xuño de 2011 ás 20:03 no Conservatorio Municipal) ou deixalo antes de sabado 18 de xuño na A Taberna do Riaso.


========================================================

Datos  Peroais/Datos Personales:
·         Nome/Nombre:………………………………………………………………….
·         Apelidos/Apellidos:…………………………………………………………….
·         DNI:………………………………………….………………………………………….
·         Peña:……………………………………….………………………………………….
·         Son socio: (SI/NON)…………………………………………………………….
·          Nº Socio:……….……………………………………………………………………
·         Enderezo/Dirección:……………….………………………………………….
·         CP:……………………………………………………………………………………….
·         Telefonos de contacto:…………….………………………………………….
·         Correo-e:…………………………………………………………………………….
Autorización Bancaria:
Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………..…………………………………………….
Enderezo da oficina:…………………………………………………………..…………………………………………….
Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,
Nº de conta (20 dígitos):     ____-____-__-__________

Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………..…….………………………………………….
Dirección de la oficina:……………………………………………………………………………………………………….
Ruego  que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,
Nº de cuenta (20 dígitos):     ____-____-__-__________
Para que así conste asino/firmo:



==========================================================

viernes, 20 de mayo de 2011

Andaina Illa de Ons

Dentro do ciclo de andainas Ponte a Andar 2010-2011 que organiza a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna coa colaboración do Concello de Ribeira, como ven sendo costume organizamos unha andaina especial como fin de esta actividade, tratase da Andaina en Barco que este ano vai ser á Illa de Ons, parque natural das Illas Atlanticas, a andaina constará de unha viaxe en barco dende ribeira ata Ons, unha andaina polos mellores paraxes da Illa e pola tarde volta en barco a Ribeira, esta actividade ten un custo por inscripción de 15€ e haberá dúas viaxes unha o sabado 4 de Xuño ou o domingo 5 de Xuño, as prazas son limitadas á capacidade do barco, así que corre a apuntarte na páxina da cofradía da dorna, donde atoparás toda a información, preme na foto de ponte a andar e alí terás o formulario, as condicións e necesidades para a actividade, o lugar e hora de saida e un contacto para calquer dúbida que che poida asaltar.

Non o penses máis vente de andaina por ONS!!!!

jueves, 19 de mayo de 2011

Fe de erratas

A R. e I. Cofradía da Dorna ten que pedir perdón a dúas ilustres peñas dorneiras posto que non reflexamos a súa asistencia á asamblea de peñas dorneiras. Así rogamos nos disculpen MAREA NEJRA xa que si asistiú á primeira asamblea de peñas e non foi incluida na lista de peñas da noticia. Por outro lado tamén rogamos que nos disculpen PESCADILLAS CON LADILLAS xa que asistiron á segunda asamblea de peñas e saltouse o seu nome ao pasar a listaxe da folla ao blog.

Sen máis agradecer a súa queixa e sobre todo que lean este blog que nos esforzamos en ter actualizado. Esperamos que asistades á seguinte asamblea e teremos especial coidado neste tema.


 AVANTE SARDIÑEIRO!!!!
(a dous meses da festa rachada)

lunes, 16 de mayo de 2011

Conclusións Segunda Asamblea de Peñas

Este sabado 14 de Maio de 2011 tivo lugar a segunda asamblea de peñas de cara a LXIII Singladura da Festa da Dorna, alí concentraronse 39 dorneiros en representación de 14 Peñas e máis algunha peña nova.

Os temas principais do día foron a presentación de candidatos para os concursos de deseño de cartel e sudadeiras. En Canto ao diseño de cartel presentaronse 3 posibles carteis dos cales foi escollido por 19 votos o deseño presentado por Jesús da peña Carallos de Rei frente a 10 e 7 dos demáis participantes, máis duas abstencións. Así Jesus Parada é o gañador do premio Salvador Daquí. Para o deseño de sudadeira houbo dúas propostas é gañou o concurso A Jata Ruín de la Praia a representante da Peña Comando Dorneiro por 26 a 13, máis o debuxo levaba máis cores dos permitidos e deronselle uns días para adaptalo aos requisitos da sudadeira por eso non amoxamos o debuxo. Ambos concursos decididos por votación a man alzada.

Ademáis de esto presentaronse as actividades pricipais que coinciden cada un dos días da festa para tratar de atallar os diferentes rumores que circulan pola nosa cidade centenaria. A dorna comezará o Mércores 20 co Facho dorneiro (aberto o prazo de inscripción nas asambleas), Enjalanamento de Fanequeiras, Rockandorna do país (apuntate na proxima asamblea) e Maratasón. O Xovés 21 continúa a festa cos Xogos de Mar, Jran Premio Ícaro de Voo Sen Motor, Exame de Patróns mais rockandorna. O Venrés 22 temos un día duro co Jran Prix de Carrilanas e o Juateke Dorneiro. O Sabado 23 seguimos adiante cos Xogos de Terra e Canción de Tasca e chega o Domingo 24 de Xullo Grandísimo día da Dorna coa Rejata de embarcacións feitas a machada e propulsadas a pan de millo, Romería dorneira, TOP SECRET e Rockandorna fin de Festa. O día 30 Baile de Gala.

Outro tema tratado na asamblea foi a organización por parte da R. e I. Cofradía da Dorna de unha rifa na que se sortea unha cea para dúas persoas no restaurante Gourmet Aljan (sito na avda Miguel Rodriguez Bautista) coas últimas 3 cifras do sortea da lotería nacional do Sabado 23 de Xullo. Xa están á venta por riveira ao módico precio de 1€, podelas atopar nas fanequeirasA Taberna do Riaso e O Triskel.

Por último e non menos importante a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna recordou a todos os asistentes a posibilidade de facerse socios da citada asociación e así axudar a fortalecer a Festa da Dorna que ten o recoñecimento de Festa de Interese Turistico Cultural de Galicia, ademáis esta asociación organiza numerosas actividades durante o ano entre as que podemos citar a Escola de Vela, os ciclos de andainas en Outono e Inverno a andaina en barco, a Carreira do Corgo, La Vos de Jalisia... así que sa sabes FAITE SOCIO!!!!, informate en real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

As 14 peñas dorneiras participantes foron:
Cabuxos do Mar
Pateiros Palangreiros
Os Pintos Joden Quintos
Parrochas Papudas
Tabeiróns Caralludos
Carallos de Rei
Arria o Jallo
Delirios Tremens
As Javotas van Jopas
Muxo Beti
Comando Dorneiro
Derrape Mental
Ratos da Illa
Caracolas en Xirolas

martes, 10 de mayo de 2011

Segunda asamblea de peñas dorneiras

Este próximo sabado 14 de Maido de 2011 ás 20:03, como xa foi anunciado anteriormente, terá lugar no local da R. e I. Cofradía da Dorna (Palco de Pedra) a segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á LXIII Singladura da Festa da Dorna.

Na primeira asamblea presentaronse os días da festa e escolleuse a cor branca para as sudadeiras do 2011. Nesta esperamos que todos os artistas preseten os seus dexeños para carteis e sudadeiras e por votación a man alzada escolleremos os gañadores dos respectivos concursos: Salvador de aquí e A Jata ruín de la Praia. Nesta asamblea tamén serán aclaradas gran parte das dúbidas sobre que actividades se levarían a cabo cada día da festa. 

Esperamoste!!!!

lunes, 2 de mayo de 2011

Xa temos novo local

A Cofradía da Dorna despediuse do seu antigo local o cal disfrutaba en rexime de emprestito por unha familia ribeirense dende fai unha chea de anos, polos cales esta asociación estará sempre agradecida, a necesidade do local por parte dos propietarios levou a asociación a devolvelo como correspon de


e nese momento iniciar contactos para conseguir un novo punto de referencia o cal se materializou o pasado Sabado 19 de Marzo de 2011 cando cunha puntualidade inusual en actos dorneiros tivo lugar a inauguración do flamante novo local da A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna sito nos baixos do Palco de Pedra do Malecón Ribeirense.


Alí deronse cita unha nutrida representación do Concello de Ribeira, representantes das candidaturas nás proximas eleccions por parte do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego, históricos dorneiros, a directiva actual da Cofradía da Dorna e todolos dorneiros que se quixeron pasar a disfrutar das novas instalación e como non do catering orgnizado pola Taberna do Riaso.



A Cofradía da Dorna agradeceu ao Concello de Ribeira este acordo e espera que dende este novo local levense a diante durante anos todas as actividades da cofradía como son: Os Ciclos de Andainas, Andaina en Barco, Carreira do Corgo, La Vos de Jalisia, Escola de Vela e por suposto a única festa de interese turístico galego do concello como é a FESTA DA DORNA que este ano chega á LXIII Singladura.