jueves, 14 de junio de 2012

Terceira Asamblea de Peñas Dorneiras

Este Sabado 16 de Xuño terá lugar a Terceira Asamblea de Peñas de cara á Celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. Estades tódolos peñeiros convidados a asistir en representación das vosas peñas ás 20:33h na CASA DO MAR (salón de actos debaixo do local dos Xubilados), como agardamos unha participación masiva cambiamos a un local de maior capacidade que a sede social, así que NON FALTES, tomarase lista!!!
O obxetivo principal de esta asamblea e falar das múltiples actividades e xogos dos que consta a Festa da Dorna, e esperase a colaboración de tódalas peñas na organización de actividades e xogos pois a festa facemola todas e todos. Como cada ano poden propoñerse novas actividades as cales tratarase de encaixar dentro do programa da festa. Ademáis alí podedes entregar as solicitudes para facervos socio ou socia da Cofradía da Dorna e tamén as actualización de datos dos asociados que tiveron problemas coas súas cuotas en anos anteriores.
Xa está a subir a marea, agárdase un tsunami dorneiro. AVANTE SARDIÑEIRO!!!

martes, 12 de junio de 2012

PONTE A ANDAR 2012 - Andaina en Cíes


Onte domingo tivo lugar a derradeira andaina do ciclo Ponte a Andar que pecha a temporada 2011-2012.

O éxito de participación foi rotundo en tódalas andainas organizadas pola Cofradía da Dorna, acadando unha media de andaríns de 60 persoas nas 5 convocatorias anteriores, pese a dureza de -por exemplo- a andaina dos Forcados.

Nesta derradeira andaina había inscritas 200 persoas que sairon do porto deportivo de Ribeira rumbo ás Illas Cíes, ainda que por mor do mal tempo unhas 60 persoas declinaron viaxar no último intre. Error, pois a climatoloxía respetou ós excursionistas facendo unha lixeira presencia durante escasos minutos, e tan benevolente foi que incluso permiteulles pegarse un baño na que contan é a praia máis bonita do mundo: a praia de Rodas.

Os andaríns disfrutaron da Lagoa dos Nenos, da subida ó Faro, e da Pedra da Campá na que os monitores en xornada de mañá leváronnos a coñecer eses enclaves do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Pola tarde e xa sen a tutela dos monitores, os andaríns que non optaron por desfrutar da praia de Rodas pudéronse achegar ata a praia de Figueiras, o Alto do Príncipe ou o Faro do Peito.

A xeira polas rías de Arousa, San Vicente, mar de Ons, e Costa do Vento (cas impresionantes vistas de Cabo Home) foi algo máis movida do que se podería esperar para un mes de xuño, pero pouca cousa para os aventureiros dorneiros acostumados a marearse noutras augas máis bravas.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Conclusións Segunda Asamblea

O pasado Sabado 19 de Maio tivo lugar a segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. No local da Cofradía reuníronse 32 peñeiros co fin de votar a man alzada tanto o premio Salvador Daquí (deseño do Cartel da Festa) do cal saíu gañador por segundo ano consecutivo Jesús Parada Miniño da Peña Carallos de Rei, como o premio A Jata Ruín de la Praia (deseño da Sudadeira Dorneira) do cal saíu gañador Javier Fontaiña Falque da peña A Nasa. Aquí temos os seus deseños, á esquerda o deseño para o cartel presentado por Jesús e debaixo o deseño da sudadeira presentado por Javier.
Os días da festa xa quedaran claros na primeira asamblea e as actividade principais van a ser o Venres 20 o Juateke Dorneiro, o Sabado 21 os Xogos de Terra o Domingo 22 o Jran Prix de Carrilanas, o Lunes 21 o Exame de Patróns e o Martes 24 de Xullo Día da Dorna TOP SECRET.
 
Por outro lado comentouse entre os asistentes que se fixo unha Rifa Dorneira donde se pode gañar unha cea no Gourmet de Aljan poseendo o boleto que coincida coas tres derradeiras cifras do sorteo da lotería naciona do Sábado 21 de Xullo de 2012. Podense adquirir as rifas por riveira a múltiples vendedores e na fanequeira A Taberna do Riaso. Por só 1€ podes ser ser o gañador ou gañadora dunha magnífica cea, xa sabes participa na Rifa Dorneira!!!
Por último repartironse impresos entre os asistentes para poder actulizar os seus datos como socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna ou facerse novos socios, xa que ser dorneiro acreditado e colaborar con todas as actividades da asociación. Estes impresos poderánse entregar na seguinte asamblea que terá lugar no mes de xuño, non o esquezades pois as cuotas pasaranse a semana seguinte á asamblea.
Non o deixes mais, Faite Socio!!!!

miércoles, 16 de mayo de 2012

Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras

O vindeiro Sabado 19 de Maio do 2012 terá lugar a Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, esta xuntanza terá lugar no local da Cofradía (soto do palco de pedra) ás 20:03 horas.
Os temas principais a tratar serán a presentación dos deseños para os premios: Salvador Daquí (deseño do cartel da Festa da Dorna) e A Jata Ruín de la Praia (deseño de sudadeiras dorneiras). Unha vez presentados todos procederase á votación a man alzada para cada un dos Premios.

Recordase a todos e todas que o máximo de cores permitidos para o deseño da sudadeira son 5 cores máis a cor da sudadeira (MALVA).

Por outro lado comentaranse as actividades principais que se celebrarán cada un dos días da LXIV Singladura da Festa da Dorna, e dende a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna animase a todos os peñeiros a facerse socios e formar parte da gran cantidade de actividades que organiza e coordina esta asociación como veñen sendo: O Ciclo de Andainas de Outono e Inverno que este ano contou con cinco saídas nos meses de Outubro, Novembro, Xaneiro, Febreiro e Marzo, tamén a R. e I. Cofradía da Dorna organiza a no mes de Maio a Carreira do Corgo que este ao chegou a sexta edición, cada ano publicase o día dos inocentes (28 de Decembro) La Vos de Jalisia, por cuarto ano consecutivo temos Andaina en Barco este ano voltamos a Cíes o 10 de Xuño e ademáis de todo esto temos a Festa da Dorna facendo o 24 de Xullo o 64º aniversario da botadura da Dorna Virxe do Carme.

Por todo esto e por que e baratísimo (10€ o ano por 10 meses de actividades) faite socio da R e I Cofradía da Dorna!!!

Si xa eres socio e hai tempo que non se che pasa a cuota ou nunca destes o nº de conta, actualiza os teús datos e volvete a subir á Dorna.

Tanto para facelo por primeira vez como para actualizarte cubre o seguinte formulario nun editor de texto e evianos o arquivo a real-e-ilustre@cofradiadadorna.com, tamén podes remitilo ao Aptd de Correo 16 de Ribeira CP:15960 ou entregalo nesta ou na asamblea de xuño tamén podes recoller estos boletíns nesta asamblea. Que nada te impida ser Dorneiro Acreditado.

___________________________________________________________________________________
 
Datos  Peroais/Datos Personales:
·         Nome/Nombre:……………………..
·         Apelidos/Apellidos:……………….
·         DNI:…………………………………………
·         Peña:……………………………………….
·         Son socio: (SI/NON)………    
·          Nº Socio:……….
·         Enderezo/Dirección:……………….
·         CP:…………………………………………..
·         Teléfonos de contacto:……………
·         Correo-e:………………………………..
Autorización Bancaria:
Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………..
Enderezo da oficina:…………………………………………………………..
Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,
Nº de conta:     ____-____-__-__________

Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………..
Dirección de la oficina:…………………………………………………………..
Ruego  que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,
Nº de cuenta:     ____-____-__-__________
Para que así conste asino/firmo:



____________________________________________________________________________________

lunes, 14 de mayo de 2012

Ponte a Andar 2012: ILLAS CÍES


Como xa ven sendo habitual, dende a R. e I. Cofradía da Dorna, organizamos para o vindeiro 10 de xuño a derradeira das andainas do programa PONTE A ANDAR 2011-2012 que se desenrola entre a nosa asociación e o Concello de Riveira.

Este ano imos ir ás Illas Cíes, e xa temos abertas as incricións (200 plazas), que podedes formalizar dende a web dorneira: www.cofradiadadorna.com e pedirvos que leades antes as normas que regulan a actividade.

lunes, 7 de mayo de 2012

Clasificacións e Galería de imaxes da Carreira do Corgo


Xa temos as clasificacións definitivas da VI Carreira do Corgo-Corrubedo que o pasado sábado día 5 a Cofradía da Dorna organizou no lugar de Teira. Podedes consultalas dende a web www.cofradiadadorna.com na que figura a clasificación por PARELLAS e tamén a clasificación INDIVIDUAL.

E tampouco podía faltar a galería de imaxes que deixan para a lembranza os momentos únicos que viven os corredores nesta carreira.

Destacar a participación dos 155 corredores que tomaron a saida, e sobre todo a das máis de 40 persoas implicadas na organización que velaron metro a metro (literalmente) que todo saira segundo o acordado. Grazas a tod@s el@s sen os que non sería posible levar a cabo semellante singladura.

viernes, 4 de mayo de 2012

VI Carreira do Corgo - Corrubedo



Outra edición máis da Carreira do Corgo que a Real e Ilustre Cofradía da Dorna vai levar a cabo mañán a partir das 17.30 h. no lugar de Teira - Corrubedo. Para esta edición son 177 os corredores inscritos que participarán dos 9.300 m. do percorrido no que se ten garantizado -sobre todo- moita auga, area da praia de Espiñeirido, e a inevitable subida a Monte Facho.

Con algo máis de tres kilómetros de novo trazado, por terreos que en edicións anteriores non se pisaran, a bó seguro que os participantes disfrutarán non só da dureza dunha das carreiras campo a través máis emblemáticas de Galicia, senon tamén dunha paisaxe incomparable, que combina campo e costa nun entorno sen igual.

Conclusións Primeira Asamblea

 O pasado Sabado 28 de Abril celebrouse a Primeira Asamblea de Peñas de cara á celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, ano no que se celebrará o 25 aniversario das Peñas Dorneiras
Como tema principal presentaronse os días dos que constará a Festa neste ano 2012 que voltará a constar de 5 días seguidos comezando o Venres 20 de Xullo e rematando o Martes 24 de Xullo. O Baile de Gala celebrarase o Sabado 28 de Xullo. Toca ir quentando motores.

Como segundo tema da orde do día foi a votación pola cor da Sudadeira Dorneira desta Singladura. A votación realizouse a man alzada entre os 23 peñeiros que asistiron en representación de 14 peñas dorneiras, saíndo como cor máis votada a cor MALVA, con 16 votos a favor de 23 posibles. Así que xa o sabedes esta singladura lévase o MALVA.

Agora que xa temos a cor falta o deseño así que dende o Sabado 20 queda aberto o prazo para a participación nos concursos Premio Salvador Daquí (Diseño do Cartel) e Premio A Jata Ruín de la Praia (Diseño de Sudadeira) da LXIV Singladura da Festa da Dorna, o último día para a presentación dos diseños será na seguinte asamblea que en principio está prevista para o Sabado 19 de Maio, no obstante non deixes de leernos  pois confirmarase aquí a data, hora e lugar da Segunda Asamblea de Peñas Dorneiras. Non reprimas o téu talento, esta singladura pode sera túa, participa nos Premios Dorneiros!!!.

IMPORTANTE. En canto á normativa dos premios e imprescindible ter en conta que os deseños das sudadeiras terán un máximo de 5 tintas (cores diferentes) máis o  MALVA da Sudadeira. Pódense presentar máis de un diseño por persoa e participar en ambos concursos, débese traer impreso para mostralo na asamblea e si se dispón de formato dixital agradécese moito de cara á futura impresión pero esto tratarase co gañador ou gañadora.Calquera dúbida contactade coa R. e I. Cofradía da Dorna: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

As peñas participantes na Primeira Asamblea de Peñas foron:

Ratos da Illa
Muxo Beti
Arria o Jallo
Caja Boy
Calamar do miramar
Pintos joden Quintos
Tabeirons Caralludos
As Javotas van jopas
Me aplaude la almejita
Rapante do Mercante
Nasa
Jato Peixes
Cabuxos
Carallos de Rei


Comeza a subir a marea, AVANTE SARDIÑEIRO!!!

lunes, 23 de abril de 2012

Primeira Asamblea de Peñas Dorneiras


O vindeiro Sabado 28 de Abril de 2012, ás 20:32 no local da Cofradía (soto do Palco de Pedra do Malecon Ribeirense), terá lugar a primeira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna, nesta asamblea trataranse temas de grande interés como é a elección da cor da Sudadeiras Dorneiras e comunicaranse os días dos que constará a Festa da Dorna 2012 entre outras cousas. Si non queres que cho conten, asiste á asamblea.

Esperamoste!!! Tomarase lista.


viernes, 20 de abril de 2012

Festa da Dorna 2011

Non era sin tempo, pero neste caso máis vale chegar tarde que non facelo. Antes de comezar a contar que nos espera na LXIV Singladura imos voltar a vista atrás e comezaremos falando da Festa da Dorna 2011 a cal foi dunha intensidade das que non se recordaban, foron cinco días de tralla seguidos e o baile de Gala que nunca desmerece.
A festa iniciouse o Mércores 20 de Xullo co Facho Dorneiro coma nos últimos anos, sin tempo para comer xa tiñan que estar enjalanados as Fanequeiras pois dende as 15:00 o incorruptible xurado dorneiro adicouse a visitar todas as Fanequeiras apuntadas, mentres  ao mesmo tempo no García Bayón estabase cocendo o Rockandorna do País e a churrascada dorneira, alí unha chea de grupos locais (8 ferrados, De fé Kaos, Generación Perdida, Basura de la Buena (antigos compoñentes de os Sosios), Entrelíneas e Talón de Aquiles) fixeron as delicias dos peñeiros animando ao persoal durante unhas 6 horas de música e churrasco. Por si isto era pouco celebrouse o Maratasón donde os máis rapidos en facer as múltiples e inverosímiles probas que discurren os Carallos de Rei pasan á fase final celebrada durante a Romería Dorneira.
Tras este día tan extresante chegou o Xoves 21 cos Xogos de Mar, todolos peñeiros deronse cita no peirao Ribeirense  para participar nunha morea de xogos donde podes pescar o muxo radiactivo, isa-la kandorca, achicalo peirao, saltar dende o paredón ou tratar de coller o parrulo entre outros... Despoís de todo isto chegou o Jran Premio Ícaro de Voo se Motor para o cal peregrinamos de forma ordeada e respetuosa polo porto de Ribeira, co fin de ver os mellores aparellos voadores que pode ofrecer a enxeñería dorneira. Tras isto todos á homenaxe polo dorneiro histórico Daniel Fandiño, donde se descubríu unha placa no seu recordo na Tasca do Barbanza. En poucos instantes iniciouse o exame de Patróns donde os Cajabois Island prepararon unha chea de probas e personaxes para examinar as 14 peñas novas de esta LXIII Singladura. Ao rematar o exame e sin tempo para mollar o peteiro chegou The Covers para levantar ás masas durante máis de 3 horas e media de concerto que deixou deslomados ata os máis aguerridos dorneiros; ainda así, cando parecía que rematara a xornada chegou a Charanga A Tuna Nejra para darlle ritmo a última hora.
O Venres 22 que xa estabamos feitos a este ritmo trepidante veu o mais jordo, iniciouse o día co Jran Prix de Carrilanas (concentración no malecón, subida en procesión e descenso da costa da Mamoa ata o concello) organizado polos Arría o Jallo. Sin tempo máis que para gardar a carrilana ou o que quedara dela, todos collemos ruta cara a Praia de Coroso xa que alí nos agardaba o Juateke Dorneiro amenizado polo DJ Rits e unha noite de leria que sempre ten historia.
Xá de mañán unha vez recollido o Juateke había que apurar a plantar a orella, pois xa viñan en camiño os Xojos de Terra no Coroso Arena, chegamos ao Sabado 23 e unha chea de xogos populares e dorneiros estaban agardando pola marea dorneira. Unha morea de peñas implicadas organizaron cada un deles facendo desfrutar a participantes e espectadores, cando ainda non remataran os xogos xa tiñamos que estar nas fanequeiras coas jarjantas aclaradas para deixar os nosos mellores jorjoritos na Ruta da Canción de Tasca "a ver si este ano cheagamos á final". Coma sempre cumplindo o horario chegamos todos a praza da igrexa e "alegrámonos" moitísimo polos gañadores de cada ruta que subiron ao máis alto das escaleiras para chegar a ser a peña gañadora do Certame Itinerante da Canción de Tasca, todo isto organizado polos Tabeiróns Caralludos. Tras esto chegou a Charanga O'Santiaguiño para levarnos de ruta e animar todolos recunchos donde houbese unha fanequeira.
Chegou o día, todos en pe que xa é 24 de Xullo, o Día da Dorna, rapido a coller o barco que xa están todos no Malecón. Con todas as embarcacións espostas no malecón facendo as delicias da morea de xente que se achega a ver as xenialidades que ano tras ano se reinventan nesta festa, arrancou o coche da dorna iniciando o desfile que amenizou a charanga Os Jalochos ata o campo de regatas, praia de Coroso, alí os máis intrepidos ou intrepidas de cada peña fixeron todo o posible por gañar a velocidade ou manterse a flote, a la cada un. Tras isto todos e todas a encher o bandullo á Romería Dorneira donde se repartiron de gratis empanadas, pizzas e roscas, para recuperar forzas antes do Campionato mundial de chinchimonei, final do maratasón e concurso de Ji-Jo pelea de jallos entre outras actividades. Sin tempo a pasar pola casa fomos a fume de carozo para o Top Secret donde se repartiron as bandeiras desta singladura a tódalas peñas colaboradoras. O desfile foi amenizado polos Kilomberos de MonteAlto e Os Jalochos, e o Top Secret, agora xa se pode dicir, foi o Códice Calixtino, tanto buscar por él e mira onde estaba. Tras percorrer as rúas mais grandes da cidade centenaria chegamos ao concerto fin de festa donde Miguel Costas nos fixo vibrar con todos os seus imnos durante case dúas horas e rematando con todos a coro cantando Miña Terra Galega. Tras isto chegou Ruxe-Ruxe facendo saltar e bailar a toda a marea dorneira con outras dúas horas de festa intensa. Neste momento chegaron os músicos dorneiros, presentados por toda a directiva da Cofradía da Dorna, para tocar e cantar todos xuntos o Imno da Dorna.

O Sabado 30 de Xullo celebrouse o tradicional Baile de Gala da Dorna donde todos e todas acudimos como manda a tradición, ataviados coas nosas mellores galas e alí faisenos entrega da Flor Natural. Este ano causou furor o recen estreado fotocol dorneiro e os abanicos ata donde chegaron, o evento celebrouse no Circulo Mercatil e foi amenizado polo grandioso dúo Yesterdey que xa saben como vai e non defraudan. Durante o Baile da Dorna faise entrega dos Premios da Cofradía da Dorna, un deles premia a unha peña e outro a un dorneiro histórico recoñecendo a súa colaboración persoal. O primeiro este ano recaeu na histórica e incombustible peña Os Ratos da Illa pola súa colaboración dende os seus inicios que ainda continúa e por moitos anos. O segundo galardon da Cofradía entregase a un dorneiro que fixo moito pola festa e pola asociación, así este ano recaeu nun dorneiro que leva toda a vida implicado coa festa, como peñeiro e como membro da Cofradía da Dorna da cal foi directivo e sigue sendo colaborador: Ina Touzón. O maior recoñecimento que otorga a R. e I. Cofradía da Dorna recaeu este ano nun histórico dorneiro sempre implicado na Festa e na Cofradía da Dorna, asociación da cal foi directivo durante moitos anos e chegou a presidila, hoxe en día continúa a colaborar: Jose Pazó, Poutada de Ouro da LXIII Singladura da Festa da Dorna.