viernes, 10 de octubre de 2008

Ponte a andar

Así se chama o novo programa de andainas que dende a Cofradía da Dorna, xunto co Concello de Ribeira queremos poñer en marcha.

Consiste en un ciclo de
tres andainas (de momento, programarase trimestre a trimestre en función da resposta dos participantes): unha en outubro, outra en novembro e por último outra en nadal.

As
particularidades deste ciclo de andainas son:
  • Vanse celebrar os domingos pola mañán.
  • O horario de saida é común a todas elas 10.00 h. e chegada aprox. ás 13.00 h.
  • A inscripción é gratuita e libre, e dicir, o que queira ir aparece alí á hora de saida e punto, sen mais trámites.
  • As distancias e os percorridos neste primeiro ciclo queremos que sexan asumibles para tod@s, tanto os iniciados coma os que queren iniciarse (entre 10 e 12 km.)
  • Están dirixidas a tódolos públicos, e non se precisa unha forma física excepcional, simplemente ganas de camiñar, coñecer sitios, e facer piña con nova xente ca que compartir afición.

Os obxetivos que se persiguen:
  • Fomentar unha actividade deportiva ó alcance de todos: entretenida, divertida e saludable
  • Crear un grupo co que mais adiante poder programar outro tipo de andainas ou actividades
  • Amosa-lo compromiso da Cofradía da Dorna ca vida social, cultural e deportiva do Concello, mais alá dos actos da Festa da Dorna.
A primeira delas vai ser este domingo 19 de outubro, sairase dende o porto de Aguiño e facerase unha rutiña por Couso para rematar novamente no porto de Aguiño. Ás 10.00 con puntualidade inglesa.

Ainda que a incripción é libre, agradeceriase que se comunicara a participación nos teléfonos ou mails que se indican para facilitar a organización.
 
NOTA: Si alguén precisa mais información en breve colgarémola da web da cofradía, e para calquer dúbida xa sabedes real-e-ilustre@cofradiadadorna.com deportes@riveira.com ou no telf. do auditorio 981835650

domingo, 5 de octubre de 2008

Quedamos nas mesmas

No Pleno do pasado Luns 29 de Setembro debatiuse si no ano 2009 o día 24 de Xullo, Día da Dorna, sería ou non festivo local, tras un debate bastante movido polo que comentaron os asistentes chegouse a conclusión de que a festa o merece pero este ano non sería festivo. Así que xa o sabemos na próxima dorna non teremos 24 de Xullo festivo local.
Na seguinte.....

Avante!!!!! que nós non nos cansamos.

martes, 30 de septiembre de 2008

A Festa da Dorna en Bricomanía!!!!

O vindeiro domingo 5 de outubro ás 13.30h en Telecinco poderedes ver a Festa da Dorna en Bricomoanía. O programa de Bricomanía titulase: "personalizar una puerta", e o presentador vai falar da festa, mandar un saúdo aos gañadores e mostrar os seus traballos.

Non vos esquecer de comprar unha cinta para grabalo e romperlle despois a patilla para telo sempre.

sábado, 27 de septiembre de 2008

Día da Dorna Festivo Local a Pleno

Este próximo luns 29 de setembro tratarase o tema de si o Día da Dorna, 24 de Xullo vay a ser ou non Festivo Local no ano 2009. Este tema xa se ía tratar no pleno do 28 de Xullo pero non dou tempo, gran parte da R. e I. Cofradía da Dorna asistiu ó pleno para ver que se falaba, xa que estes actos son de caracter público. Esta vez tamén asistirán, a partir das 20:00 horas no concello, en silencio e só a escoitar.
Opina sobre este tema no forodorneiro.

sábado, 13 de septiembre de 2008

Camisetas Dorneiras de novo á venta

Xa se poden voltar a mercar as camisetas dorneiras, reivindica que o 24 de Xullo sexa Festivo Local XA!!!


Cor branca ----------- Traseira ------------------------------------ Dianteira


Podes encargar a túa camiseta en:
  • Golosinas Dor (Praza do Concello) so Venres pola tarde e Sabados pola mañán preguntar por Carlos.
  • noticias_dorneiras@hotmail.com indicando nombre e talla si queres recollela en Dor ou tamén o enderezo se qués que cha enviemos.
As camisetas custan 5€ (+ gastos se qués q cha enviemos aprox 2€).

sábado, 6 de septiembre de 2008

Gracias a todos sin vós non sería posible!!!


Dende a R. e I. Cofradía da Dorna queremos expresar o noso agradecemento a todo aquel que colaborou con nós para poder sacar adiante a LX Singladura da Festa da Dorna e esperamos seguir contando con todos vós para vindeiras singladuras.

Así que moitas gracias:

A todas as entidades públicas:

Concello de Riveira

Cruz Vermella do Mar

Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira

Policía Local de Riveira

Cáritas Parroquial

A todos os establecimentos comerciais:

Dulces A Maricola, Cadena Cien, Cosmos, Ladrillo Rojo Barbanza, E.S. Shell Riveira, Hostal Colón, Hostal Ancora, Dor Golosinas, A Ruliña, JMP electricidad, Isema electricidad, Hijos de Adelino Paz, Portoferr, Costa Arousa, Joypa, Clínica Dental Iván Vázquez.

A tódalas fanequeiras (ordenadas por zonas para que sepades atopalas):

Palmeira: Bar Miramar(palmeira).

Praia Coroso: O Paseo, Club Las Suecas.

Parque García Bayón: Luarada , Bar Barela , Restaurante Parque , Restaurante Airoa , Bombón Cafe, Castelao , A Galeguiña, Doble S .

Avenida do Malecón: A Fiestra, Restaurante Dorna, Bar O Pedrouso, Bar Bahía , O Bocatazo, O Franco, Bulebar, Galeón , Vifer, Bar La Parra, Arribó-kebab, Albatros , Peirao, A Cuba.

Zona das Abesadas: Samba , Os Xugos, Kukúa.

Zona centro: Rincón de Basela, Flip, Pepe's Pub.

Zona da Igrexa: O Tear, Aturuxo, Na'skina.

Zona Praza de Vigo: Ventos Vellos, Esmorga, O Balado, Penín, Faro de Alejandría, Morrison, Blue Shell, O Malecón, A Caverna.

Zona Praza de Pontevedra: O Atallo, Triskel, Capitán Morgan, Bar Plaza, Bar Mercante, Bonaparte.

Zona Bandourío: O Rizón, Tasca do Barbanza, Cervecería de Malta, A Caseira, Aloha, O Cruceiro, Cocoluche, Maruxía, Orballo, Destrangis, Bar Travesía, Brétema, Idolos, Dominium, Desván.

Castiñeiras: Bar da Praia.

Á asamblea de peñas por organizar e colaborar no que sexa necesario e a tódolos peñeiros que sempre están dispostos a botar unha man.

martes, 29 de julio de 2008

NO, no nos podrán parar...

Cantaban os Celtas Cortos.

No pleno de onte quedamos para a "reválida" de setembro. Vese que a lección sobre o "parto natural" interesaba mais ó pleno que sacar adiante a orde do día.

A directiva da R. e I. Cofradía da Dorna acudeu casi ó completo ó pleno, haberá que voltar en setembro. Levamos 60 anos esperando ver o día da Dorna coma festivo local, e iso non o vamos a perder.

POSTDATA: Identificámonos á entrada a dous axentes da policía local, no salón había outro, e pese a chegar en silencio, tomar asiento, e atender educadamente ás leccións sobre parto natural que algunhas concellalas afanábanse en impartirnos, levantaron ó xefe da policia da cama e fixéronno ir para alí, acompañado dun "nacional" (en total 5 axentes de policia). Por quén nos toman? O "asunto" dorneiro foi a pleno en varias veces -por uns motivos ou outros- e coido que o comportamento dos membros da cofradía sempre foi correcto: era necesario o "despliegue"?

lunes, 28 de julio de 2008

Festa da dorna en pleno.

Hoxe ás 22:00 h. debatirase no pleno municipal a conveniencia ou non de declarar o día da dorna (24 de xullo) festivo local.

Prácenos convidar a tod@s os dorneiros e cidadáns de Riveira a que acudan ó salón de actos da Casa do Concello para oi-las argumentacións dos nosos políticos a favor ou en contra desta iniciativa que dende fai décadas vimos reclamando dende a Cofradía da Dorna e á que cada vez mais súmanse outras institucións e cidadáns en particular.

Queremos citar coma exemplo de apoio (e sobre todo visión de futuro, tal vez por eso sexa a primeira empresa de Ribeira e unha das primeras de Galicia) a Frigoríficos del Noroeste, S.A. (FRINSA) que acordou cos traballadores pecha-la factoría o día da Dorna. NORABOA pola iniciativa, esperamos que sexan moitos mais os que vos sigan.

jueves, 24 de julio de 2008

Primeiros video dorneiros 2008

Xa están na rede, e xa podedes ver como vai esta LV Sinjladura dorneira:

- A fanequeira móvil de Atuna Nejra:


- As Caracolas en Sirolas e o seu Alicótero para o Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor:


- Os de Muxo Beti e as súas selebrasións dos campións da Eurocopa que fixeron para a Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Prupulsión a Pan de Millo:


- O desfile da Rejata de Embarcasións Feitas a Machada e Prupulsión a Pan de Millo:




E tamén tedes unha boa colessión de fotodorneiras desta sinjladura no noso álbum:
http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras/Dorna2008

miércoles, 16 de julio de 2008

O Pojrama

Dende onte xa está na rúa o magnifico e esperadisimo Pojrama da Festa da Dorna e tanto dende aquí coma dende a páxina oficial da R. e I. Cofradía da Dorna en formato PDF. Nas fanequeiras e establecementos colaboradores teredes un cartel publicitario coas actividades diarias e veredes un distintivo como establecemento colaborador coa Dorna 2008, LX singladura que se di pronto pero leva unha chea de anos chegar.