jueves, 20 de noviembre de 2008

A Dorna 2003 en fotos


Dende hoxe tedes colgada nas fotos dorneiras a galería adicada á Festa da Dorna do ano 2003, LV Singladura. Alí podedes atopar os mellores momentos da festa, capturados en fotografías que nos cederon varios dorneiros.

Si tedes algunha foto e queres colaborar con esta iniciativa, podes enviarnola a noticias_dorneiras@hotmail.com, por favor, clasificada polo ano. Ademáis como nestas fotos sae moita xente, si alguén se considera ofendido por aparecer nunha foto dorneira non ten máis que solicitar a súa retirada alegando un motivo, para iso debes enviar un email indicando a foto (galería e número) ó mesmo enderezo de email.

martes, 18 de noviembre de 2008

Asamblea Ordinaria

O pasado Sabado 8 de Novembro do 2008 tivo lugar a Asamblea ordinaria da R. e .I Cofradía da Dorna.
O primeiro tema da orde do día foi a presentación dos presupostos do ano 2008 os cales foron aprobados. O segundo tema da orde do dia foi a presentación dos presupostos e das actividades a levar a cabo no ano 2009.
Presentáronse as seguintes actividades:
  • Adquisición dunha nova vela para a embarcación: "Virxe do Carme".
  • Amaño da vela da embarcación: "Jalerna".
  • Posta en marcha no ano 2009 da Escola de Vela da R. e .I Cofradía da Dorna con clases os sabados pola tarde impartidas polos patróns da Cofradía.
  • Remodelacion e amaño do local que unha veciña lle cede gratuitamente a Cofradía.
  • Posta en marcha do "Plan de Asalto a Muros" co gallo da celebración en Xullo do 2009 dos 9º encontros de embarcacions tradicionais que se van a celebrar nesta cidade.
  • Organización da LXI Singladura da Festa da Dorna.

domingo, 16 de noviembre de 2008

Fotos e Video da Andaina de Corrubedo

Pois para tod@s aqueles que partisiparon na andaina de Corrubedo (case 50 persoas)pertencente ó programa Ponte a Andar, aquí queda este video:

Tamén accesible dende Youtube no enderezo: http://es.youtube.com/watch?v=o_p5o4THpc4

E as fotos están na galería da Cofradía da Dorna: http://picasaweb.google.es/noticiasdorneiras

E para tod@s aqueles que non participaron na andaina e se vos puxeron os dentes largos, xa sabedes a vindeira será o 14 de decembro con saida do porto de Palmeira.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Loteria Dorneira


Xa anda circulando por ribeira a "Loteria Dorneira", se queres colaborar coa festa, pensas que este ano vai a tocar ou calquer razon que se che ocurra... pois xa sabes busca algún dos membros da directiva actual e merca a tua participación.

A loteria é igual que os anos anteriores unha participación son 2,50€ e xogas 1€ a cada número e os 0,50€ son o donativo para a Festa da Dorna.

lunes, 10 de noviembre de 2008

Ponte a Andar - 2ª Andaina

O vindeiro domingo 16 de novembro, ás 10 da mañá do porto de Corrubedo terá lugar a segunda das andainas programadas dentro do ciclo Ponte a Andar.

A ruta nesta ocasión é un pouco mais curta que a anterior, e serán uns 8 km., pero que se verán compensados porque o recorrido ten un trazado mais abrupto pese a discorrer por terreo chan prácticamente dende o principio ata o final.

Sairemos do porto de Corrubedo e marcheremos pola praia do Prado costeando hacia a zona dos coidos, de alí ó faro, e logo pola ruta do GR-52 ata a aldea de Teira para voltar a entrar en Corrubedo pola rúa das Delicias. En total, e dependendo do ritmo dos participantes non deberíamos sobrepasar moito das dúas horas os mais rezagados.

Coma na vez anterior non fai falla inscripción, pero sí puntualidade. O punto de encontro exacto será diante da casa do mar de Corrubedo, no porto.

Recoméndase traer calzado e roupa cómoda, e no caso de que chovera un chuvasqueiro ou paraugas. Tamén é aconsellable que os nenos esta vez non veñan pois nalgúns tramos pode resultarlle complicado sobrepasalos.

A Cofradía disporá de catro monitores que coidarán pola seguridade dos participantes, así coma de que ninguén se extravie á vez que disfrute do percorrido.

E por último, outra recomendación: ¡non vos esquezades da cámara de fotos! o sitio paga a pena.

viernes, 10 de octubre de 2008

Ponte a andar

Así se chama o novo programa de andainas que dende a Cofradía da Dorna, xunto co Concello de Ribeira queremos poñer en marcha.

Consiste en un ciclo de
tres andainas (de momento, programarase trimestre a trimestre en función da resposta dos participantes): unha en outubro, outra en novembro e por último outra en nadal.

As
particularidades deste ciclo de andainas son:
  • Vanse celebrar os domingos pola mañán.
  • O horario de saida é común a todas elas 10.00 h. e chegada aprox. ás 13.00 h.
  • A inscripción é gratuita e libre, e dicir, o que queira ir aparece alí á hora de saida e punto, sen mais trámites.
  • As distancias e os percorridos neste primeiro ciclo queremos que sexan asumibles para tod@s, tanto os iniciados coma os que queren iniciarse (entre 10 e 12 km.)
  • Están dirixidas a tódolos públicos, e non se precisa unha forma física excepcional, simplemente ganas de camiñar, coñecer sitios, e facer piña con nova xente ca que compartir afición.

Os obxetivos que se persiguen:
  • Fomentar unha actividade deportiva ó alcance de todos: entretenida, divertida e saludable
  • Crear un grupo co que mais adiante poder programar outro tipo de andainas ou actividades
  • Amosa-lo compromiso da Cofradía da Dorna ca vida social, cultural e deportiva do Concello, mais alá dos actos da Festa da Dorna.
A primeira delas vai ser este domingo 19 de outubro, sairase dende o porto de Aguiño e facerase unha rutiña por Couso para rematar novamente no porto de Aguiño. Ás 10.00 con puntualidade inglesa.

Ainda que a incripción é libre, agradeceriase que se comunicara a participación nos teléfonos ou mails que se indican para facilitar a organización.
 
NOTA: Si alguén precisa mais información en breve colgarémola da web da cofradía, e para calquer dúbida xa sabedes real-e-ilustre@cofradiadadorna.com deportes@riveira.com ou no telf. do auditorio 981835650

domingo, 5 de octubre de 2008

Quedamos nas mesmas

No Pleno do pasado Luns 29 de Setembro debatiuse si no ano 2009 o día 24 de Xullo, Día da Dorna, sería ou non festivo local, tras un debate bastante movido polo que comentaron os asistentes chegouse a conclusión de que a festa o merece pero este ano non sería festivo. Así que xa o sabemos na próxima dorna non teremos 24 de Xullo festivo local.
Na seguinte.....

Avante!!!!! que nós non nos cansamos.

martes, 30 de septiembre de 2008

A Festa da Dorna en Bricomanía!!!!

O vindeiro domingo 5 de outubro ás 13.30h en Telecinco poderedes ver a Festa da Dorna en Bricomoanía. O programa de Bricomanía titulase: "personalizar una puerta", e o presentador vai falar da festa, mandar un saúdo aos gañadores e mostrar os seus traballos.

Non vos esquecer de comprar unha cinta para grabalo e romperlle despois a patilla para telo sempre.

sábado, 27 de septiembre de 2008

Día da Dorna Festivo Local a Pleno

Este próximo luns 29 de setembro tratarase o tema de si o Día da Dorna, 24 de Xullo vay a ser ou non Festivo Local no ano 2009. Este tema xa se ía tratar no pleno do 28 de Xullo pero non dou tempo, gran parte da R. e I. Cofradía da Dorna asistiu ó pleno para ver que se falaba, xa que estes actos son de caracter público. Esta vez tamén asistirán, a partir das 20:00 horas no concello, en silencio e só a escoitar.
Opina sobre este tema no forodorneiro.

sábado, 13 de septiembre de 2008

Camisetas Dorneiras de novo á venta

Xa se poden voltar a mercar as camisetas dorneiras, reivindica que o 24 de Xullo sexa Festivo Local XA!!!


Cor branca ----------- Traseira ------------------------------------ Dianteira


Podes encargar a túa camiseta en:
  • Golosinas Dor (Praza do Concello) so Venres pola tarde e Sabados pola mañán preguntar por Carlos.
  • noticias_dorneiras@hotmail.com indicando nombre e talla si queres recollela en Dor ou tamén o enderezo se qués que cha enviemos.
As camisetas custan 5€ (+ gastos se qués q cha enviemos aprox 2€).