martes, 22 de septiembre de 2009

Primeiras Fotos Dorneiras da LXI Singladura

Xa temos as primeiras fotos da galería de esta dorna 2009. Estas fotos como as de todolos anos foron cedidas por distintos dorneiros comprometidos con esta iniciativa.



Nesta galería podense ver desde o mítico coche dorneiro, os voos sen motor triunfadores, a noite dorneira, o desfile das embarcacions e a rejata das embarcacións,o Top Secret de este ano,


hasta a elegancia dos dorneiros no Baile de Gala, capaces de pasar de festa todo o día da Dorna e poñerse as suas mellores galas para asistir ao baile o día seguinte, que este ano tivo como novidade a exitosa corbata dorneira.

Como é habitual foron entregados os premios a colaboradores historicos da festa. Forom entregadas duas poutadas de Ouro, máximo distintivo que entrega a R.e I. Cofradía da Dorna, sendo os galordanodos Manolo Ruiz, histórico dorneiro que axudou evitar que desaparecese a festa a mediados dos anos 80, e Luis Teira, membro de varias directivas da Cofradía, co cargo de secretario, e que continua apoiando aos integrantes da nova xeración. Tamén forom premiados con dorna e mariñeiro Moncho Pazó, Juana e Borja. Grandes colaboradores da festa que siguen dando o callo ano tras ano.


Gracias a todolos dorneiros colaboradores e seguimos animando a colaborar, envia as tuas fotos ,ou quiexate, a: noticias_dorneiras@hotmail.com, para que todos podamos disfrutar rememorando os mellores momentos da LXI Sigladura da Festa da Dorna.

jueves, 10 de septiembre de 2009

Recta final para apoiar a Festa da Dorna nas sete mellores

O concurso que esta a correr por internet na procura das sete mellores festas de España está chegando o seu fin, a Festa da Dorna sigue con opcións de figurar entre as sete mellores. Nesta segunda fase, iniciada o 1 de Maio, permítese voltar a votar a todos os emails que xa votaran na primeira fase. O concurso remata o 26 de Septembro do 2009 as 00:00.
7 Mejores Fiestas

Non gastes cartos sen sentido vota por email!!!!

domingo, 2 de agosto de 2009

Merecidos agradecimentos

Dende a R. e I. Cofradía da Dorna e a asamblea de peñas dorneiras, queremos expresar o noso agradecemento a todo-los establecimentos, fanequeiras e entidades públicas que colaboran con nós para levar adiante a LXI Singladura da Festa da Dorna e esperamos seguir contando con todos vós para vindeiras singladuras.

Así que moitas gracias:

A todas as entidades públicas:

Concello de Riveira

Cruz Vermella do Mar

Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira

Policía Local de Riveira

Cáritas Parroquial

A todos os establecimentos comerciais:

Doces A Maricola, Kiosco A Ruliña, Golosinas Karamelo, Dor Golosinas, Carnicería Manolo, U.P.I. Informática, Arró Barbanza, Electrodomésticos Jesus Santiago, Rosman Riveira, E.S. Shell Riveira, Chic Latino, Pillados, Almacenes Silva, Makao, Espacio SC decoración, Bazar de Oujo, Cosmos, Hosteel, Hostal Colón, Hostal Ancora, Javi Millán Pérez electricidad, , Isema electricidad, Administración de loterias Nº1, Estanco Nº5, Digar de Artes S.L., Suministros Santa Uxía, Hijos de Adelino Paz, Ferreteria Portoferr, Ferretería Mariano, Joypa, Podología Sta Uxía, Centro Médico Ribeira, Clínica Dental Dr. Iván Vázquez,Farmacia Rodriguez Alvarez, Farmacia Sanmamed, Farmacia Ruiz, Farmacia Villamil-Reinosa.

A tódalas fanequeiras (ordenadas por zonas para que sepades atopalas):

Palmeira: Bar Miramar.

Praia Coroso: O Paseo, Club Las Suecas.

Xarás: Mesón Albariño.

Zona Praza da Concordia (Parque García Bayón): Restaurante Airoa , Bombón Cafe, Bar O Carballoso, Bodegon Castelao , Rompeolas, Galeguiña, Doble S , Hamburguesería O Cubano.

Avenida do Malecón: A Fiestra, Restaurante Dorna, Bar O Pedrouso, Bar Bahía , O Franco, Bulebar, Galeón , Vifer, Albatros , Manhatan, Tasca do Peirao, A Cuba.

Zona das Abesadas: Samba , Os Xugos, Kukúa.

Zona centro: Golfox, Rincón de Basela, Pub Cúpula, Burguer Flip, Restaurante Jenaro, Pepe's Pub.

Zona da Igrexa: O Tear, Aturuxo, Na'skina.

Zona Praza de Vigo: Ventos Vellos, Esmorga, O Balado, Penín, Faro de Alejandría, Morrison, Blue Shell, O Malecón, A Caverna.

Zona Praza de Pontevedra: O Atallo, O Forno das Meigas, Triskel, Capitán Morgan, Bar Plaza, Ateneo Valle-Inclan, Pleamar, Bar Mercante.

Zona Bandourío: Obradoiro, Tasca do Barbanza, Kebab Carballeira, Cervecería de Malta, A Caseira, Aloha, O Cruceiro, Cocoluche, Maruxía, Destrangis, As Fillas de Bande, Bar Travesía, Brétema, Idolos, Dominium.

Castiñeiras: Bar da Praia.

Aguiño: Bar Tallante.

E como non moitas gracias a todalas peñas dorneiras dispostas a organizar e colaborar nas distintas actividades, e a tódolos peñeiros que sempre están dispostos a botar unha man.

martes, 14 de julio de 2009

Caderno de Bitácora da LXI Sinjladura


O esperado Caderno de Bitácora, xa está en imprenta... e mañá a ver si está na calle. Pero dende agora xa o podedes ler dende aquí.

Que o disfrutedes!!!!

martes, 7 de julio de 2009

RockandDorna 2009

Na 4ª Asamblea de peñas dorneiras anunciaronse os grupos que van a participar na LXI Singladura da Festa da Dorna. Aquí tedes o cartel de concertos:

Esta singladura conta coa participación de 15 formacións de moi diversos estilos musicais, desde a R. e I. Cofradía da Dorna querese agradecer a todolos grupos a súa colaboración e espérase que entre tanta variedade tódolos dorneiros queden satisfeitos. Os grupos que poderemos disfrutar este ano son:

Mércores 22, día dos grupos locais, no parque García Bayón estarán Los Krasta, La Mugre, Pirifláuticos, Areavasta, Os Tutos, Politoxicómanos, Tombstone Band, Oito Ferrados e Ribeira Enferma;

Xoves 23, día do exame de patróns, teremos no Malecón a Chotokoeu e a Recambios Tucho;

Venres 24, gran día da Dorna, tamén no Malecón tocarán La Vaga Banda, Konsumo Respeto, Eskakeo, Familia Iskariote.


A Dorna xá está aquí, a ver si hai peito!!!!

miércoles, 1 de julio de 2009

4ª Asamblea de Peñas Dorneiras

Este sabado 4 de Xullo de 2009 terá lugar a derradeira asamblea de peñas dorneiras de cara a organización da LXI Singladura da Festa da Dorna, todas as peñas que queiran colaborar, organizar algún xogo ou algún grupo local interesado en participar no concerto do dia 22 teñen que asistir a esta asamblea para poñelo en coñecimento da R. e I. Cofradia da Dorna.

Non faltedes!!!!!!!!!!!!

Na 3ª Asamblea de peñas dorneiras quedaron repartidos os turnos de colaboración na organización mais asignados os xogos a cada peña.

domingo, 28 de junio de 2009

Sudadeiras Dorneiras á venda o 1 de Xullo

Antención dorneiros, o 1 de Xullo poñense á venda as sudadeiras dorneiras 2009, só é posible mercalas en Podium Sport, rúa 9 de agosto, Ribeira.

Aquí tedes un mapa de como chegar dende o concello, xá vedes que non ten perda.
Non quedes sen a tua sudadeira!!!!!!!!!!!

jueves, 25 de junio de 2009

3ª Asamblea de peñas dorneiras

O Sabado 27 de Xuño de 2009 terá lugar a 3ª Asamblea de peñas dorneiras de cara a organización da LXI Singladura da Festa da Dorna. Os principais temas a tratar nesta asamblea son:
  • Data de posta en venta das sudadeiras dorneiras
  • Reparto da organización dos distintos xogos dorneiros
  • Reparto dos turnos do Juateke Dorneiro
Dende a R. e I. Cofradia da Dorna ínstase a toda-las peñas a asistir a esta asamblea dada a gran importancia dos temas a tratar, para entre todos facer mellor e máis organizada a nosa festa.

jueves, 11 de junio de 2009

2ª Asamblea de peñas dorneiras LXI Singladura da Festa da Dorna

O pasado Sabado 6 de Xuño do 2009 tivo lugar a 2ª asamblea de peñas dorneiras, o principal punto do dia foi a presentación e escolla, por votacion democratica a man alzada, dos diseños tanto para o cartel como para as sudadeiras.


Este ano presentaronse gran cantidade de bocetos, o escolhido para o cartel foi creado por Jesus Parada Miniño da peña Carallos de Rei, que gañou unha igualada votación tras unha segunda ronda. O diseño da sudadeira foi creado por Andres Perez Regueira da peña Parrochas Papudas. Os dous son novatos neste concurso. Dende a R. e I. Cofradia da Dorna querese agradecer a todolos os creadores a súa participación.



Outro punto tratado na reunión foi unha chamada de atención ás peñas que se comprometen a colaborar na organización dos diversos eventos que compoñen a Festa da Dorna. Xa que esperase un compromiso real, sendo asi, quen se comprometa debe cumplir co que di nas asambleas si non estará en condicións de ser expulsado da festa, tendo que voltar a realizar o examen de patrons. Esperase non ter que chegar a esta situación e para eso pidese unha maior e máis responsable colaboración das peñas.
A festa e de todos e facémola entre todos. Viva a festa da dorna!!!!

miércoles, 3 de junio de 2009

Convocados para o sábado

Xa o sabedes o sábado esperámosvos a todos no Conservatorio á hora de sempre (mais ou menos).

Non faltedes!!!!