sábado, 21 de enero de 2012

Ponte a Andar 2012: FERVENZA DA MADALENA

Xa están aquí as andainas do programa PONTE A ANDAR que a Cofradía da Dorna organiza conxuntamente co Concello de Ribeira.


Para este domingo 29 (ás 10.00 h.) temos programada unha visita á espectacular FERVENZA DA MADALENA en San Pedro de Ribasieira (Porto do Son). O percorrido é -coma sempre- espectacular e o destino ten unha maxia que só a terra galega pode ofrecer ós sendeiristas: carballos, castaños, prados, montes, e a caida en vertical dunha fervenza das máis bonitas e descoñecidas de Galicia (a foto do cartel está tomada alí).


O percorrido catalogámolo de dificultade media para que un par de rampas non pillen de sorpresa a ninguén.


Tedes toda a información sobre o percorrido, horarios, e mapas ca saida na web da dorna: www.cofradiadadorna.com



miércoles, 4 de enero de 2012

Asamblea Xeral Extraordinaria de Socios da Cofradía da Dorna

Este Sábado 7 de Xaneiro de 2012 no local da asociación (Baixos do Palco de Pedra) sito no Malecón de Ribeira ás 20.30 horas terá lugar unha Asamblea Xeral Extraordinaria de Socios da Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Alí trataranse os seguintes puntos da orde do día:
  1. Lectura das Candidaturas presentadas.
  2. Votación a man alzada das candidaturas validadas
  3. Nomeamento dos cargos da nova directiva.
  4. Inicio da lexislatura 2012 e 2013.

Todos os dorneiros e dorneiras acreditados estades todos convidados á exercer o voso dereito ao voto e coñecer de primeira man á nova directiva da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.
 
 
Ainda estas a tempo de presentar a túa candidatura ata o Venres 6 de Xaneiro ás 23:59. Verifica que se cumplen os requisitos en data e forma de presentación das citadas candidaturas: deben presentarse vía email ao correo oficial da cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e deben estar compostas no mínimo por Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e 5 Vocais todos eles socios da R. e I. Cofradía da Dorna coas contas ao día. Só se admitiran candidaturas dentro do prazo anteriormente sinalado.

martes, 27 de diciembre de 2011

La Vos de Jalisia 2011

Puntual coma calquer publicasión que se presie, xa a temos aquí, xa chejou e está na rúa: La Vos de Jalisia.

Un "repaso" a actualidade ribeirense dende o punto de vista dorneiro: cheo de ironía e de toneladas de humor.

Coma sempre, esperamos que ninguén se sinta víctima, senon partícipe dunha actividade máis da Real e Ilustre Cofradía da Dorna.


E si che sabe a pouco e queres consultar as edisións publicadas en anos anteriores, tes todas en www.cofradiadadorna.com

lunes, 19 de diciembre de 2011

La Vos de Jalisia está en marcha

Este ano como non podía ser menos tamén teremos invadida Ribeira o día dos inocentes do subrealismo e bo humor que sempre leva La Vos de Jalisia. Si tes alma de escritor, de xornalista ou tes a cabesa chea de historias, sexan creibles ou non este é tou sitio, animate a escribir un artigo de La Vos de Jalisia. Envía o teu, ao coreo: "real-e-ilustre@cofradiadadorna", os mellores serán públicados neste 2011.

Recordamos que os artigos publicanse anonimamente e que isto é unha públicación de humor que non trata de ofender si non de divertir á xente celebrando o día dos inocentes.
Inspirate leendo os dos anos anteriores na web oficial, apartado La Vos de Jalisia.

Esperamos os téus artigos só ata o venres 23 de decembro.

domingo, 4 de diciembre de 2011

Asamblea Xeral Ordinaria 2011

Onte Sabado 3 de Decembro de 2011 ás 20:30 inciouse a Asamblea Xeral Ordinaria de Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna, alí reunidos 15 socios activos da Cofradía levaron a cabo todos os puntos da orde do día.

Aprobouse a última acta, fixose un balance positivo da Festa da Dorna 2011 e das demáis actividades da Cofradía, donde se comentaron diversas curiosidades sobre a festa e as actividades. Por outro lado explicaronse as contas da Cofradía as cales foron aprobadas por unanimidade por todos os asistentes.

Como punto final puxose fin á presente lexislatura quedando a actual directiva en funcións e convocandose como prazo para a presentación de candidaturas dende o día seguinte á presenta asamblea, 4 de Decembro de 2011, ata as 23:59 do 6 de Xaneiro de 2012 e convocouse unha Asamblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro 7 de Xaneiro ás 20:30 no local social, que terá como único punto da orde do día a elección dunha nova directiva de entre as presentadas dentro do prazo.

En canto a forma de presentación das citadas candidaturas, deben presentarse vía email ao correo oficial da cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e deben estar compostas no mínimo por Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e 5 Vocais todos eles socios da R. e I. Cofradía da Dorna coas contas ao día. Só se admitiran candidaturas dentro do prazo anteriormente sinalado.

Ás 21:30 horas deuse por finalizada a asamblea emprazando a todos os socios a asistir á asamblea extraordinaria para exercer o seu dereito ao voto, e informado que teñen dereito a ser representados por outro socio presentando unha autorización formal asinada indicando quen os representa.

Tras o fin oficial da asamblea informouse das próximas actividades da Cofradía: Andaina o 18 de Decembro e La Vos de Jalisia animando a todos os presentes a enviar os seus artigos ao email da cofradía, escritos sempre no tono humorístico e subrealista habituais na revista.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Lotería Dorneira de Nadal

Deden fai unha temporada está á venta a Lotería Dorneira de Nadal, xogase ao número 27130 por medio de participacións de 5€ dos cales xoganse 4€ e 1€ donase á R. e I. Cofradía da Dorna para axudar a financiar as múltiples actividades que organiza, entre as que sobre sae a Festa da Dorna.

Podedes atopar lotería dorneira na Taberna do Riaso ou solicitala aos dorneiros implicados que decidiron colaborar na súa distribución.

O ano pasado tocou o reintegro, é si cae o gordo?

jueves, 24 de noviembre de 2011

Asamblea Xeral Ordinaria da R. e I. Cofradía da Dorna


Dorneiros e dorneiras acreditados estades todos convidados á Asamblea Xeral Ordinaria de Socios da Real e Ilustre Cofradía da Dorna que terá lugar o vindeiro Sábado 3 de Decembro de 2011 no local da asociación (Baixos do Palco de Pedra) sito no Malecón de Ribeira ás 20.30 horas.

Alí trataranse os seguintes puntos da orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior.
  2. Balance da Festa da Dorna 2011, LXIII Singladura.
  3. Presentación e aprobación de contas.
  4. Declaración do fin da presente lexislatura, anos 2010 e 2011.
  5. Apertura de un prazo para a presentación de candidaturas e normativa das mesmas.

Socios e socias esperamos a vosa presencia!!!

viernes, 11 de noviembre de 2011

Ponte a Andar 2011 - 2º Ciclo de Andainas


Xa está aquí o segundo ciclo de andainas do programa PONTE A ANDAR 2011 (o primeiro ciclo cun amplo éxito de participación foi no primeiro trimestre deste ano).

Para este vindeiro domingo 13 de novembro temos programada unha andaina catalogada coma de dificultade baixa, apta para disfrutar incluso aquel@s non iniciad@s no mundo do sendeirismo e que desexan achegarse a él dun xeito doado e cómodo para a primeira toma de contacto. E para aquel@s xa máis experimentad@s poderán disfrutar dun entorno costeiro por descubrir, que vai dende a parroquia sonense de Xuño ata a de Camaaño. (Hai máis información na web da Cofradía da Dorna).

Para o domingo 18 de decembro xa se cataloga a segunda saida coma de dificultade media para aquel@s que buscan máis intensidade no percorrido, ou para @s que degustaron a ruta anterior podan poñerse a proba nesta outra. O Monte Tahume e o seu entorno serán os elexidos para esta nova xeira.

Coma en ocasións anteriores os monitores da Cofradía da Dorna acomparán @s participantes durante toda a ruta.

Se o desexas podes ampliar máis información consultando na web da Cofradía da Dorna.

jueves, 28 de julio de 2011

BAILE DA DORNA

O vindeiro Sabado 30 de Xullo terá lugar o Baile de Gala da Festa da Dorna no Circulo Mercantil de Ribeira dende as 23:00, alí nos reuniremos coas nosas mellores galas todos os dorneiros e dorneiras para rendir homenaxe á tradición máis arraigada da Festa da Dorna, a cal se conserva dende a I Singladura alá polo 1948 cando coñecido como Baile da Dorna, foi o nacemento desta festa que hoxe en dia se volveu un referente no panorama galego e do resto do estado.

Alí entregaranse a Poutada de Ouro, máximo distintivo da R. e I. Cofradía da Dorna, a algunha dorneira ou dorneiro ilustre co fin de premiar os seus esforzos pola Festa da Dorna. Ademáis teremos algún recoñecimento máis e todo isto amenizado polo dúo Yesterdey. Como hé tadrición realizarase a entrega da Flor Natural a todos os asistentes, feitas este ano pola peña As LLapras do Stop.

Dorneiros e Dorneiras collede as vosas mellores galas, e vinde bailar o Mercantil!!!


Por todo esto ven debes vir o Baile, e vir de gala pois esto vai totalmente en serio e si non ves de gala xa non veñas, cumplide cos requisitos do baile e evitade discusións sen sentido.

VIVA A FESTA DA DORNA!!!!

Rifa Dorneira 2011

O pasado Sábado 23 de Xullo rematou a rifa dorneira saindo premiado o boleto correspondente ao 085 así que si es portador deste boleto ponte en contacto coa Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna, email: real-e-ilustre@cofradíadadorna.com ou no telefono 617535761, para que podamos entregarche o vale por unha cea para dúas persoas no Restaurante Aljan, situado na Rúa Miguel Rodriguez Bautista frente ao colexio O Grupo, nunha das Casas Baratas. Non deixes pasar esta oportunidade.

A todos os participantes moitisimas gracias por colaborar, coa vosa aportación faise o camiño para seguir sendo a mellor festa de Galicia, FESTA DA DORNA. Ademáis a R. e I. Cofradía da Dorna seguirá todo o ano con múltiples actividades para que todos disfrutemos mentres non chega a LXIV Singladura.