jueves, 18 de abril de 2013

Conclusións Primeira Asamblea de Peñas

O pasado Sábado 6 de Abril de 2013, ás 20:03, tivo lugar a primeira asamblea de peñas cunha participación dunha treintena de peñeiros. Como tema principal anunciaronse os días dos que constará a LXV Singladura da Festa da Dorna: iniciarase o Venres 19 de Xullo e trancurrirá de corrido ata o Mércores 24 de Xullo Día da Dorna. O Baile de Gala será o Sábado 27 de Xullo.

Por outro lado realizouse a votación a man alzada da cor da Sudadeira Dorneira para este ano, sendo os resultados: 10 votos para o Azul, 8 para o Marrón chocolate e outros 8 para o fluor. Así que este ano levarase a cor AZUL formula un (a que levaba Alonso, a da bandeira de Asturias), máis en Ribeira coñecese máis como azul Sálvora xa que é similar o das sudadeiras de este clube tan dorneiro.
Unha vez decidida a cor abrese o prazo para presentarse ao concurso dorneiro de deseño para as sudadeiras A Jata Ruin de la Praia, só se admiten un máximo de 5 cores (tintas) o debuxo debe presentarse en papel de cara á votación pero ten que entregarse en formato dixital co fin de favorecer a impresión. Tamén ábrese o concurso dorneiro de deseño de carteis Salvador Daquí, tamen se require presentalo en papel de cara as votacións.
Ambos concursos rematan na seguinte asamblea de peñas que terá lugar a primeira semana de Xuño, estade atentos á data exacta que se publicará en breve. Sabede que estos concursos dorneiros son para peñeiros e os debuxos gañadores coma cada ano serán cedidos á R. e I. Cofradía da Dorna. Se tedes algunha idea para algunaha chapa podes enviarnola e de entre as recibidas sairán as chapas de este ano.

A parte da propia Festa da Dorna falouse dunha actividade que está preparando a R. e I. Cofradía da Dorna para o mes de Xuño, tratase dunha liguilla de futbol entre peñas benéfica, esta celebrarase un fin de semana ou dous en función das peñas anotadas. Xogarase as primeiras fases a futbol Sete para facer dous partidos ao mesmo tempo, e a gran final será a futbol once, o formato de competición será tipo playoff. Podedes pedir información no correo da dorna: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e tamén podedesvos apuntar dende xa por email ou na próxima asamblea de peñas. Cabe destacar que como esta actividade ten un caracter benéfico, debarase aboar á entrada tanto polos xogadores como polo público asistente. Daremos máis información o antes posible.

Volvendo ao tema da festa, houbo que aclarar un tema pendente da Dorna pasada, xa que representantes da ex-peña Calamar do Miramar asistiron á asamblea para  informarse dos motivos que levaron á súa exclusión da asamblea de peñas e polo tanto da Festa da Dorna. Alí explicouse que a auga no top secret foi erradicada da Festa da Dorna dende fai moitos anos e como todo peñeiro sabe, botar auga no Top Secret ten esta consecuencia, polo cal esta peña como tal non poderá participar en ningún dos xogos dorneiros nin como organizadora, nin como participante.

Por último tratouse un tema controvertido que esta crecendo e que preocupa moito á Cofradía da Dorna polo perxuizo que causa a asociación e á propia Festa da Dorna. Nos últimos anos esta crecendo un comercio basado no mal uso dos simbolos dorneiros. A Flor da Dorna e o logo da R. e Cofradía da Dorna pertencen a esta asociación, a cal é unha asociación sen ánimo de lucro que só utiliza as chapas e sudadeiras como autofinanciación da Festa da Dorna. Esta asociación nunca autorizou o uso de estes simbolos a ningún particular, nin establecimento comercial como poden ser tendas, estancos, bares,.. Con esto queremos animar a toda a xente que disfruta desta festa a non perxudicala mercando estes productos e a todos os que vos estades lucrando a deixar de facelo xa que a asociación loitará contra esto tomando todas as medidas oportunas.


Peñas presentes na asamblea:
Tabeiróns Caralludos
Os Pintos Joden quintos
Arría o Jallo
Muxo Beti
Cajaboi Island
Caracolas en Xirolas
Carallos de Rei
Me aplaude la almejita
Vikinjos da Tomasa
A Nasa
Comando Dorneiro
Non quero ir ao mar
As ameixas dan gloria

Atentos ás mareas que xa chega a Festa da Dorna!!!!

martes, 2 de abril de 2013

Primeira Asamblea de Peñas

Este Sábado, 6 de ABRIL de 2013 ás 20:03 na Casa do Mar de Ribeira (baixo o clube de xubilados) terá lugar a Primeira Asamblea de Peñas de cara á celebración da LXV Singladura da Festa da Dorna.

Non faltes ven representar á túa peña e estate ao día de todo o que se vai facer nesta Singladura. Entre outros temas votarase a cor das sudadeiras e presentaranse os días dos que constará este ano a nosa Festa.

Avante Sardiñeiro!!!! 
A 111 días do Día da Dorna!!!!

martes, 5 de marzo de 2013

O Salvora CF coa Festa da Dorna


Este Domingo, 10 de Marzo de 2013, celebrase no Campo Municipal Sintético de A Fieiteira o partido do Grupo 5 de Segunda Autonómica entre o Salvora CF e o CD Sar as a partir das 17:00 horas. O Salvora CF vai adicar este encontro á Real e Ilustre Cofradía da Dorna, doando todos os beneficios recaudados, tanto das rifas como das entradas á Cofradía. 
Dende a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna sentimonos profundamente agradecidos por este xesto, é admirable que un clube como o Salvora CF cunha das mais grandes canteiras da zona se implique coa Festa da Dorna mostrando o grande cariño que se lle ten á festa, que chega a súa LXV Singladura chea de vida e co recoñecimento e apoio de todo o municipio.
 Dende a Cofradía esperamos unha resposta masiva de todos os dorneiros e dorneiras, así que acudide a apoiar ao Salvora CF, un clube que se implica como xa fixo en actos similares para Cáritas e contra a rebaixa da cuota do lirio, e por riba apoiades á Festa da Dorna.

Todos e todas co Salvora CF e coa Festa da Dorna.   Avante Sardiñeiro!!!!

No o esquezades este Domingo ás 17:00 na Fieiteira (campo sintético).

domingo, 3 de marzo de 2013

Acto en favor da Festa da Dorna

Atención Dorneir@s estase cocendo una acto en favor da Festa da Dorna para o vindeiro fin de semana, estade atentos por si queredes participar, agora mesmo non temos máis información pero ao longo da semana iremosvos contando en que consiste.

Este acto non o organiza a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna o cal ten máis merito aínda e demostra o interese e o cariño que se lle ten á Festa da Dorna en Ribeira convertida dende sempre e por dereito propio nun simbolo da cidade.

Xa se sinte a chegada da LXVSingladura!!!!

jueves, 10 de enero de 2013

Cuotas Socios 2012

A finales do més de Decembro de 2012 pasaronse as cuotas de socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna. Este ano debido a reestructuración e actualización completa do arquivo de socios tiveronse que atrasar as cuotas do mes de Xuño ao mes de Decembro,  ademáis así toda persoa que quixera facerse socia tivo tempo de abondo e todos aqueles socios históricos que na actualidade non recibían as cuotas poideron actulizar os seus datos e reenganchar coa cofradía. A día de hoxe constanos que están pasadas todas as cuotas, polo cal dende aquí queremos facer un chamamento a aqueles que se sinten socios e non recibiron a cuota, actualizade os vosos datos!!!!

Toda persoa que non recibise a cuota 2012 e non actualice os seus datos de cara as cuotas 2013 deixará de ser considerado socio da R. e I. Cofradía da Dorna. Para calquera consulta, dúbida ou para solicitar a información necesaria por favor ponte en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com ou sociosdorna@hotmail.com. Esta medida é necesaria para poder facer unha renumeración tendo en conta os socios reáis da Cofradía da Dorna e por suposto respetando a orde histórica, tede en conta con son 10€ ao ano e que estades a colaborar coa entidade organizadora da Festa da Dorna entre outras moitas actividades tales como a Escola de Vela.

Si todavía non eres socio/a da Cofradía da Dorna esto tamén é para ti, non o deixes máis ENROLATE!!!!

domingo, 2 de diciembre de 2012

Lotería Dorneira de Nadal

Xa está á venda a lotería dorneira de Nadal, non quedes sen a túa participación. Son participacións de 5€ dos cales xogas 4 e 1 donalo á Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna, o nº que xogamos é o 27130 e vendenas diversos colaboradores da Cofradía, pregunta que seguro que as atopas e si queres ir a tiro fijo tamén as podes conseguir na Taberna do Riaso.
Anda que si toca!!!

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Fotos Cea-Baile 25 anos de Peñas Dorneiras

O pasado Venres 2 de Novembro tivo lugar no Restaurante Baiuca a Cea-Baile da R. e I. Cofradía da Dorna conmemorando os primeiros 25 anos das Peñas Dorneiras, alí xuntaronse 195 invitados. Nada máis chegar todos os asistentes pasaron polo photocall (deseñado por Jesus Parada Miniño para o evento), donde houbo un fotografo para inmortalizar a ocasión (fotos que están dende hoxe na galería de fotos dorneiras). Nada máis sentarse cada un atopose no plato unha galleta coa forma da flor da dorna como era nos inicios cor bermello por fora e verde por dentro (galletas realizadas por Doces A Maricola e con moldes feitos por Digar). Durante a cea houbo unha proxección de fotos da Festa da Dorna dende 1948 ata o 2012, para que cada quen puidera verse como era entonces ou buscar coñecidos, ademáis repartiuse unha chapa conmemorativa do evento a cada un dos asistentes (deseño tamén realizado por Jesús Parada Miniño).

Xa nos postres chegu o momento de falar e como este acto pretendía recordar un pouco todas as épocas da Festa da Dorna, voltamos á época na que o baile da Dorna era benéfico e co recaudado compraselle unha Dorna á alguén necesitado para que puidera traballar. Hoxe en día a R. e I. Cofradía da Dorna decidíu doar unha parte do recaudado na cea para unha asociación con labor social, así entreguselle a Cáritas un cheque por valor de 400€ xa que ademáis da súa labor social co banco de alimentos, de roupa e o comedor social tamén é unha asociación afín á R. e I. Cofradía da Dorna, o cheque recolleuno un delegado de cáritas e tamén dorneiro que asistíu á cea coa súa peña.
Tras esto sortearonse catro lotes de productos e 3 viaxes en dorna, unha por cada unha das dornas activas da cofradía: Dorna Nai, Jalerna e Virxe do Carme. Na foto da dereita os Patróns da Dorna Virxe do Carme e da Dorna Nai respectivamente. Na foto de arriba os patróns da Jalerna que son casi todos da peña Os Rape's.
Despois houbo baile amenizado polo DJ Rits durante varias horas e co imno dorneiro incluido.

En canto á asistencia houbo representación de 32 peñas na que destacoron os Ratos da Illa ao ser a peña con máis xente e outras que acudiron practicamente ao completo como son Me aplaude la Almejita, Estrelas da Ría, Juiston de Batea, Vikinjos da Tomasa...

Xa queda menos para LXV Singladura!!!!

miércoles, 31 de octubre de 2012

Pechada a inscrioción Cea-Baile 2N

Está pechada a inscripción á Cea-Baile 25º Aniversario das Peñas Dorneiras, tendes a listaxe actulizada e definitiva na web da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna. Si alguén atopa un erro que se poña en contacto no email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com
Esperamos a todolos asistentes o Venres 2 de Novembro de 2012 ás 21:30 no restaurante Baiuca,
Non hai exisencias de vestimenta en plan Baile de Gala, pero hay que levar roupa non levemos a malos entendidos.

Vemosnos alí. Avante Sardiñeirooooooo!!!!!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

Cea-Baile 2N a fume de carozo

Xa están cubertos dous tercios do aforo da Cea-Baile 25º Aniversario das Peñas Dorneiras, e unha boa parte xa confirmados. Esta idea está tendo moi boa acollida así que si non queres perder esta celebración Apuntate XA!!! na paxina da R. e I. Cofradía da Dorna.
A Cea-Baile vai ter lugar o Venres 2 de Novembro de 2012 ás 21:30 no Restaurante Baiuca e precisamos pechar todo con tempo, así que o Venres 26 de Outubro será o derradeiro día para anotarse e realizar o pago. Toda persoa que non estea confirmada ese día non poderá asistir á Cea-Baile.

A día de hoxe foi enviada toda a información a tódalas persoas que se inscribiron no formulario, si alguen non o recibíu que se poña en contacto no email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com podes verificar si estas inscrito/a no listado da web da cofradía: www.cofradiadadorna.com, calquera dúbida ou comentario ponte en contacto no email anterior.

Non o deixes para mañán apuntate xa e ven celebrar os primeiros 25 anos das peñas dorneiras!!!!

lunes, 24 de septiembre de 2012

25º Aniversario das Peñas Dorneiras

Despois dun tempo de parón no blog voltamos con máis noticias dorneiras, pois a R. e I. Cofradía da Dorna non para.
Esta é unha novidade que está a organizar a Cofradía da Dorna xa que este ano cumplense 25 anos dende que se fundaron as peñas dorneiras e dende que a Festa da Dorna colleu o rumbo co que continúa na actualidade, algo tan significativo merece un acto e así que para recordar todo o pasado nestes primeiros 25 anos de peñas dorneiras imos celebrar unha Cea-Baile no restaurante Baiuca o Venres 2 de Novembro ás 21:30 horas. Esta cea terá un custo de 35€ e será preciso reservar plaza na web da cofradía: www.cofradiadadorna.com donde a partir do 1 de Outubro haberá un formulario para realizar a reserva e unha vez feito esto recibirase un email donde se indicará todo o necesario para formalizar o pago co cal quedará confirmará a reserva de plaza.
O motivo de utilizar este sistema e que esta cea ten o seu límite en 300 persoas, e queremos que calquer persoa interesada esté infomada antes da apertura das reservas pois seguirase un orden estricto de chegada para a reserva de plaza. Así que non o deixedes para mañan, mellor apuntarse o día 1 que o 2.