Este ano hai nova directiva da R. e I. Cofradía da Dorna. Siguen algúns dos habituais pero colleron a responsabilidade xente nova, o cambio foi en Septembro do 2007.
A Cofradia moveuse durante todo o ano para estar presente en todalas actividades festivas da nosa marabillosa cidade centenaria. Fixose o xa tradicional: La Vos de Jalisia, o xornal como é habitual saíu sin falta o 28 de Decembro con moi boa acollida por algúns, mentras outros están fastidiados por sair nel.
Durante este ano tamén houbo representación dorneira na Cabalgata de Reis coa xente ataviada có gorro dorneiro e camiseta de marinerito estilo parrochiñas.
En carnavais non iba a ser menos estivo presente a cofradía cunha murga. Incluso na festa da chuvia houbo dorneiras colaborando. A dorna non para.