domingo, 18 de enero de 2009

Primeira andaina 2009

Once humanos e un can, non lle tivemos medo as amenazas (só eran eso "amenazas") de choiva e fomos a disfrutar dunha rutiña de 10 km. o domingo pola mañá.

En primeiro lugar visitamos a congosta da Carballa, impresionante pola súa altura e boa conservación, ainda que peligra bastante pois vese que xa non é transitable en toda a súa extensión.

Logo cambiamos a tella en San Alberte, algúns con mais fortuna ca outros.

E finalmente detivémonos na pedra das cabras a disfrutar do arte rupestre da zona.



Posted by Picasa








E as fotos desta e doutras andainas en:
http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/PonteAAndar

lunes, 12 de enero de 2009

Ponte a Andar 2009


O vindeiro domingo 18 de xaneiro ás 10.00 h. partirá da explanada do Pavillón Deportivo de Coroso (Polideportivo Santa Uxía) a primeira das andainas do programa PONTE A ANDAR 2009, que organiza a Cofradía da Dorna conxuntamente co Concello de Riveira.

Nesta primeira andaina sairase de Coroso e subirase pola Carballa para chegar ó monte de San Alberte, do que voltaremos para Coroso. Evidentemente visitaremos a Pedra das Cabras e a ermita de San Alberte. A distancia non superará os 12 km. que se completarán nunhas 2 horas (aproximadamente). Os monitores acompañaran a tódolos participantes durante o percorrido.

Coma en ocasións anteriores a actividade é gratuita, e tampouco fai falla inscribirse, só hai que aparecer un pouco antes da hora no punto de partida ca roupa e calzados apropiados para a actividade.

domingo, 11 de enero de 2009

Cabalgata de reis

Os nosos nenos non quixeron perderse a súa festa, e alí estiveron na cabalgata de reis na carroza da Cofradía da Dorna.


Esgotáronsenos varias veces os caramelos, pero o que non se esgotou foi a ilusión, as risas, e -coma sempre- as ganas de pasalo ben.

Posted by Picasa