domingo, 28 de febrero de 2010

Socios Dorna

        Os seguintes dorneiros teñen os seus repectivos carnets de Socio da A.C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna na Caramelería Dor, soportais da praza do concello.
  • Pablo Rodriguez Perez
  • Andrés Perez Regueira
  • Juan Antonio García Rey
  • Angel Manuel Lampón Perez
Facerse socio da Dorna e moi fácil e ademais moi barato, só 10 euros ó ano, hai diferentes formas de facelo, ponte en contacto coa directiva real-e-ilustre@cofradiadadorna.com asunto: Facerme Socio e enviaremosche os datos que precisamos, ou colle as túas papeletas na caramelería Door. Tamen podes preguntarlle a calquera dos membros da directiva que che informaran con moito gusto.

Faino como queiras pero faite socio, a Dorna conta contigo.

martes, 16 de febrero de 2010

Canal Cofradía da Dorna

A R e I Cofradía da Dorna, na súa aposta polas tecnoloxías web, decidíu abrir unha canle na plataforma youtube onde se están a colgar videos dorneiros históricos e tamén videos da festa ou relacionados coas actividades da cofradía.
Non deixes de velos, traerante bos recordos e verás as dotes artísticas dos distintos actores doreiros que se prestan a estes cortos dende hai más de dez anos.
Se queres colaborar con esta iniciativa ponte en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com todas as ideas serán ben recibidas.

martes, 9 de febrero de 2010

Cancelada Murga Dorneira 2010

A R. e I. Cofradía da Dorna na reunión celebrada o pasado sabado 30 de Xaneiro de 2010, decidíu non participar no festival de Murgas e Comparsas do ano 2010.  Os motivos principais foron a falta de tempo e personal para organizar tanto unha murga como unha comparsa en condicións para representar a esta entidade.