miércoles, 21 de mayo de 2008

2ª ASAMBLEA de PEÑAS DORNEIRAS



O sabado 17 de Maio tivo lujar no Conservatorio Municipal (antija casa da cultura) a IIª asamblea de peñas dorneiras na que os alí presentes foron informados de todas as novidades da R. e I. Cofradía da Dorna.

Os principias e mais importantes puntos da orde do dia foron a elección dos debuxos que van servir como cartel e como deseño da sudadeira dorneira para esta LX sinjladura da Festa da Dorna. Os dous deseños escollidos son do prolífico e dorneirisimo artista local Xavi Seco que xa nos deleitou cos seus deseños nos carteis dos anos 2004, 2005 e 2006 entre outros así como tamen nas sudadeiras de outros moitos anos.

Outra das novidades da asamblea foi a presentacion do censo de peñas dorneiras que polo de pronto solo esta dispoñible en formato Pba (papel, bolijrafo e archivador) pero esperemos que antes da Festa esté dispoñible tamén no blog.

Para os sosios da Cofradia e todos aqueles que ainda están a punto de poder convertirse en colaboradores que sepades que dende a directiva e a propia asociación estamos facendo un esforzo para poder premiarvos cun agasallo especial pola vosa contribución anual a facer cada ano que esta asociación vaia a mais e tamén que a Festa da Dorna sexa unha das mellores do mundo mundial e de aljo mais alá (non confundir con alá o de mahoma o dos collóns de joma, a ver si se nos vai a inmolar aljen no blog). Este regaliño poderase recoller na entrada do Jran Juateque Dorneiro o Venres 18 de Xullo, e para todas aquelas persoas que non poidan asistir ó juateque tamén habilitaremos un anaco de Chirinjito Dorneiro durante os Xogos Populares Version Terra o sabado 18 no Coroso Arena.

Un saudo dorneiro.... que xa queda menos..... AVANTE SARDIÑEIRO!!!!!