Hoxe ás 22:00 h. debatirase no pleno municipal a conveniencia ou non de declarar o día da dorna (24 de xullo) festivo local.
Prácenos convidar a tod@s os dorneiros e cidadáns de Riveira a que acudan ó salón de actos da Casa do Concello para oi-las argumentacións dos nosos políticos a favor ou en contra desta iniciativa que dende fai décadas vimos reclamando dende a Cofradía da Dorna e á que cada vez mais súmanse outras institucións e cidadáns en particular.
Queremos citar coma exemplo de apoio (e sobre todo visión de futuro, tal vez por eso sexa a primeira empresa de Ribeira e unha das primeras de Galicia) a Frigoríficos del Noroeste, S.A. (FRINSA) que acordou cos traballadores pecha-la factoría o día da Dorna. NORABOA pola iniciativa, esperamos que sexan moitos mais os que vos sigan.