O vindeiro domingo 14 tera lugar a derradeira das andainas programas do ciclo PONTE A ANDAR 2008
organizado entre a Cofradía da Dorna e o Concello de Ribeira.
Esta vez tomaremos a saida dende o porto de Palmeira ó pé da estatua do emigrante, e logo de facer un "quecemento" polas ruas de Palmeira, enfilaremos pola Corna, rumbo a praia da Illa e logo a Cabio. Ida e
volta polo mesmo camiño. Perfectamente asumible para os novatos, cun percorrido casi todo plano.
A distancia está na liña das anteriores, uns 11 km., e calculámoslle unhas 2 horas de marcha.
Coma de costumbre prégase puntualidade na saida, e no suposto de que o día esté desapacible que saibades que alí estarán os monitores da Cofradía á hora indicada. A priori, nin se suspende, nin se aplaza.
Para que ninguén teña dúbidas de si haberá alí xente ou non para tomar a saida.
Lémbrase que non fan falla inscripcións, nin abonar cuota algunha; simplemente levar roupa cómoda (e de abrigo de se-lo caso), e calzado apropiado para este tipo de actividade. A organización disporá de auga e algunha vianda ó remate da andaina para repoñer forzas.