lunes, 12 de enero de 2009

Ponte a Andar 2009


O vindeiro domingo 18 de xaneiro ás 10.00 h. partirá da explanada do Pavillón Deportivo de Coroso (Polideportivo Santa Uxía) a primeira das andainas do programa PONTE A ANDAR 2009, que organiza a Cofradía da Dorna conxuntamente co Concello de Riveira.

Nesta primeira andaina sairase de Coroso e subirase pola Carballa para chegar ó monte de San Alberte, do que voltaremos para Coroso. Evidentemente visitaremos a Pedra das Cabras e a ermita de San Alberte. A distancia non superará os 12 km. que se completarán nunhas 2 horas (aproximadamente). Os monitores acompañaran a tódolos participantes durante o percorrido.

Coma en ocasións anteriores a actividade é gratuita, e tampouco fai falla inscribirse, só hai que aparecer un pouco antes da hora no punto de partida ca roupa e calzados apropiados para a actividade.