Con casi 160 participantes que foron quen de rematar o duro recorrido do que dan conta as imaxes que xa podedes ver na nosa galería.
Os corredores resaltaron un ano mais a beleza da paisaxe, e a dureza da carreira, acompañada do bo facer da organización a cal non sería posible sin a axuda duns comprometidos dorneiros, da xente que organiza a Carreira da Guía (ollo, que a cita é o vindeiro día 17 de maio), as xentes do C.R. de Artes, os "curmáns" de Altofalante (que non fai falla pedirlles unha mán, sempre botan as dúas), o Concello de Ribeira e ós veciños de Teira que nos acollen cada ano cos brazos abertos, e este ano agasalláronnos poñéndose toda a mañán diante dos fogóns para ter listos o churrasco, as sardiñas (obsequio de Conxelados Coyomar), e as empanadas das que demos conta ó remata-la carreira ó son da gaita e da pandereta.
Moita satisfación entre os participantes cos agasallos de roupa deportiva (cortesía de Nautica A Poutada), e a noite de aloxamento gratuito para dúas persoas (na Casa de Turismo Rural A Teixoeira), que se sortearon ó rematar de entregar os trofeos os concelleiros (Vidal Tomé, Pereira, e Gago) que xunto co alcalde (Torres Colomer) e o parlamentario (Ruiz Rivas) repartiron entre os gañadores das distintas categorías.
Para os mais curiosos e afeccioados aquí quedan os resultados e clasificacións por categorías desta exitosa edición da Carreira do Corgo.