jueves, 11 de junio de 2009

2ª Asamblea de peñas dorneiras LXI Singladura da Festa da Dorna

O pasado Sabado 6 de Xuño do 2009 tivo lugar a 2ª asamblea de peñas dorneiras, o principal punto do dia foi a presentación e escolla, por votacion democratica a man alzada, dos diseños tanto para o cartel como para as sudadeiras.


Este ano presentaronse gran cantidade de bocetos, o escolhido para o cartel foi creado por Jesus Parada Miniño da peña Carallos de Rei, que gañou unha igualada votación tras unha segunda ronda. O diseño da sudadeira foi creado por Andres Perez Regueira da peña Parrochas Papudas. Os dous son novatos neste concurso. Dende a R. e I. Cofradia da Dorna querese agradecer a todolos os creadores a súa participación.



Outro punto tratado na reunión foi unha chamada de atención ás peñas que se comprometen a colaborar na organización dos diversos eventos que compoñen a Festa da Dorna. Xa que esperase un compromiso real, sendo asi, quen se comprometa debe cumplir co que di nas asambleas si non estará en condicións de ser expulsado da festa, tendo que voltar a realizar o examen de patrons. Esperase non ter que chegar a esta situación e para eso pidese unha maior e máis responsable colaboración das peñas.
A festa e de todos e facémola entre todos. Viva a festa da dorna!!!!