martes, 7 de julio de 2009

RockandDorna 2009

Na 4ª Asamblea de peñas dorneiras anunciaronse os grupos que van a participar na LXI Singladura da Festa da Dorna. Aquí tedes o cartel de concertos:

Esta singladura conta coa participación de 15 formacións de moi diversos estilos musicais, desde a R. e I. Cofradía da Dorna querese agradecer a todolos grupos a súa colaboración e espérase que entre tanta variedade tódolos dorneiros queden satisfeitos. Os grupos que poderemos disfrutar este ano son:

Mércores 22, día dos grupos locais, no parque García Bayón estarán Los Krasta, La Mugre, Pirifláuticos, Areavasta, Os Tutos, Politoxicómanos, Tombstone Band, Oito Ferrados e Ribeira Enferma;

Xoves 23, día do exame de patróns, teremos no Malecón a Chotokoeu e a Recambios Tucho;

Venres 24, gran día da Dorna, tamén no Malecón tocarán La Vaga Banda, Konsumo Respeto, Eskakeo, Familia Iskariote.


A Dorna xá está aquí, a ver si hai peito!!!!