martes, 22 de septiembre de 2009

Primeiras Fotos Dorneiras da LXI Singladura

Xa temos as primeiras fotos da galería de esta dorna 2009. Estas fotos como as de todolos anos foron cedidas por distintos dorneiros comprometidos con esta iniciativa.



Nesta galería podense ver desde o mítico coche dorneiro, os voos sen motor triunfadores, a noite dorneira, o desfile das embarcacions e a rejata das embarcacións,o Top Secret de este ano,


hasta a elegancia dos dorneiros no Baile de Gala, capaces de pasar de festa todo o día da Dorna e poñerse as suas mellores galas para asistir ao baile o día seguinte, que este ano tivo como novidade a exitosa corbata dorneira.

Como é habitual foron entregados os premios a colaboradores historicos da festa. Forom entregadas duas poutadas de Ouro, máximo distintivo que entrega a R.e I. Cofradía da Dorna, sendo os galordanodos Manolo Ruiz, histórico dorneiro que axudou evitar que desaparecese a festa a mediados dos anos 80, e Luis Teira, membro de varias directivas da Cofradía, co cargo de secretario, e que continua apoiando aos integrantes da nova xeración. Tamén forom premiados con dorna e mariñeiro Moncho Pazó, Juana e Borja. Grandes colaboradores da festa que siguen dando o callo ano tras ano.


Gracias a todolos dorneiros colaboradores e seguimos animando a colaborar, envia as tuas fotos ,ou quiexate, a: noticias_dorneiras@hotmail.com, para que todos podamos disfrutar rememorando os mellores momentos da LXI Sigladura da Festa da Dorna.