lunes, 16 de noviembre de 2009

Altofalante do ano 2009

A nosa asociación irmán Altofalante, tivo a ben outogar á Cofradía da Dorna o premio Altofalante do Ano.

Aquí queda a acta na que se reflicte o nomeamento e que nos fixeron chegar para facernos partícipes de tan singular distinción da que dende a Cofradía da Dorna sentímonos orgullosos de recibir.

A verdade e que nos cae a baba, con tan ben que nos poñen, ata nos vamos a creer que o meresemos de verdá.


Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.                                   En Ribeira a 30 de Outubro de 2009 

A xunta directive da A.C. Altofalante, reunida en sesión ordinaria en Ribeira acorda:

Conceder o Altofalante do ano 2009 á Real e Ilustre Cofradía da Dorna polas seguintes razóns:
  • Levan dende o ano 1948 dinamizando a sociedade ribeirense cunha proposta cultural –lúdico –festiva das máis orixinais do país.
  • A actividade máis sonada, a Festa da Dorna, mobiliza todos os anos a miles de ribeirenses e ribeirensas implicándoos/as na súa organización.
  • O uso que fan da lingua, un galego con rasgos característicos do bloque occidental, área fisterrá, subárea do Tambre (con gheada e seseo) contribúe ao uso do galego polas capas máis mozas da sociedade.
  • A labor de recuperación e mantemento cultural no ámbito das embarcacións tradicionais, nomeadamente as dornas.
  • Dinamización cultural de Ribeira coa creación de escolas de música e vela.
  • Polas fazañas literarias como o  Grande e Enciclopedico Dissionario de Vocablos Perdidos así como as aportacións xornalisticas no xornal de mais tirade do pais: A Vos de Jalisia.
  • Por todo o sentimento de Ribeirismo que aporta a Cofradía da Dorna a identidade colectiva do noso concello.  
Así pois coa  ironía, a imaxinación xunguida de amizade e a camaraderia fan que os dorneiros de todo o mundo vivan e participen, para envexa dos mortais, do ceo na terra. 

O espíritu crítico, a capacidade imaxinativa e a implicación da sociedade ribeirense coa Festa da Dorna que organiza a Cofradía  fan que Altofalante conceda o premio Altofalante do ano 2009 á Real e Ilustre Cofradía da Dorna.

A entrega do premio farase efectiva no transcurso dunha cea o sábado 5 de decembro en Ribeira onde a R e I Cofradía da Dorna será nomeada “ socio de honra” da Asociacion Cultural Altofalante.

A Asociación Cultural Altofalante  fará público o fallo deste premio o dia 13 de Novembro, Dia da Dignidade de Galiza.

                                                                       Xosé Antonio Vázquez Cobas
                                                                        Presidente da A.C.Altofalante.
www.altofalante.org