ACTA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL
“R. e I. Cofradía da Dorna”
Hoxe as 21:00 horas do 19 de Decembro de 2009, reunese en segunda convocatoria, no local da cofradía, a asamblea xeral ordinaria presidida por Francisco Xabier Martínez Sanlés. A orde do día consta dos seguintes puntos:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Balance da Festa da Dorna 2009, LX Singladura.
- Presentación e aprobación de contas.
- Declaración do fin da presente lexislatura, anos 2008 e 2009.
- Apertura de un prazo para a presentación de candidaturas e normativa das mesmas.
Os puntos 1º e 3º foron aprobados por unanimidade polos 13 socios aistentes, tamén fíxose un balance positivo da festa do 2009.
Abriuse como prazo de presentación de novas candidaturas dende o día de hoxe hasta o vindeiro 8 de Xaneiro do 2010 as 23:59. Convocando a súa vez unha Asamblea Xeral Extraordinaria para o día 9 de Xaneiro do 2010 as 20:30 horas no local da cofradía, tendo como único punto da orde do día a elección da nova xunta directiva de entre as candidaturas presentadas.
Todas as candidaturas deberán estar formadas no mínimo por un Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e un mínimo de 5 vocais todos eles socios da A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna coas súas cuotas ao día. Estas candidaturas enviaranse ao email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com antes da data e hora sinalada anteriormente.
Emprazase a todos os socios a asistir á asamblea para exercer o seu dereito ao voto, mais teñen dereito a ser representados por outro socio presentando unha autorización formal asinada indicando quen os representa.
Non habendo mais asuntos que tratar levantase a sesión e extendese a presente acta as 22:00 do 19 de Decembro do 2009.