martes, 16 de febrero de 2010

Canal Cofradía da Dorna

A R e I Cofradía da Dorna, na súa aposta polas tecnoloxías web, decidíu abrir unha canle na plataforma youtube onde se están a colgar videos dorneiros históricos e tamén videos da festa ou relacionados coas actividades da cofradía.
Non deixes de velos, traerante bos recordos e verás as dotes artísticas dos distintos actores doreiros que se prestan a estes cortos dende hai más de dez anos.
Se queres colaborar con esta iniciativa ponte en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com todas as ideas serán ben recibidas.