Nesta cuarta edición da Carreira do Corgo presentámosvos un percorrido máis curto ca en ocasións anteriores (7 km.), pero sin restar un ápice de dureza e fermosura que tanto vos cautivaron ós que xa corréchedes con nós.
Queremos descubrirvos a subida e as magníficas vistas que vos ofrece o Monte Facho da punta do Corgo e da Laxe Brava, previo paso por un bosque de piñeiros que vos adiantará unha baixada de vértigo dende o alto do monte.
Paso obligado polas aldea de Espiñeirido e afundimento posterior nas areas da praia á que lle da nome. E volta a subir cara á Laxe Brava para enfilar dende alí hacia o punto de partida.
Ollo cas choivas nos días previos que vos podemos garantir que si eso acontece teremos barro nun 60% do percorrido. O que sí vos garantizamos a día de hoxe e que o asfalto non o pisamos nin tan siquera 10 metros.
Coma novidades a destacar temos o cambio de data e de hora: SÁBADO POLA TARDE, cando tradicionalmente víñamola celebrando o domingo pola mañá. Tamén eliminamos as categorías que nos enlataban a todos por idades e sexos: agora todos somos CORREDORES/AS, nembargantes habilítanse máis trofeos para que os máis rápidos teñan opcións a acadar algúns. Pero non nos desfacemos de tódalas categorías senon que creamos unha nova modalidade: PARELLAS, compostas de home-muller e que deben chegar xuntos á meta así coma nalgúns controis de paso que estarán dispostos arbitrariamente polo percorrido; o que se pretende é motivar a aquelas persoas que precisan de un compañeiro/a que tire por eles/elas e que lles axude a rematar satisfactoriamente a carreira (ollo aqueles/as interesados/as en puntuar no Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira, poden aproveitar para xogar ben as súas bazas). O por último e para finalizar cos cambios na organización da carreira, incluimos a proba de CANICROSS da Liga Galega e Canicross, para os amantes dos animais e que desexan compartir con eles un evento deportivo de campo a través (tedes máis información sobre esto no apartado do regulamento).
Si facemos estes cambios é porque consideramos que os disfrutaredes vós correndo que nós argallándoos, e si o Corgo é un lugar especial, merece de cousas que o fagan máis especial.