Como xa sabedes a Cofradía da Dorna organiza este ano a IV Edición da Carreira do Corgo, unha das mellores carreiras de campo a través do circuito de carreiras populares de Galicia, e a única do Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira - Gran Premio New Balance.
Dende o día de hoxe e ata o día 15 podedes inscribirvos accedendo á sección "Carreira do Corgo" dende a web da www.cofradiadadorna.com ou tamén dende www.festadadorna.com
Este ano temos coma novidades a posibilidade de competir na modalidade de Parellas, na que un home e unha muller deben facer todo o recorrido xuntos, participando nunha categoría distinta con trofeos aparte. E tamén media hora despois da saida da carreira popular terá lugar o Canicross, donde os participantes poderán competir correndo co seu can; esta proba pertence a Federación Galega de Canicross e será puntuable para o circuito autonómico. Tanto da modalidade individual, coma de parellas, ou do canicross tedes toda a información na web da cofradía.
Tanto si desexades participar correndo coma participar animando ós corredores seredes benvidos o vindeiro sábado 17 de abril a partir das 5 da tarde.