domingo, 21 de noviembre de 2010

Andaina Novembro: Palmeira

Nesta ocasión e debido ó mal tempo a andaina rexistrou pouco máis de 30 participantes, que non arredraron da choiva e dispuxeron a saltar pozas e enfangar os pes.

Puntualmente, tal e como estaba establecido, saimos do campo de futbol de Palmeira e xa nos adentramos en camiños de monte dende o Km. 0; e ainda que na primeira parte do percorrido ata Moldes e quizais dónde máis dura se facía a camiñata a choiva dounos unha tregua (pero amenazou todo o tempo) foi na segunda parte cando xa non nos abandonou poñéndonos coma sopas.




Nesta ocasión acompañounos un equipo da TVG, do programa "O Gran Cambio" (que se emitirá a partir de decembro, e xa trataremos de avisarvos do día de emisión) grabando gran parte do percorrido. Poñemos aquí a foto do cámara porque tivo o seu mérito por ir cargando ca cámara coma un campeón sen deixar de sorir. Vaia molladura pillou o home.



Xa sabedes que tedes máis fotos desta andaina (non moitas que chovía e se nos mollaban as cámaras) e das anteriores en: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/PonteAAndar2010

A DESTACAR: QUE COMO É DE BEN NASIDOS SER AJRADESIDOS, aquí van estas letras para Manolo do Clube de Futbol de Palmeira que nos abreu as instalacións para que gardáramos os coches, e ó rematar non só nos dou teito, senon un café quentiño que sentou no corpo mellor ca un bo lacón con jrelos.