jueves, 23 de diciembre de 2010

Partido benéfico con sabor dorneiro

Este fin da semana despois das Festas de Noiteboa e Nadal volta o futbol entre peñas dorneiras, dúas das peñas máis multitudinarias e participativas da Festa da Dorna xogan este domingo 26 de Decembro de 2010 dende as 15:46 no Campo da Tasca (Aguiño),
                       Estou que Escacho  
                                 vs
                          Arría o Jallo 
van saltar chispas tanto na versión feminina como na masculina.

Ademáis da Festa que supon de por si, este evento ten un claro caracter solidario pois todo o recaudado doarase para a Loita contra a Esclerose Múltiple. Así que non o dubides máis pasa unha tarde de domingo colaborando nunha boa causa (donativo 2€) e disfrutando dun evento de alto contido deportivo.