O sabado 14 de Xuño tivo lugar no Conservatorio municipal a 3ª asamblea de peñas dorneiras alí tratouse principalmente o tema da organización dos diversos xogos da Festa da Dorna . As peñas xa organizadoras en anos anteriores e que estaban presentes confirmaron que siguen organizando os seus xogos, as penhas non presentes teñen q vir á proxima asamblea, o sabado 28 de Xuño no mesmo sitio (Conservatorio/ ex-Casa da cultura) as 20:32 exactamente, si queren seguir colaborando si non outras peñas poderán coller eses os xogos. Si queredes propoñer novos xogos a asamblea e voso sitio, xa hai uns cuantos.
Como xogo impotante que precisa colaboración esta as Carrilanas, así que si vos interesa festa colaborade e apuntadevos como peña á organización das carrilanas que fai falta xente. En canto a este tema expuxeronse unhas medidas de control para mellorar a seguridade, tratase de puntos de control con "Walky talkis" xa entendedes, para parar a proba momentaneamente cando algún/algunha energumen@ se meta na calzada hasta que se aparte do transito tal ser. Así q colaborade coa organización e quedadevos nas aceras q para eso están!!!!
Outro tema foi a Cansión de Tasca a cal vai seguir igual, só se debateu de q facer coa final a cal parece estar perdendo adeptos, propuxeronse varias opcións pero quedou pendente da opinion da peña organizadora os xa míticos Tabeirons Carallud@s, así quedou emplazada a solución para a próxima asamblea (esta semana).
E por ultimo tratouse o controvertido tema da auga e tras un bo rato falando do tema acordouse que a auga non está permitida e que dende a Cofradía, ratificado pola Asamblea de peñas, animase a todolos peñeiros a non pedi-la e os nosos veciños que non a boten pois non está permitido polo concello e pode ser motivo de multa.
Estades avisados!!!
Tamen se falou de incidentes pasados, e como todos queremos que esta festa non sexa un fonte de conflictos as peñas que causen problemas, destrozos, peleas e demais catastrofes corren o riesgo de ser expulsadas da festa e de todolas suas actividades.
Así q portadevos ben que todos queremos disfrutar a festa!!!